Google+

Lembranza non desexada

Remataron as vacacions e un xa sabe que a volta dunha desconexión sempre trae consigo unha fase na que se van recibindo novas sobre o acontecido nas datas de ocio e que non todas van ser novas agradables; nin que as malas novas por esperables fosen menos malas. Veño de enterarme do pasamento dunha antiga compañeira tras un longo proceso e asaltanme as imaxes e a lembranza. No furacán dunha experiencia única como foi a apertura dun novo hospital baixo un modelo de xestión incognito para nós coincidimos varios recén diplomados na EUE Compostelana de duas ou tres promocions diferentes. Coñecido é que na formación de grupos de xente nova sempre hai individuos que destacan porque saben desenvolverse mellor e trabar relacions con mais facilidade. Ela era así; unha persoa aberta e, como veu a demostrar dempois, sen medo. Tiña un tipo de personalidade que impedía que pasase desapercibida; ou te atraia ou era branco de agrias críticas. Sempre conversadora e directa o papel que lle tocou desempeñar o desenrolou con normalidade e soltura nun entorno que por novidoso poderíamos considerar hostil. Cando as circunstancias trocaron e pasou a traballar noutra área non se enrrugou mostrando a forza do seu caracter e o bó facer que quenes a coñeciamos sabíamos que tiña. Sempre que voltei por alí e a topei me facía sentir un aprezo especial compartindo 'mesa e mantel' en mais dunha ocasión. Sacou a súa garra de loitadora dende o principio e en ningún intre se laiou ou deu por derrotada; tanto era así que tras falar con ela non sabía un ben en que estado se atopaba ou si era ela quen o animaba a un e non ó contrario. Descansa en paz Nida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input