Google+
Amosando publicacións coa etiqueta Ruxe ruxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ruxe ruxe. Amosar todas as publicacións

Xa podo esperar sentado...

A desinformación debe de ser a característica fundamental dos procesos electorais "democráticos"

Nin a web do colexio de enfermería de León, nen a do "consello de colexios de Castilla y León" fan nengunha referencia á suspensión do proceso electoral por un 'escrito previo á vida xudicial' dun colexiado que considerou, con bó criterio, que ser membro da mesa electoral non é compatible con ser candidato; sobre todo si hai alo menos dúas candidaturas.

Isto sen mencionar a escaseza dos prazos e a tardanza da comunicación vía correo... que fixo que o anuncio de anulación da votación chegara o mesmo día dos cómicos (si, pon cómicos i é que dá risa).

O que SI queda claro nas referidas webs é que hai unha sentencia que crea xurisprudencia sobor da obligatoriedade da colexiación.

¿E logo?; logo mais... Porque mentres un proceso electoral é paralizado mercede aun escrito previo á via contencioso administrativa, outros procesos igualmente ilegais por iren en contra da lexislación en vigor seguen adiante coa CONNIVENCIA dos "representantes dos traballadores" verbas estas que veñen a significar: Teño unhas horas libres para usar como queira e; por exemplo, as emprego para libra-las fins de semana, traballa-las noites (que os cartos sempre fan falla) e os días que libro non acudir ó centro porque está a 50 Qm....

Eleccions

Cando escribin o derradeiro post ainda non recibiramo-la comunicación da apertura do proceso electoral do colexio de enfermería de León, a data de hoxe remata o prazo para solicita-lo voto por correo e xa onde vai que rematou o de presentación de candidaturas...

A "democracia" ten estas cousas, os cidadans nos temos que preocupar de estar ó día de cumplirmos coa 'obriga' de ir a 'mete-la' porque ¿que hai peor visto que un cidadan tan pasivo que non exerce o dereito ó voto?.

A cousa troca cando se trata de formar parte na toma das decisions que conducen ás nosas sociedades cara un ou outro sentido... Para alguns procesos é imposible coñece-lo procedemtento de presentación e formación de candidaturas, para outros os prazos san tan axustados que calquer "retraso de correos" impide toma-la iniciativa, noutros casos a información é "roubada" ós interesados sen mais miramentos.

Un proceso DEMOCRATICO esixe transparencia REAL que permita te-la información en tempo, prazo e forma para poder tomar decisions activas e pasivas (candidatura e voto) conscientes e consecuentes. Non pode un estar informado a base de comentarios nos pasillos e de ruxe,ruxe como si fose esto a mafia. Claro, que dentro da nosa profesión como en toda a sociedade... Ainda hai clases.

A verdade da integración

Ir de antroido é o que ten, que aprende un un cento de verdades ó redor dunha festa.

Fun eu ó antroido coa idea de felicitar @s compañeir@s "integrados" e me atopei un pouco de todo. Xente que torce o xesto o ver a un, xente que sauda e segue e xente que para a falar. Mais aló das truculentas historias de ambicions xa coñecidas e de caidas ou tropezos que debian ser agardados no seu intre eu gocei cunha información porque realmente me revelou que latexaba en min hai tempo.

Sempre me preguntei cal sería o motivo polo que, si as Fundacions ian tan ben, non se rematou de da-lo paso cara a laborización de todo o persoal sanitario público pois medios había e hai directos ou indirectos de conquerir que as persoas pidan ser laboralizadas igual que se conqueriu que os funcionarios pedisen maioritariamente estatutarizarse.

O tema me chegou no fermoso intre no que coidaba dos "colillas" na praza mentres agardaba o remate do desfile e veu da mán dunha persoa que é unha profesional desas que non cede nen un segundo ó desalento e que sempre adica todo o tempo preciso á atención dos que a precisan...

O asunto é que mantendo o estatus laboral non hai cartos que paguen o horario do persoal de guardia nen hai persoal dabondo para establece-lo sistema de turnos que sería preciso si se eliminasen as guardias e se quixese garantir a atención continuada.

