Google+

BEN OU GASTO?

Sei que non debería escribir estas cousas e menos fixarme en artigos "de altura" pero os blogs son instrumentos para a liberdade de expresión e para a circulación das ideas....

Cando me ensinaron someramente os sistemas sanitarios falóuseme dos sistemas “Bismark” como os impulsados nos albores do século XX e que tiñan como principal obxecto mante-la saúde da poboación traballadora das empresas industriais de europa e norteamérica. Tivo un énfase especial na saúde pública, no saneamento e amosouse como un sistema moi efectivo cunha forte baixada da taxa de morbi-mortalidade que acabou conducindo, xunto con avances xa propios da atención sanitaria (antibióticos, diagnose por imaxe, anestesia-ciruxía, atención perinatal...) e malia as guerras, á actual situación de lonxevidade expresada no índice de “esperanza de vida”.

Mais o sistema non ten trocado coa poboación á que atende...ten trocado de obxecto?. E quero deixar claro que non estou a postular nada, só diserto sobre algo que é observable e que provoca, de feito, que alguns teñan grandes problemas á hora de aceptar o actual sistema universal.

Actualmente gran parte dos medios e unha abrumadora maioría dos recursos que teñen os sistemas de saúde se teñen que adicar a poboación que non entra no criterio de “poboación activa” e, nin o pensedes, non estou a falar de non prestar atención ás persoas maiores ou de como se lle presta esa atención ós maiores...neste senso resúltame curiosa a fixación de algúns cos inmigrantes e os seus familiares ou, aínda peor, cos emigrantes retornados.

O certo é que cada vez se fala mais do ‘gasto sanitario’ e non do incremento da saúde e isto se debe a que, cada vez mais, a sanidade emprega medios novos mais caros e difíciles de conquerir que ofrecen pouco ou ningún marxe de mellora na “esperanza de vida” e, o que é peor, escaso ou imperceptible marxe na nova pedra filosofal do sistema A CALIDADE DE VIDA.

Así a sanidade recupera o papel de ben si conquire “Anos de vida axustados por Calidade” (AVACS) pois establecese que mais vale 1 ano de vida con boa calidade -por exemplo- que 5 anos deitado nunha cama. Pero é tal a presión financeira e social que os medios e as ferramentas (aparatos e tratamentos) mais caros se están a xustificar dende o punto de vista científico en nome de ‘meses de vida de calidade’....que tampouco é o obxecto desta leria; senón falar da enorme “solidaridade interxeracional” que significa o actual sistema sanitario pois nin en termos constantes, nin en termos relativos ningunha das persoas atendidas pagou o que custa a actual sanidade e menos aínda si temos en conta que a maioría deles cotizou conxuntamente para a pensión de xubilación e o seguro de asistencia sanitaria.

Lonxe está o actual “hospital de agudos” do que había vai 25 anos porque simplemente non adaptamos o sistema á poboación e ás súas circunstancias... construímos enormes edificios administrativos, complexos hospitalarios punteiros para enchelos de doentes pluripatolóxicos que aspiran mais a poder saír a dar un paseo ós tres días que a facer unha viaxe interesante nas vacacións do vindeiro ano.
Non sei algo hai que trocar no "como" antes de falar do "que" e, dende logo, antes de tocar o "canto".

Trebello para a estimulación precoz

Cando "estivemos embarazados" eu lles puña música de Mozart colocando os cascos (modelo dos 70) no abdome da miña dona...e claro, nos derradeiros meses non daban...este trebello está ben adaptado para esa situación



E agora hai seleccions de músicas para este emprego; música relaxante pero que incrementa a actividade neuronal... traballo precoz.

A solución OBAMA



Sanidade universal + Seguridade aeroportuaria = Scaner para todos¡¡¡





Agora que no canto de controladores aereos contraten mais radiologos...

Menos mal que un mollo non fai un palleiro...

Porque con estudos como este... habería quen se botaría a fumar.


DEIXAR DE FUMAR INCREMENTA O RISCO DE DIABETES

Ou eso dí un estudo publicado en "Annals of Internal Medicine" e que xustifica este achádego pola tendencia a gañar peso das persoas que deixan de fumar...

