Google+

35 HORAS

Os diarios deportivos chamarían a esto "culebrón do verán" mais o certo é que todo se precipitou como se tal fose. Tras un longo peregrinar administrativo con 'paradiña' incluida a cargo da consejería da virxe do puño (economía) por fin o día 3 de Agosto o Bocyl publicou o Decreto 61/2005 sobre xornada laboral e horarios... (.pdf).

Vou ser acusado de perfeccionista e de velo moi doado dende fora mais non podo evitar empregar este espazo para sermos crítico.

Non vexo con bos ollos unha norma que discrimina ó persoal eventual no aspecto dos horarios e horas a traballar; coido que é un escándalo que un sindicato asine esto; está meridianamente claro que as direccions van a empregar o emprego precario i en peores condicions dos eventuais para "facer pagar" estas concesions.

Vexo con preocupación os artigos adicados á xornada complementária de OBRIGADO CUMPRIMENTO sobor de todo porque, no canto de restrinxir esta ós grupos que xa a viñan realizando, faculta ó Sacyl (a ver cando rematan a páxina própia) para ampliala caseque indiscriminadamente. Moito ollo co tema dos programas especiais ... eso no meu pobo chámanse "peonadas" e, sumando churras con merinas ven a dicir que poderíamnos pasar a ESTAR OBRIGADOS a realizalas (retribuidas iso si) tras negociación (que non acordo) na mesa sectorial (esa que cae por alá en Valladolid).

Canto me gustaría estar trabucado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input