Por si non o sabiades un profesional estatutario fai entre 24 e 17 horas de guardia de presencia física no centro de traballo a un prezo inferior nun 70% o prezo da hora de traballo normal e isas horas NON lle computan como xornada traballada ordinaria por mor da maxia potaxia dun sistema regulatorio draconiano. Mais, o persoal laboral non está suxeito a isto e o "estatuto do traballador" dí que as horas realizadas por riba da xornada normal deben pagarse ó mesmo prezo que estas e que non poden superar certa porcentaxe (¿o 10%?)... espero que agora se comprendese porqué eu dicia que os facultativos tiñades que optar entre Iberia e eurolimp.

Está claro que para garanti-la atención sanitaria contínua fai falla a presenza física do persoal nos centros e nesta situación ou se fan guardias e se rexe a relación por un acordo de tipo mercantil (Iberia) ou se fan turnos e cada que cumpre as súas horas e punto (eurolimp). Mais, habendo unha terceira alternativa como é o réxime esperpentico-estatutario para que percurar mais?.

Por elo e polas sentenzas firmes que, seica, o fornecen é polo que se decidiu o SERGAS a estatutariza-lo persoal das fundacions e disolvelas...pasando ó persoal que non opte por estatutarizarse ó réxime laboral da administración pública que non é moito mellor.

Por certo, nun cargo ás persoas valoranse polo cumprimento do seu traballo; o de fora sempre debera quedar fora tanto si che son simpatic@s como si non.

Lóxica agora

Tras meses de "situación límite" que teñen provocado xestos 'politicamente incorrectos' de demisión o certo é que a lóxica se fai ver (algo) e a administración sanitária se escomenza a comportar como a empresa que dí ser.

Nesta nova lemos como se implementa a medida "salvavidas" de traer especialistas de Argentina e México; non é unha novidade en sí mesma (e mais no HCV) mais si semella que algunha cousa ten trocado no xeito de facelo. A mesma nova relata algo mais interesante; que o SERGAS vai a implantar unha verdadeira carreira profesional ainda que só en certas especialidades. A afirmación de que
"El Servicio Galego de Saúde (Sergas) aplicará medidas de “discriminación positiva" a favor de los hospitales comarcales para solucionar la falta de especialistas" e "El Sergas estableció que los hospitales provinciales no podrán contratar profesionales de las citadas especialidades si hay plazas vacantes en los comarcales. Además, los especialistas de estas áreas deberán pasar por uno de estos últimos centros hospitalarios para acceder a una plaza fija de la administración sanitaria"
É o mais semellante a unha carreira profesional que teño ouvido. Agora a ver como o implementan 'blanco sobre negro' no DOGA e, sobor de todo, a ver como pasan este 'trágala' os xefes de servizo dos centros galegos que forman MIR's e os Sindicatos (en especial os de clase); é de desexar que se estableza un "diálogo de argumentos" para dar cunha solución a este problema.

Falando de solución; das medidas presentadas pola consellería outra delas
los contratos que se les ofrecen ahora serán casi fijos
ven a da-la razón a os que reclamaban un trato laboral acorde co que acontecía a nivel oferta-demanda. Das outras solucions posibles: Complementos económicos, Equipas móbiles (usando a cláusula de movilidade do estatuto marco), Beneficios socio-laborais (mais libranzas para vacacions e/ou formación)... non se dí ren, pero seguro que están na lista de "planos 'B'".

