Google+
Amosando publicacións coa etiqueta sacyl. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sacyl. Amosar todas as publicacións

Seguridade de que?¡¡¡

E tivo que ser xusto nestas detestables circunstáncias nas que a equipa da oficina de seguridade da información da GRS-Sacyl viñera a face-la presentación das medidas de seguridade xenéricas respecto ós ficheiros informatizados declarados no centro.

A min chámame poderosamente a atención a pouca presencia do persoal sanitario nas charlas ainda que vendo o exemplo de como difiren a teoría e a práctica á hora de preguntar detalles e aplicarse o conto no intre de falar mellor foi que non acudise ningúen mais.

Malía a ser un deber coñecido por tod@s a obriga de gardar confidencialidade sobre tódolos datos dos doentes e, en especial, sobor dos datos "sensibles" como o estado de saude, relixión, opcion sexual etc. está moi banalizada na práctica diaria tanto no canto dos soportes de papel como no relativo ós datos que (pode) mostrar unha pantalla ou que se poden cargar nun soporte calquera... moitos son os fallos que cometemos neste eido e mais tendo en conta "as dúas facianas da información" ou sexa o que se dí e o que NON se dí; por exemplo: se digo que alguén 'non está ingresado' xa estou proporcionando un dato a quen desexe atopar a unha persoa en concreto ¿non si?.

En toda manifestación pública ó respecto de un acontecemento do tipo ó que nos enfrontamos o mais que se pode facer dende un centro sanitario é remarcar o dereito á intimidade do doente e da súa familia e lembrárllela a tódol@s que traballamos no centro.

No fragor da polémica

É certo que non seguin o sabio consello de leer, valorar e calar.
Non podía; que un problema tan grave como a falla de facultativos se empregue para falar dunha maquinación ó mais puro estilo 'complot xudeo-masónico' por unha forza política que promove e mantén noutros lares os mesmos mecanismos de xestión que eiquí critica resultoume irresistibel así que fixen este comentario:
No faltando razón en los ratios empleados tanto en el articulo como en los comentarios lo cierto es que la falta de personal facultativo en general es un claro ejemplo de "falta de previsión" desde hace 10 años que a todos toca y que la falta puntual en la UCI del H.Bierzo puede tener otras motivaciones 'de fondo' relativas justamente a esa temida privatización de la que se habla.

En cuanto a las comparaciones respecto a otros centros de la comunidad tiene una respuesta compleja. La dispersión poblacional exige mantener ciertos servicios más allá de los ratios y el reparto actual de los recursos no se deben resolver de un modo traumático (trasladando forzosamente) .Las soluciones de futuro son de aplicación compleja y lenta; resultando, pues, alarmante que aún no se sepa cuales son las opciones elegidas.

Que el P$O€ hable de privatización tiene gracia teniendo en cuenta las "nuevas formas de gestión" que se emplean en las comunidades gobernadas por ese partido y su reiterado uso de conciertos con los medios diagnosticos y terapeuticos disponibles para hacer lo que el seguro publico DEBE: atender a los ciudadanos.
Quero aclarar o tema das 'motivaciones de fondo' para evitar confusions.

Como acertadamente comenta este outro señor dende o principio do verán os facultativos da UCI veñen facendo unha guardia cada 3 días por mor da marcha dun compañeiro...que elexiu a opción da sanidade privada. Como tantos outros coidou que é mellor traballar para o seguro público 'dende fora' que someterse a un sistema que obriga ó persoal a soportar os "sobrecustes" da atención continuada co draconiano sistema das guardias. Do resto do comentário dicir que é certo a ollos vista que o ritmo das obras esta moi ralentizado e que no campo da contratación de persoal aparentemente se teñen desbotado oportunidades de reter a xente en especialidades clave mais tamén é certo que ámbalas obras as leva a Consejería dende Valladolid e que a contratación de persoal na sanidade ten restriccions legais que impiden, por exemplo, ofertar unha vacante dun posto que ten dereito a reserva durante un ano... Polo demáis se cadra alguen con mais coñecementos e memoria lle podera lembrar as súas aportacions pola sanidade berciana.

O mais triste é que o medo ó peche segue sobrevoando en centros e servizos da sanidade pública. Haberá que preguntarse ¿de onde sacan os seus facultativos os centros privados?, ¿que tipo de relación laboral teñen, que retribución, que tipo de servizo prestan?...