Google+

Cada pao a sua vela

En tódalas facetas da vida i en tódalas actividades humanas non cabe dúbida que sempre temos en mente un ideal que tentar conquerir, mais tampouco é de dubidar que ese ideal soe trocar segundo as circunstáncias.

Dende que escomencei a miña andaina profesional veño criticando certas 'interferencias' entre os distintos axentes que interactuan no eido sanitario. Agora ese 'Guirigai' plásmase institucionalmente no Consello Galego de Saude un órgano presentado onte pola conselleira de sanidade co galo de animar á cidadanía "a participar nas decisións en materia de sanidade". Mala participación si neste consello consultivo só 6 representantes dos seus 48 membros proveñen das asociacions de consumidores mentres que 22 son de 'designación política' (administración autonómica, FEGAMP e diputacions) co que resultará doado acala-la opinión dos usuarios.

E que se pode pedir nun eido no que os sindicatos fan mais labor de oposición política que reivindicación laboral impulsados, iso non se pode negar, polos resultados: Cada vez que unha 'nota de prensa' sindical fala de problemas na atención sanitaria a cadea acción-reacción leva a administración a sentarse nunha mesa a negociar. Mentras que si se reivindican Garderías para o persoal (maioritariamente femenino), transporte subvencionado/gratuito ó centro de traballo (maioritariamente nas aforas e con horarios pouco compatibles),Roteiros e aparcadoiros seguros para bicicletas e outros medios de transporte non contaminantes, Economatos (Coa cantidade de persoal que teñen a maioría dos centros a lóxica oferta-demanda xogaría a prol dos compradores)... si se reivindicara iso... ren.
Xa a imprescindible formación continuada estivo abandoada ó voluntarismo dentro de cada institución e logo foi entregada a unha fundación (Por certo, ¿integrarase a FEGAS no SERGAS?) que tardou ainda un pouco en ofertar uns programas descentralizados e non focalizados só na xestión (cecais lles falta agora internarse na senda do 'desenrolo modular' e os convenios coas universidades).

Que se pode pedir cando os colexios profesionais semellan sindicatos cando non empresas de "venta de puntos" ou esperpentos do século XIX organizando ceas e desfiles de moda... E digo esto tra-lo recente comunicado do Presidente do 'Consejo de Colegios (...) de Castilla y León' no que textualmente dí "Son los sindicatos los que tinen que negociar los temas laborales, cuestión que respetamos profundamente..." para a continuación detallar a posición do colexio na negociación da carreira profesional co SACYL incluindo porcentaxes, retribucions por nivel i... a esixencia de que a carreira NON sexa reversible. Eu coido que iso é entrar nunha negociación como un elefante nunha cachareria.

Logo temos ás asociacions de profesionais científicas ou administrativo-políticas (léase FADSP) que teñen o difícil papel distinguir os problemas na práctica profesional e os problemas que a organización e a limitación dos recursos pode xerar. Asociacions que, como os sindicatos, soen dicir que falan 'en nome dos usuarios'... e volto ó punto inicial.

¿Quen debe falar no nome dos usuarios? é a cuestión fundamental.
¿Qué quere conquerir a sociedade do seu sistema sanitario e canto pensa investir nel?.

Son galego, non esperariades que rematase facendo unha afirmación.

Compromiso vergoñento...

Xa fai 2 anos escribira eu sobor deste tema xusto denantes dos trenes da morte... naquela campaña electoral o tema pouco saira nos medios de in-comunicación social mais aló das nosas montañas...

Mais desta volta, nunha hábil manobra bastante ben artellada coido que dende dentro (incluso arríscome a dicir que dende o concello), a situación do Centro Socio-sanitario "valle de Laciana" foi posta en evidencia.

Como moitos outros investimentos do (ó meu entender) inxusto "plano do carbón" os cartos públicos (sen importar a súa orixe) foron empregados coa finalidade de facer propaganda política mais sen cumplir co seu verdadeiro obxectivo: Prestanen sevizos os cidadans.

Mágoa que ainda non están colgados os videos na páxina de "Proteste Ya¡" mais xa volos porei... Gonzo estivo xenial e, de paso, lle fixo publicidade a Leitariegos.

Das verbas do 'consejero' de sanidade eu deducín que se van decantar polo "modelo Alzira" de concesión administrativa (porque dixo 'licitación')... i é que non se escarmenta en cabeza allea... Falta de respeto á legalidade, Axendas de quita e pon, Maior endebedamento, Maior retraso no pago ós proveedores, maior endebedamento cos centros concertados. Mais non pensedes que só o SACyL vai tomar esta opción; xa sabiamos que as 8 "bromas de Espe" non tiñan outra via; mais alí o P$o€ recurriu... ¿farao eiquí tamén?.

Edición 9 de Marzo



CQC xa colgou a correspondente páxina co artigo e os vídeos (.WMF).

O cadro financieiro e a xestión enfermeira

Coa traida e levada reforma do estatuto de autonomía de cataluña virá, como xa se da por descontado (como na bolsa), unha nova reforma do sistema de financiamento. Os feitos son que guste ou non temos un estado federal no sanitario con un peso cada vez menor (no financieiro) do goberno central mais ainda con evidentes incoherencias... se hai 5 anos o xogo de "eu invito, paga Madrid" era a moda nas autonomías coa sanidade transferida hoxe está trocado i pode que sexa "Moncloa invita que pagan outros..." o cal é tan inmoral como o primeiro.