En concreto o risco incrementase nun 70% nos primeiros 6 anos tra-lo abandono do tabaco.

Evidentemente o que verdadeiramente hai que facer é o que xa se fai: Fomenta-lo abandono do hábito tabáquico e facelo baixo a supervisión e coa axuda de persoal sanitario aplicando as técnicas de apoio que eviten o retorno e as posibles complicacions asociadas (e descritos en numerosos estudos).

O problema, como en tantas veces, non é o estudo en sí que axuda a valorar o que poderíamos chamar un "efecto colateral" do abandono do tabaquismo; mais ben o problema é como xa se comentou noutras entradas e se fala en moitos blogs sanitarios que a difusión destes estudos nos medios de difusión xeral se debe facer por xente experta que teña coñecementos de investigación sanitaria e comunicación.

O poder dunha visita...

Que a psique ten moita influencia no estado de saúde das persoas é algo ben coñecido aínda que cecais pouco estudado... malía a coñecelo non podo deixar de expresa-lo meu asombro ante a demostración práctica de como algo que pode semellar absolutamente irrelevante ou testemuñal, algo que semella ter mais que ver coa imaxe que coa  realidade fai tanto efecto nas persoas.

No día de hoxe tocoume acompañar a unha visita un tanto especial polas habitación de todo o centro e abofé que si o sei levo un rexistro ou gravación ou tomo notas 'organizadas' de como foi que cada persoa reaxiu a esta coñecida pero inesperada visita... Verdadeiramente foi unha boa experiencia comprobar como as facianas das persoas enfermas e os seus sufridos acompañantes se iluminaban ainda que fose só momentaneamante pola presencia do magos de oriente e a particular figura de Chalupa (o apalpador berciano).

Sería algo digno de estudo si soubese como enfocalo.

A min? Carbón...que son moi malo.

Los blogs como grupos focales

Leyendo el libro Numerati de Stephen Baker sobre los usos de las TIC y las montañas de datos que se generan diariamente para crear modelos matematicos veo, en el capitulo dedicado a los blogs, como la industria está sustituyendo los carísimos estudios de mercado basados en grupos focales por el seguimiento de los blogs y su utilísima herramienta de comentarios.

La verdad es que carezco de experiencia sobre el terreno y apenas tengo formación básica en la tan mencionada y discutida investigación cualitativa; una de las pocas cosas que conozco de esta complicada (supongo que por desconocimiento) metodología es que utiliza múltiples enfoques según la concepción "filosófica" con la que se quiera abordar el problema en cuestión. Cada enfoque deriva en una metodología más o menos 'ad hoc' o adaptada que DEBE ser utilizada en los estudios de investigación que se realicen de acuerdo con ese enfoque. Una de las herramientas más mencionadas en los estudios cualitativos realizados por enfermeras es el grupo focal que, por cierto, también es una herramienta muy utilizada en los estuidios cualitativos sobre calidad.

Los grupos focales constituyen a su vez una forma de trabajo y de investigación y fomentan la interacción entre el investigador y los sujetos y entre los sujetos en sí... tal y como hace un blog. Yo investigador (quen me dera¡¡¡) proporciono un tema de inicio y unas pautas sobre las que hablar y mis sujetos (pacientes, otros profesionales, etc.) interactuan conmigo mediante los comentarios y, a su vez, interactuan entre ellos pues leen sus comentarios mutuamente y se responden a ellos.

Es evidente que hay un sesgo de distancia y ese sesgo de 'falsa seguridad' que otorga la ciberidentidad, pero no me negareis que es algo interesante.

Por ejemplo; se ha publicado un estudio de fundamenta el porqué unas personas son más dadas a empatizar que otras y afirma que hasta un tercio de la población es capaz de "sentir" el dolor ajeno como propio...¿puede tener esto algo que ver con la "vocación" para el estudio de ciencias de la salud? sería un tema a estudiar...

Pero yendo más lejos; ¿podrían las asociaciones de usuarios crear blogs de intercambio de experiencias que fuesen a su vez campo de estudio para investigaciones cualitativas sobre los pacientes y sus experiencias?. Se trata de un mundo de posibilidades por explorar...