Google+

Alegre tristura...

Como Platón sempre crein que os gobernantes non son os que ostentan o poder senon os que predican co exemplo.

Naquel "goberno dos sabios" os gobernantes farian a lei e serían os primeiros en cumplila. Coa chegada do novo goberno galego chegou tamén unha normativa sobre nomeamentos de postos directivos e mandos intermedios; unha normativa que sigue contendo o famoso "marxe de manobra" (a entrevista) mais que valora ou tenta valorar certos méritos e capacidades dos aspirantes; por desgracia no caso que me ocupa un dos 'méritos' incluidos é o de ter praza en propidedade como estatutario... Sei que hai moitos "afectados" e que o PPdG chegou a levar ó parlamento unha pregunta-ameaza deixando caer que podería recurrir por fraudulentas as decisions que tomen os cargos nomeados que non cumplan tan "inprescindibel" requisito. Eu fai 7 anos que teño o nomeamento e non me vexo mais capacitado por él, é mais, teño sentido moita vergoña ó ver como xente á que considero mais válida e motivada ca min segue "mendigando" vacantes...

O asunto é que mentres alguns dos implicados tomarán posesión en próximas datas (isto podería valer de excusa) hai outros que non e... hai que dar exemplo.

Alédame que se fagan as cousas legalmente; e non me veñan con excusas de que os outros facian tal ou cal; iso ós tribunais ou á prensa. Entristéceme que unha persona con capacidades, personalidade e sintonía axeitada non poda integrarse nunha equipa que precisa de xente coma él para unha misión difícil.

San Martiño's day...

E foi o 11 de Novembro; mira ti que non hai outros 364 dias no ano coma para non escollermos data tan sinalada. O que tardaremos algun tempo en sabermos é quen é o porquiño.

É a primeira vez que temo pola saude física e mental de alguén que asume unha responsablidade (ate lle chamo responsabilidade e non 'carguiño').

Na enfermeiria hai moito CARRETE que soltar e ainda non sentou e xa ten un "barullo no área", de sorte non lle faltará quen lle axude; digo eu.

Isto vai para longo...

Ainda hai poucos días que Swatchi lle pediu o ministerio que axilizase a santaopextraordinaria porque hai 26000 profesionais pendentes dela. Moita xente pensando no caracol e a súa casiña ás costas... e ¿que fixo o ministerio? pois publicou o día 2 de Novembro unha resolución que modifica a listaxe de persoas en expectativa de destino(.PDF): Isto abre novos prazos para presentar alegacions contra estas listaxes, para presentaren documentación de cara ó nomeamento en "expectativa de destino" e para presentaren a solicitude e a documentación para a fase de provisión. Total 2 meses.

Logo toca baremar a estas persoas e publica-la listaxe completa. Ay que risa tia Felisa.

E A MAREA REVOLTA...



E mentes Elmer 'fasendo amijos' á costa dos demais... ¿Non sabiades que os pactos non escritos están para saltalos?. Dí "Xabarín" que todo o bó remata e que xa estaba ben de connivencia. O fodido é aturar o mal rollo dos afectados sobor de todo si tes algúen íntimo na cúspide do tema; caseque mellor quedar na casa até que escampe.

Si, penso demasiado e mal; ¿que lle vou facer?. Agora iso si, cada quen ten as súas armas e pode pasar 'de tó'.

Onde dixen digo



Non podo deixar este post múltiple sen dar referéncia de que "a cascada" ainda está por chegar e que hai unha seman que se volta á rondar no tema... Eu coidei que ia ser Q non mais agora: "Onde dixen digo digo xerente".

Valeiro

Segue o valeiro no Hospital C.V. e a situación é tal que ningúen sabe xa onde aparcar... Iso si, estamos de paso mais cobramos como sí fósemos facer algo. O que dí o 'león da metro': "Eles fan como que me pagan i eu fago como que traballo".

Agora en serio. Escomenza a ser preocupante o tema; ¿e si no canto da falla de un facultativo falamos dunha situación crítica? ou ainda peor... que estímulo pode atopar o persoal para mellorar cada día si as respostas ás súas inquedanzas son sempre: "Yo estoy de paso...". Por riba, a xente con algo de cordura e coherencia está a ver que tódolos esforzos son vans estragándose vontades e cualidades moi válidas para levar adiante proxectos interesantes.

POIS VAI SER Q NON

Mecachis... Como se hai que por para dicir NON a quen un non pode dicir NON... A ver agora quen é o wapo con carné (¿porqué o carné sera condición?) que colle este "barco".