Sobor de todo esto veño de ler un post interesante no blog de José Repullo (Salud Pública en acción) sobor desta nova situación na que, por primeira vez, os gobernos autonómicos poden sentir o peso da responsabilidade. Certamente, como dí un dos comentários, semella unha fuxida cara adiante repartindo o "marrón" do infrafianaciamento en 17 mais pequenos; mais a esas escalas se verán mellor os resultados das medidas que se toman tanto no eido recadatorio coma no control das diversas compoñentes do gasto (sempre que se teña capacidade real sobor delo)... serán precisas outras reformas mais fondas para darlle algo de equilibrio a esto i esas reformas só poden sair EN CONXUNTO do consello interterritorial.

Na mentres cada quen se organiza como pode tanto na sanidade como na atención sociosanitaria (unha faceta do gasto ainda por ESTOURAR) e seguen a aparecer diversos modelos de xestión de centros, de implicación clínica na xestión etc. mais ¿quen avalia estas 'probas'?... os feitos: Hai experimentos que teñen data de caducidade mais ainda non se escoitou a ninguén explicar que é o que fallou.

E falando de implicación na xestión: Coido que por este eido os nosos "superiores representantes" (colexios e sindicatos profesionais) están a deixar un valeiro tremendo e están a desbotar unha oportunidade de IMPLICACIÓN REAL da enfermeiría nos resultados da atención sanitaria e sociosanitária; xa o feito de que a xestión e administración dos servizos de enfermeiría non conte cunha especialidade própia vai ser un obstáculo para a tan cacarexada 'profesionalización da xestión' (se cadra lle crean unha Área de Capacitación Específica mais ¿dentro de cal especialidade?); mais alarmante dende o meu punto de vista é que tódolos experimentos de implicación dos profesionais na xestión teñan a enfermeiría nun segundo termo ou simplemente coma un servizo auxiliar... Hai que toma-la iniciativa neste aspecto pondo en valor as capacidades de xestión da enfermeiría con respecto á loxistica dos recursos materiais, o seu axeitado manexo i emprego e ó aproveitamento de oportunidades de mellora. As capacidades de xestión no deseño e desenrolo dos circuitos que acheguen a atención sanitária a seren un feito único e non o paso por unha serie de "caixas negras" que semellan non se relacionar...

Ainda non, mais xa se achega...

Dende que se publicou o Decreto de especialidades quedou aberta a posibilidade de accederen á via escepcional que regula a disposición transitoria segunda; Eu mesmo me preparei para elo: Solicitei o certificado de servizos prestados e preparei un escrito conforme ó modelo; mais non a envei...Porque ainda está pendente a orde conxunta dos ministerios de sanidade i educación para desenrola-lo proceso escepcional e como indican na Web:"constituirá unha orientación fundamental para os interesados en solicitalos e conterá como anexo o "Modelo de solicitude"., como queira que os requisitos para obtares a unha especialidade se deberán completar con anterioridade á publicación no B.O.E. da primeira convocatoria E.I.R. desa especialidade e o prazo para dita solicitude remata ós seis meses da dita publicación, pois non semella haber prisa... A Comisión de estudio para redactares a dita orde (que porá os puntos sobor das ies) ainda se vai constiuir en Marzo.

Sería convinte que o recente buzoneo do colexio (polo menos o de Ponferrada) fose algo mais informativo e non tan "mete presas"; moit@s compañeir@s ainda non se aclaran ben co tema e moit@s ignoran que tódalas tarefas que se desenrolan en Atención Especializada (agás Pediatria, Matrona e Saude Mental claramente minoritarias) quedaron no "caixon de sastre" da Especialidade Medico-Quirúrxica, en troques, o superespecializado e complexo (técnica e tecnolóxicamente) traballo de atención primaria vai ter unha especialidade en exclusiva (i excluinte; senon, ó tempo). Mesmo a pouco promocionada web de especialidades enfermeiras non aclara moito estas cuestions.

2006 Pendentes

Facede de conta que a enfermería escribe unha "carta de reis":

Desexos para o 2006:
Que remate o vacile da santaopeextraordinaria e que se cumpla a lei de 1999 sobor de selección de persoal do SNS (traslados e OPE cada 2 anos).

Que se poñan en marcha as especialidades enfermeiras aprobadas no 2005; a súa estructura formativa (para o acceso EIR), as probas de acceso e o procedemento escepcional... e a creación de prazas para que eses especialistas exerzan no SNS sen menoscabar á enfermeiria base.

Que se remate o proceso de adaptación das titulacions (proceso Bolonia) cunha titulación digna para a enfermería sen que elo signifique vantaxes inxustas para as persoas que posuen "títulos phantasma".

Que a colexiación deixe de seren obrigatoria e os colexios se deixen de politica e "vida social" (bailes de salon, festiñas, agasallos...) e se adiquen á difusión de oportunidades (emprego, novas tecnoloxías, formación continuada...), desenrolo profesional (fomentando os traballos de investigación, I+D+i, publicacions rigorosas cientificamente, orientación respecto da actividade profesional individual ou privada)...

Que os sindicatos profesionais deixen de face-lo paripé con outras formacions e coa administración e se adiquen a traballar para a enfermería.

Que as xuntas de persoal dos hospitais públicos deixen as reivindicacions políticas e sociais en mans de quen lle corresponde (partidos, asociacions de ususarios, colectivos profesinais) i ESIXAN melloras socioeconómicas para os traballadores (transporte público GRATUITO, gardería, economato, instalacions axeitadas...).


Supoño que tratandose dunha bisbarra mineira as posibilidades de conquerir carbón son maiores que en outras zonas...