Central de compras

Outra das medidas de 'lóxica de mercado' coa que ten xogado escasamente administración sanitária é a de implementar centrais de compras; trátase, sen dúbida, de unha das modas no SNS e como toda moda ten o risco de fracasaren por execeso.
O certo é que realiza-lo volume de compra de tódolo servizo de saude por un único centro pode ter importántes vantaxes a nivel de prezos e de servizo dos proveedores mais hai que ter en conta moitas cousas: Alguns dos Items cos que tratamos teñen que estar adaptados á aparataxe dos centros non á dos proveedores (esas bombas "prestadas" para que se lle merquen as equipas a prezos +/- escandalosos) o que pode levar a ter que mercar e trocar moita pequena aparataxe; Outros tipos de productos, en especial os medicamentos plantexan o gravísimo problema da "liberdade de prescripción" que si ben en alguns centros se vai solventando co recurso ó emprego da prescripción de principios activos non deixa de estar exento de polémica. Agora entrarán en xogo os farmaceuticos que reclamarán tamén esa liberdade para eles. Mais, a administración debe de coidarse de non cargarse cos custos de almacenaxe e distribución dos stoks que vaia mercando, de outro xeito a rebaixa conquerida no prezo se verá diluida nestes novos gastos. Gústame a idea de facer esto paulatinamente; non está na información pública o cronograma do proxecto mais supoño que a fase de estudo dos catálogos, stoks etc. terá que estar caseque rematada e que a decisión política no canto dos mecanismos de implementación das compras tamén estará tomada.
É de supor que eses mecanismos contarán coa axuda dunha axencia de evaluación das tecnoloxías sanitárias (tamén a estatal AETS) e que se apoiará nos informes da AEMPS.

Para rematar non quero deixar pasar unha nova que ten dous feitos relevantes; por unha banda por primeira vez vexo á OCENF "tirarlle das orellas" a un cargo dun goberno do PP, por outra, a 'vitima' deste tiron de orellas pode por un kisko. Hai que ser hipócritas para falar de contratar enfermeir@s no extranxeiro mentres @s que estamos a formar deben marchar non xa para ter un traballo fixo, senon simplemente para traballar.

Presenza e cartos

A do outro día foi unha toma de posesión con moito apoio si señor; veu 'a patroa' escoltada polo director xeral de asistencia sanitaria e a plana maior de Ourense e dixose varias veces: "Nin a consellería nin o Sergas deixarán o Barco á súa vontade(...)estamos absolutamente comprometidos co Hospital de Valdeorras, o estabamos xa, pero a miña presenza aquí ven a deixar isto claro". Tamén se dixo que se están a estudar: "medidas excepcionais que poderían implicar modificacións mesmo lexislativas".

Ó conto: que non trouxeron anestesista nin cardiologo baixo o brazo e que están a pensar unha solución que non un parche. ¿Significará o de reforma lexislativa algo referente á carreira profesional?, ¿decataranse de que é a oferta laboral e retributiva o que alonxa ou atrae xente ós centros?; ainda teremos que seguir agardando.

Os cartos.

Se no comentario do outro día sobor da futura lei de autonomía persoal... xa deixei caer as miñas dúbidas sobor do financiamento do SND que se creará con esa lei; agora, as voces mais autorizadas confirman a miña impresión.

Entre elas a de VicenÇ Navarro que fala dunha clara subestimación cun dato esclarecedor: a porcentaxe de persoas maiores que recibe atención domiciliaria en España é do 1,6% cando en europa a media é do 16%.

Como o artigo é de Diario Medico só podo enlaza-lo resumo mais, si sondes do gremio, vos recomendo o rexistro (gratuito) que sempre hai algun artigo que paga a pena ler.

E agora?

Poden pasar dúas cousas básicamente. UN) Que siga a cousa igual co que as promesas de apoio ó novo xerente se verán imcumplidad. DOUS) Que aparezan 1,2,3··· anestesistas para o HCV co que a mensaxe (···?) será a que fora mais; ¿porqué tanta presión para coller o cargo?. Habería que focaliza-lo tema dende a exclusiva óptica da política (municipal/comarcal de ahi a aparición de "Alfred" o outro día) e non da sanidade.
Pensando nos ususarios e no resto do persoal do centro a opción dous é a que mais me gusta porqué ¿pódese entender un Hospital 'civil' sen ciruxía programada?.

Segue "a festa"

Ben, para cando leades esto xa estará na prensa.

O mais importánte e triste; a suspensión da ciruxía programada no HCV vai a continuar.

A política ten entrado de cheo e xa non son capaz de discernir moi ben o que son 'motivos persoais' o qué oportunismo politico e o que é "gañancia de peixeiro"...

Onte o director provincial do SERGAS veu 'escoltado' polo alcalde de O barco (que lembranzas me trae esto) para dicirnos o que xa se sabía. Non hai anestesistas dispoñibles para o HCV, polo de agora.