Por outra banda... o fillísimo (ese que nin nos mitines fala) ten un blog... nel adícase a chamar a atención sobor do mal "ourensans" que son os deputados so PSdG e do BNG electos pola provincia por votar en contra da dotación dun laboratorio de hemodinámica para a provincia... vese que o que trocou foi a dinámica grupal e que agora hai que votar por provincias e non por grupos politicos... sería interesante sabermos cantas iniciativas a prol da provincia rexeitou este insigne e o seu partido durante os 16 anos de rodillo en Santiago ou durante os 8 anos de 'Ansarismo' na capi ou, ainda mais, cantas iniciativas a prol de Galicia e do Galego foron rexeitadas no Parlamento Europeo cos votos desta xente agora tan entregada ó terruño. Mais, os cidadans tomamos nota e COPIAMOS estas reivindicacions tan xustas; seguro que haberá ocasión de lembrárllelas.

Pimentel

O mesmo día que eu me adicaba á rumoroloxía local (¿e que será que non acaban de nomear ó noso Doutor Der.?) o señor Manuel Pimentel; persoa á que lle teño grande aprezo dende que decidiu abandoar un cargo de Ministro por non estar de acordo coas políticas que se querían levar a cabo (foi cando o PP se quitou a máscara do centrismo). Publica no seu blog un comentarío titulado: ¿Como financiar la sanidad?. No cal só fai unha nova pintura deste dificil tema; non puiden menos que escribir a miña basada e indocumentada opinión.
Soy trabajador@ de la sanidad pública desde hace 14 años y he vivido la experiencia de trabajar en una "empresa pública" (fundación) en la que se intentaba aplicar a la sanidad pública los conceptos de gestión de la empresa privada...
Comparto el concepto del señor Pimentel de que la atención sanitária será el gran caballo de batalla de las cuentas públicas en el futuro y recuerdo que el nivel de gasto sanitario general (público y privado) respecto al PIB sigue muy lejos de la media OCDE con lo cual; y dadas las espectativas de PLENA Y ETERNA VIDA que nos genera el modelo socio-publicitario, las perspectivas demográficas y la presión tecnológica y lobbistica de las empresas proveedoras (de fármacos y tecnologías sanitárias) es previsible que el diferencial entre crecimiento poblacional y crecimiento del gasto sanitario se siga incrementando
A los defensores del libre aseguramiento les recomiendo que no sean tan prepotentes, no crean que van a obtener una cobertura tan amplia en prestaciones y con una red tan extensa en todo el estado aún pagando el doble de lo que actualmente pagan en impuestos directos (los indirectos los pagarán igual); les recomiendo que miren los millones de casos que se dan en USA de personas que se quedan sin seguro médico no ya por perder su empleo sino por mala gestión o mala fé de su empresario o de la empresa aseguradora.
A los defensores de la "selección genética" (como metta o Hitler) le recomiendo no escupir para arriba que ninguno está libre de tener un hijo con trisomía 21 (S. Dwon) o de portar en sus genes un marcador tumoral...
Considero que la gestión descentralizada del aseguramiento público es un acierto a la hora de adaptar la atención sanitaria a las caracteristicas de cada territorio y población, pero quedan por pulir muchos aspectos: Por ejemplo; ¿porque debe la sanidad pública mantener una red de atención de emergencia para los accidentes de tráfico si esa cobertura la pagamos a las aseguradoras de vehiculos?; las aseguradoras privadas deberían pagar los servicios que la sanidad pública ofrece a sus asegurados a precio de coste real y no a un precio ridículo como hasta ahora.
La atención sanitária universal es un deber; no me veo negando la atención a nadie por muy inmigrante sin recursos que sea. Habrá que tratar no sólo de que esos inmigrantes y sus familias coticen en nuestro sistema sino tambien de cobrar (a precio de coste real insisto) las atenciones que se dispensan a los comunitarios que vienen a operarse aquí PUES ASI NO TIENEN QUE ADELANTAR ELLOS DINERO ALGUNO y, de verdad, en las zonas turísticas son muchos.
Me gusta el comentário de Legis y sí creo en la gestión de los profesionales sanitários (la enfermería tambien cuenta en la práctica clinica y GESTIONA gasto en sus procedimientos y protocolos) la pena es que en las ocasiones que se ha medio probado siempre a habido quien (como en todo "toque de poder") ha metido el 'cazo'.

