O certo é que as empresas públicas adolescian de ese aspecto social integrador malia a aparente preocupación dos 'representantes dos traballadores' polo ben común...
Xa ó final dos 90 apareceu unha certa "consciencia" de empresa facendo fincapé na IMAXE CORPORATIVA ben do servizo de saúde ben do centro de traballo... esta consciencia extendeuse a facer preminente esa imaxe en calquer actividade pública do persoal do centro relacionada co mesmo.
Pero os conceptos da xestión empresarial moderna no aspecto de relación coa sociedade na que se desempeña e do medio que a rodea van mais aló e son moitas cousas as relacionadas con elo: Dende a facilidade de acceso en transporte público de calquer tipo (o que inclue o sistema de alugueiro de bicicletas), a reducción do impacto ambiental da actividade da empresa (reducción de residuos, reciclaxe, reutilización do posible), ata as actividades sociais... Malía que sen relación directa coa RSC o certo é que xa facía moito que os hospitais 'patrocinaban' actividades deportivas dos traballadores (de alguns polo menos) en forma de alugueiro de pavillons, equipación/inscripción de equipas en competicions locais...e por fin semella que chega a hora do atletismo...
Non é que eu precise de equipación ou que quera federar a unha chea de xente, pero si somos sanitarios (os non sanitarios tamén, claro) a nosa empresa debería dar algo de exemplo...
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada