A espera dos mortos

Hoxe, a proposito dunha chuzada voltou a asaltarme o coñecido tema das listas de espera e os falecementos. A verdade é que os periodistas non fan caseque nengunha indagación sobre os temas que publican, pode que contrasten a nova preguntándolle ó familiar do finado si é verdade que o chamaron do hospital mais de ahi non pasan...

O certo é que este tipo de nova salta ós medios de cando en vez e que é un tema que preocupa (e de que xeito) ós que administran certas facetas do tema sanitario ata o punto de ESCOITA-LAS NECROLÓXICAS como medio de captación de información sobre finados...si, lestes ben.

O tema é grave non porque algúen que estaba a esperar unha intervención ou tratamento fine e a súa familia reciba unha chamada...esa é a punta do 'iceberg' o verdadeiramente alarmante é ata que punto estan distantes (cando queren) as administracions.

Si unha persoa está en lista de espera en Ponferrada para unha intervención e falece en Alacante o certificado médico cos datos do finado (o DNI resulta fundamental) é enviado ó rexistro civil no que consten os seus datos e, dende alí, solicitase o certificado de voluntades ó rexistro destas en Madrid. O rexistro comuncia o falecemento a.... Facenda (polos xa desaparecidos impostos de sucesions) e ala xa está. O resto das administracions tarda en recibir calquer tipo de nova sobre este acontecemento ou simplemente non a recibe.

Unha das primeiras afectadas vai ser a enfermeria de primaria pois si o finado tiña algunha revisión e ela quere indagar sobre a súa ausencia pode que teña que escoitar insultos por estar a facer ben o seu traballo...

Agora, constructivamente; non haberá quen artelle unha solución mellor que a de escoita-las necrolóxicas na radio? A ver si coa Historia Clinica Electrónica (vinculando un nº de Hª a un DNI) se conquire que no trámite de defunción do rexistro 'salte' esta "alta definitiva".

1 Conversación.:

Xosé Manuel Meijome dijo...

El blog de derecho sanitario publica una modificación de la ley catalana que toma como referencia la fecha de alta asistencial.

Es un avance, pero no creo que se pueda discriminar qué documentos se destruyen a los 5 años y cuales a los 15