Chega "a cascada"

Todo vai chegando e así como caen as follas no outono van saindo os nomeamentos dos directivos dos centros do SERGAS; nesta semán tócalle ó Hospitla Comarcal Valdeorras. Tratarase dunha persoa con carné que coñece o centro de abondo pois traballou nel e coñece a zona pois reside nela. Sorte, que tamén nesto fai falla.

Voltamos atras?.

Mentres os politicos de distinto signo se enmarañan nunha reyerta para facer un parche no sistema nacional de saude os tribunais fan da súa capa un saio e nos 'devolven' ó paraugas da jurisdicción contencioso-administrativa.

O pasado 20 de Xuño a sá especial de conflictos de competencia do tribunal supremo ditou un auto sobor de un caso concreto que podería traducirse para o resto do persoal estatutario. O fundamento do dito auto é que dende a entrada en vigor do estatuto marco a relación do persoal estatutario coa administración (ó traveso dos servicios de saude) está configurada coma unha relación funcionarial, de natureza administrativa. Todo elo porque o propio estatuto marco parte da necesidade dunha regulación especial para o persoal dos servizos sanitários.

Ó cabo ainda non estan tódalas voltas dadas mais pode que voltemos a ter que dilucidar os nosos conflictos coa administración pola lenta (eterna) via da xusrisdicción contencioso-admnistrativa.

As cousas do pazo e as prioridades...

O novo goberno galego semella non ter presa nengunha; se cadra é que a composición dos gabinetes non estaba pechada de antemán, se cadra se trata de dar tempo os novos altos cargos para que reciban a información precisa antes de toma-la responsabilidade, pode que se trate dun xeito de mostrar 'sentidiño'... O certo é que a 'catarata' de ceses e nomeamentos non vai tan a presa como desexarian os mais radicais e que as plumas 'ociosas' estan a ter tempo para trazar o que, en teoría, deberan se-las accions prioritarias das consellerías.
Sobor da conselleiría de sanidade só coñezo a información pública e non me espanto de que se trate dun cargo técnico ainda que con simpatía política cara o PSdG (fundación iniciativas 21).
Discrepo no canto de dicir que a prioridade da consellería seña a derogación da Losga... Para por orde fai falla coñece-la situación (sobre todo dos cartiños) e ver de mellorar as fontes de financiamento.
Facer nacer a confianza dos que traballan na sanidade pública e conquerir a súa motivación e colaboración si que será un reto; mais non vexo que priorizar o tema da exclusividade seña unha boa medida, haberá que denunciar e sancionar a quen abusa do sistema en beneficio própio (delicto por todos coñecido) mais non por elo se debe impedir que, quen o desexe, sega a traballar no eido privado. Penso na cantidade de compañeiros enfermeir@s que traballan en mutuas e privadas con regularidade e para os que o emprego discontinuo no SERGAS é unha fonte de ingresos necesaria pero insuficiente.
Xa fai moito que veño sostendo en moitos ambitos que certas 'armas' do sector privado e financiero poden ser empregadas dendo o eido público con grande EFICIENCIA. Tal é o caso das centrais de compras cuia principal traba ven sempre dos que dubidan da cualidade técnica dos productos (ou fármacos) elexidos por outros sen aportar mais argumentos que a falta da "presentación" dos comerciais do laboratorio en cuestión.

35 HORAS

Os diarios deportivos chamarían a esto "culebrón do verán" mais o certo é que todo se precipitou como se tal fose. Tras un longo peregrinar administrativo con 'paradiña' incluida a cargo da consejería da virxe do puño (economía) por fin o día 3 de Agosto o Bocyl publicou o Decreto 61/2005 sobre xornada laboral e horarios... (.pdf).

Vou ser acusado de perfeccionista e de velo moi doado dende fora mais non podo evitar empregar este espazo para sermos crítico.

Non vexo con bos ollos unha norma que discrimina ó persoal eventual no aspecto dos horarios e horas a traballar; coido que é un escándalo que un sindicato asine esto; está meridianamente claro que as direccions van a empregar o emprego precario i en peores condicions dos eventuais para "facer pagar" estas concesions.

Vexo con preocupación os artigos adicados á xornada complementária de OBRIGADO CUMPRIMENTO sobor de todo porque, no canto de restrinxir esta ós grupos que xa a viñan realizando, faculta ó Sacyl (a ver cando rematan a páxina própia) para ampliala caseque indiscriminadamente. Moito ollo co tema dos programas especiais ... eso no meu pobo chámanse "peonadas" e, sumando churras con merinas ven a dicir que poderíamnos pasar a ESTAR OBRIGADOS a realizalas (retribuidas iso si) tras negociación (que non acordo) na mesa sectorial (esa que cae por alá en Valladolid).

