O certo é que o Máximo da profesión ven de poñer a un variado grupo de persoas ós pes dos cabalos da posible denúncia xudicial por aconsellar ás mulleres embarazadas e puerperas... e mira que a veciña de enfrente pode "prescribir" un paracetamol xa así de súpeto e nós nin con Real decreto, nin con Real decreto 'modificado', nin con rectificación de Real decreto.
Pero seica este grupo de xente que exerce como actividade remunerada o consello e acompañamento ás mulleres embarazadas merece eso e mais, a imaxe das cazas de bruxas do medioevo se torna real e prende doado nun medio no que hai tanto paro.
Pero hai preguntas que invitan á reflexión:
Porqué unha muller acude a este tipo de servizo?
Seica o sistema sanitario non presta a debida atención, o seguemento clínico é iso; clínico e non humano e moitas mulleres se sinten abandoadas polo sistema inducidas a probas e cribados sen mais explicacións e sen respostas para os milleiros de preguntas que teñen...
Temos que ter en conta algo que xa teño comentado noutras entradas deste blogue: Nin o proceso do parto está enfocado na comodidade da muller nin os datos que manexamos mostran que as decisions tomadas son sempre as mellores. Cecais si as guías de práctica clínica fosen mais "humanas"...
Porqué tantas matronas apoian este tipo de servizo?
Pode que elas sexan as que mellor coñezan os flancos débiles da atención que prestamos no sistema de saúde Nonsi?
Eu o que vexo mal son certos consellos pouco ou nada documentados, mais ben magufeiros que son os que contribuen a dar argumentos a esa caza de bruxas que alguns queren empregar como cortina de fume dos seus propios pesadelos. Tampouco vexo ben que se presione á muller a tomar unha decisión (nun senso ou noutro) meténdolle medo.
Para rematar vos deixo esta entrevista a unha doula do bierzo que por en alza eses argumentos e moitos outros sobre un tema que precisa iso: argumentos.
Por último e por aportar un elemento de contraste para aborda-la situación...
¿Opinan los fisios del kinesotape del Lidl lo mismo que las matronas de las doulas?
— X.M. Meijome (@EnferEvidente) marzo 1, 2015
Porque o problema ven a ser similar; haberá quen merque as vendas para poñelas porque "axudan" e haberá quen as poña facéndose pasar por "masaxista"... a salvedade está en que os fisioterapeutas fai tempo que fan campaña con cartelería e anuncios en prensa contra o intrusismo alertando dos seus perigos mentras que a enfermería fai un informe e notas de prensa creando unha campaña sensacionalista.Como complemento vos suxiro esta entrada de Alicia Negrón "Doulas o exagerar al enemigo externo"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input