Google+

Vai de webs

Tra-lo frustrado intento de vos citar tódolos masters oficiais que poderían resultar de interese para un(ha) enfermeir@, desta vou ser mais breve e consciso recomendándovos páxinas web e subcripcions e-mail dos temas da profesión.

Escomenzo por un que teño incluido nos enlaces eiquí no lateral e que foi, xa o teño dito, a primeira páxina web que visitei aquel lonxano día de 1996 que conquerin entrar na 'pecera' na que tiñan o único ordenador con acceso á rede na FHV.
Enfersalud.com que dende a aparente sinxeleza de ser un "directorio" foi engadindo listas de correos e adaptando unha dopla orientación por unha banda cara ´@s estudantes de enfermeiría e pola outra cara @s profesionais en activo recopilando tamén documentos publicados on-line e ofertas de emprego. Pode que algunha xente non concorde co sistema de clasificación que se emprega mais, coido, que tod@s concordaremos en que aínda non ten habido 'marketing viral' e que as webs mellor valoradas de cada categoría son pertinentes, teñen contidos de interese e actualizados cun deseño atractivo.

Sigo biblio-cronoloxicamente porque tamén me ten orientado moito, ainda que pouco teño feito nese campo, pola lista de correo Investen da unidade de coordinación e desenrolo da investigación en enfermeira do instituto de saúde carlos III ; trátase dunha web orientada ó fomento da investigación enfermeira que ofrece mediante a citada lista de correo orientación e consello, troco de impresions e contacto entre profesionais. É unha lista moderada mais na que se dan debates moi interesantes como un que houbo sobre o factor de impacto e a manipulación do mesmo polas editoriais e a 'lenda urbana' de forzar a autocitación entre publicacions do mesmo grupo para aumenta-lo citado factor de impacto. Os correos se poden recibir agrupados -mime- o que evita ter que abrir moitos para seguir unha conversa.
Na actualidade dentro da RedIris hai moitas mais listas de correo interesantes para a enfermería en moi diversos eidos

Sigo agora por unha lista de correo que podera non semellar de interese directo para a enfermería mais que proporciona información actualizada e da que xa teño criticado que a Unión Europea e/ou a Axencia Española do medicamento non teña un servizo similar(por favor que alguen me faga un comentario si me trabuco). MedWacht é o sistema de notificación sobre seguridade dos medicamentos da FDA que envía boletins de notificación mediante lista de correo; en mais de unha ocasión me teño entereda ata con 2 días de antelación de mediacamentos ou productos ( equipos de infusión de Baxter por exemplo) que son retirados ou 'vixiados' por incidencias sobre a seguridade do doente ou do persoal que traballamos con eles. Eu escollín recibir un resumo moi conciso da alerta; logo, si me interesa, solicito a alerta completa.

Agora vou dar un chimpo na orde que seguía por pertinencia. Hai relativamente pouco tempo que estou apuntado a Nursing Times mais o dabondo como para ter constáncia de que se trata do tipo de publicación que me gustaría que se fixera sobre a enfermería no meu medio. O boletín ó que te suscribes ten habitualmente tres apartados: Novas de interese xeral para a enfermería, Artigos científicos e Laboral. O boletín e o acceso á maioría dos artigos son por suscripción (gratuita). Por certo, ainda non me teñen enviado nen unha mísera foto d@ presidente da editorial ou grupo que fai posible a publicación. Foi en NT onde lein o día 26 como o NHS recoñecía e avanzaba na prescripción de medicamentos por parte da enfermería; evieille-lo artigo a "diario enfermero" que o publicou ó día seguinte.

Para rematar e non porque non existan mais páxinas de interese, senon por poder adicarme a correr nesta mañan fresca de verán vouvos comentar a miña derradeira inscripción; Medscape Nurses. Recibo un correo moi amplo, se cadra de mais, que inclue uns titulares sobre novas de actualidade; un editorial i enlaces a artigos moi completos que son parte de programas de formación continuada nos que te podes inscribir e, ó completalo, recibir un diploma (imprimible) cun número de rexistro do colexio de enfermería de Nova York e o centro de acreditación da enfermería americana. Logo ven un resumo de tódolos artigos científicos publicados en revistas listadas en medscape agrupadas por áreas (coidados críticos, saúde da muller,...) e mais adiante un rosario de novas relacionadas tamén agrupadas por áreas.

Bueno, deíxo esto así porque o execeso de información pode ser peor que un mal consello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input