A oportunidade da enfermería
Nursing Times adianta un tema do que xa teño falado; a nova directiva da UE que limita a 48 horas a xornada máxima semanal vai brindar unha oportunidade para que se faga efectiva a LOPS no referente a que non son as titulacions as únicas que posibilitan o exercicio profesional senon que as habilidades e, polo tanto, a FORMACIÓN son a ferramenta que permite organizar un uso eficiente dos recursos humanos dispoñibles.
Son moitos os centros do estado español nos que as enfermeiras realizan técnicas que noutros centros teñen tremendas listas de espera por mor da falta de facultativos que as realicen... citoloxías vaxinais de seguemento, ecografías, consultas de seguimento...
Agora que a enfermería se vai volcar nun 'papeliño' que non outorga novas habilidades e polo que haberá que pagar un mínimo de 900€ o SNS o que precisa é unha reorganización da Formación Continuada que capacite ós profesionais que ten para as tarefas que demanda e tamen, hai que dicilo, ás súas estruturas remunerativas para adaptalas ás novas responsabilidades que se deberán asumir.
O grado é algo importante, pode que como profesión fose algo preciso para aclarar a existencia dun corpus propio de coñecementos mais a integración en equipas multidisciplinares está lonxe da carreira de titulacions e depende mais do que en verdade se pode aportar na equipa eu son dos que teño o remorso de que os servizos dos hospitais semellan só formados por facultativos, coido que os servizos como estructura funcional básica da asistencia sanitaria (mais na especializada) deberían ter participación multiprofesional. Pode que as novas estructuras tipo "Área do corazón", "Unidades de Hospitalización Polivalentes" ou "Unidades de doentes pluripatolóxicos" teñan a clave.










A Farola de Praga

1 Opinions:
He leído el artículo, no comprendo la esencia de tu entrada.
Solo quiero añadir que comparto un comentario del Nursing Times,entre otras cosas escribe: las enfermeras hemos ido asumiendo los roles de los médicos residentes pero no hemos alcanzado ni su status ni su sueldo.
Saludos
Publicar un comentario en la entrada