Canto me gustaría estar trabucado.

Cabronada

Pode soar un pouco forte; mais eu coido que é o que é: Unha cabronada. Xa sei que nas ocasions anteriores nas que me tocou "papelexar" (pelexar cos papeis) no mes de Santiago sempre foi para ben, mais...Ando todo a mañan colgado do teléfono, enviando fax e ainda así vou ter que ir ate Ponferrada para coller o nomeamento (espero que xa compulsado). E pregunto ¿porqué Agosto non é 'habil' e Xullo sí?; coido que a resposta está coma sempre no obxecto de traballo. Os papeis poden esperar, as saude e a vida das persoas non.

Estade atentos ó prazo porque nin eles saben ben cando remata; tende en conta que o dia da patria (25 de Santiago) é festivo en segundo que comunidades... No teléfono de información (91-3380167) dixéronme que: ¡¡¡o prazo remata o 28 ou o 29 segundo en cal comunidade entregues a documentación!!!. E tan anchos. Tamén me dixeron que NON é precisa fotocopia compulsada do DNI coa instáncia; e que vai ser o 'organo convocante' (algo xa intelectualmente intanxibel) o que determine cantas vacantes xurden 'a resultas'.

Puñalada

Ó parecer as vacacions só son en Agosto... Anúnciase a convocatoria da fase de provisión da SantaOpeExtraordinaria para o mes de Xullo. Hai que estar atentos.

O que sí semella estar parado é o decreto conxunto do MEC e MSC sobor da via transitoria das especialidades... vexo eu que, se cadrar, a proba se realizará no 2007. Pois ainda hai moita 'tela' que cortar.

Unha de cal i outra de córnea...

Xa sei, xa sei... as equipas directivas son 'cargos políticos' mais; ás veces coido que certas formas da politica podían quedar fora. Isto ven a conto de que o noso querido "Elmer" fixo o Luns 6 unha rolda de prensa presentando o balance de actividade do 2004 (supoño que se refiren á memória...) e dixo "...considera que dejan claro que se han conseguido cumplir los objetivos marcados." (el mundo-la crónica 07/05/2005). Até ahí todo normal; logo chega o martes e na xuntanza da comisión clinico-asistencial na que se aborda o tema da productividade variabel ($$$ que é polo que imos a traballar ¿non?) lles solta que os obxectivos non se cumpliron e que, polo tanto non se vai pagar o 100% do pactado.

Neste espazo debería figurar unha cara de cemento mais non teño fonte (polo de agora)

Primeiro transplante de córnea



Ainda que hai quen cree que estes avances son mérito de quen dirixe e que por eso se preocupan de publicitalos eu coido que fora do traballo burocrático estes progresos de deben ó traballo e a adicación, ás gañas de aprender e de superarse de tódolos implicados. Por iso:

.

Fai un sol de carallo...

Xa semellaba un tema esquencido; mais non sei que fixeron estes días que outra volta as lámparas quirúrxicas ameazan as nosas retinas. Enton, retomando a promesa de cando se enviou o escrito a saude laboral pedin que me puxeran as gafas de sol.



Como vedes non fun o único que se incomodou con tanta luz.



Porque si quero que me deslumbren teño ben donde vir.

¿e non será mellor agardar?

Xa teño o certificado de servizos prestados no área de interese, xa teño a fotocopia compulsada do título. O modelo de escrito hai que dirixilo á Secretaría de estado de universidades e investigación na rúa Serrano nº 150 de Madrid; nel farase constar que:
Don/Dona Nome, apelidos, DNI, Domicilio e teléfono-mail de contacto. Estando en posesión do título de Diplomado universitario en Enfermeiría e tendo prestado servizos durante mais de catro anos no área de xxxxxxxx do Hospital xxxxxxx (enderezo do hospital).

SOLICITA

ser incluido na vía de acceso escepcional ó título de Enfermeiro especialista en xxxxxxxxxxxxx conforme á disposición transitoria segunda, punto 2, epígrafe a) do Real Decreto 450/2005 de 22 de Abril (BOE nº 108 de 6 de Maio)



Si teño dúbidas é polo feito que tanto na páxina do Ministerio de Educación coma na do Ministerio de Sanidade e Consumo se promete unha orde regulatoria desta via escepcional que incluirá un "modelo de solicitude" polo que o arriba citado pode ser rexeitado. Reflexión.