Coa aprobación no congreso da modificación da "lei do medicamento" -.PDF- (Lei 29/2006) para DEIXAR CLARO que só médicos, odontólogos e podologos no ámbito das súas competencias teñen facultade para receitar medicamentos suxeitos á prescripción médica e que o que tanto alardea o CGE queda ó albur dunha nova regulación que vai ter que agardar a un consenso entre o propio CGE e a OMC e a validación da Agencia de Calidad do SNS...temos para rato.
Ou sexa NADA.
E queda aínda o trámite no senado onde as maiorías trocan.
E unha regulación gubernativa que debe nacer do consenso entre os colexios profesionais na elaboración de protocolos e guías de práctica clínica e asistencial que, ademais (e ten lóxica) deben ser validados pola citada axencia.
E, ademais, para esa prescripción HABERÁ QUE ESTAR ACREDITADO polo MSPS; isto quere dicir que esa acreditación "con efectos en todo el estado" aínda non se produxo e que, pode, que o desenrolo feito en andalucía teña problemas xuridicos.
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada