"-María Varela¡¡" dixen
"-Mira pra ela..." respostou mecánicamente tal e como fixera toda a súa vida cando se mencionaba o seu nome... ese que ela xa esquecera salvo por ese automatismo; e inmediatamente, virou a cabeza para buscar cos ollos a quen a interpelaba.
O que vos veño de contar semella non ter moito que ver coa enfermeiría salvo porque eu aínda estaba estudiando a diplomatura Pero sempre, sempre, sempre que falo coas compañeiras da importancia que ten a cercanía á xente e a comunicación non verbal me lembro dela e de cómo percuraba ca mirada a un cando dicia esa frase.
Non importa si pensas que a orixe da profesión de coidar ven da Sta. Nightingale e dos campos de Crimea ou si coidas que o coidado arricou como arte xa na escuridade do tempo concordarás que tanto a asimilación das mensaxes que emites como a facilidade para que outros se comuniquen contigo depende da túa atitude no intre clave de "establecer contacto".
I é que o ollar das persoas porta unha cantidade de información que xa quixeran para sí moitas tabletas das mais modernas, mais tamén a pose, o soriso, o contacto, o ton da voz... Ese saberse achegar.
Pero o avance técnico, a presión asistencial, os trocos na educación e na sociedade na que moramos está a facer que esa parte importante da "esencia do coidar" se perda... e con ela certa parte importante da empatía e das habilidades de comunicación que tanto aportan ó traballo da enfermeiría e de tódolos que traballamos na sanidade en xeral.
Así as cousas un grupo de xente veñen traballando arreo para lanzaren hoxe a iniciativa "Mírame... diferenciate" na que por diversos medios se tentará voltar a por en valor as habilidades de comunicación non verbal na atención ós doentes e acompañantes, usuarios todos do servizo sanitario e máxima razón so seu ser.
Invítovos a que "lle botedes unha ollada" e non o deixedes pasar de lado.
Página de la iniciativa www.diferenciate.org |
Unha iniciativa de:
EDICIÓN: 22H
O meu lema para esta campaña é "Porque a humana aínda é a mellor interfaz de comunicación. #diferencia_T"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input