Pode ser certo que o xerente tivese presentado a súa renúncia hai un mes ou unha semana porque xa tiñan o recambio na recamara mais elo non fai mais creible o 'motivo profundo' desa demisión sobor de todo tendo en conta que a fai o director médico ó mesmo tempo e ningún dos dous son dos que fuxen diante dos problemas. Ademais, nomear como xerente a unha persoa vinculada directamente do PSOE berciano pode ser entendido de moi diversos xeitos.

Oportunistas sen fronteiras (tal é o nome que 'torito' lle dá ó PPdG) non deixou escapar semellante oportunidade de facer da súa capa un saio e, dempois de 16 anos sen tomar mais ca medidas externalizadoras, falar de fallos de xestión. O fai ademais por boca de Miguel Santalices coñecedor de 1º man das carencias e dificultades do HCV mercede ós moitos 'favores' que ten pendentes alí.

Supoño que dado o tono do debate no parlamento e a cercanía das eleccions municipais a presencia de Alfredo (alcalde de O Barco) está explicada como parte dunha demostración de que "se fai o que se pode" para por solucions e non parches. Eu só desexo que isto me permita ver algo mais ó amigo que fai a cobertura dese buraco cando o "brunout" ameaza.

Demisión esteril (?)

Xa as novas de onte eran realmente alarmantes pois un centro sanitário que suspende as intervencions cirúxicas programadas pasa a seren un centro de "estado de sitio".

Mais, durante a mañan de onte as cousas se precipitaron. @s traballador@s curtaron o tráfico no centro do Barco (diante do hospital) e fixeron un chamamento á poboación para repetires a manifestación-corte hoxe.

A pantasma do desmantelamento da área sanitaria e a conversión do Hospital comarcal Valdeorras nun centro de agudos e dependentes voltou a sair á area pública. O SERGAS dí que vai nomear un novo xerente na próxima seman e o director provincial virá hoxe (supoño que a presencia-lo curte de tráfico).

Mal andan as cousas, e moito me temo que estas demisions sexan estériles pois os problemas son de fondo (estructurais que lle chaman) e pouco teñen que ver coas persoas; outros centros mais grandes teñen identicos problemas coa mesma especialidade, claro que sin chegar ó extremo de suspenderen TODA a actividade programada mais SI que hai unha drástica reducción de actividade.

A cuestión é: ¿Quen se beneficia?.

O peor ainda está por chegar; non esquenzamos que no SACYL temos aberto un concurso de traslados no que pode (seguramente) marchar mais xente da que virá deixando mais espido o Hospital 'El Bierzo'. e, sobor de todo, non esquenzamos que na comunidade de Madrid se van a por en marcha 7 novos hospitais como o sinalado (en nº de camas claro, que no resto vai ser outra galaxia) co que se absorberá cual esponxa a tódolos residentes que rematen as especialidades clave nos próximos 2-3 anos xusto no intre no que as xubilacions escomenzan a facerse habituais nos cuadros médicos dos centros públicos.

¿U-los planifcadoes de hai 4-8 anos?. ¿Quen é o responsabel de semellante disparidade entre oferta e demanda?; o argumento de que a profesión médica non "ofrece o que ofrecía" é unha falacia, non se trata de falta de 'vocacions', trátase de falla de prazas por tacañería dos que as tiñan que ter dotado hai 8 anos...

O stress de dirixir...

Se fai uns 5 anos foi o Xerente do HC Valdeorras o que viu tupidas as súas arterias coronarias i en claro perigo a sua vida, nestes días A.R. Hevia está a pasar por un trance semellante.

Vai ser verdade que estas cousas son segundo un as tome... Se cadra non é cuestión de matinar en que un vai troca-lo mundo senon de ter só algunhas cousas claras e non sentirse presionado por responsabilidades inasumibeis.

Se estou a escribir esto é pola xente á que coñezo que se ten emBarcado nesto; sei da súa dedicación e temo tamém pola súa saude.

Alegre tristura...

Como Platón sempre crein que os gobernantes non son os que ostentan o poder senon os que predican co exemplo.

Naquel "goberno dos sabios" os gobernantes farian a lei e serían os primeiros en cumplila. Coa chegada do novo goberno galego chegou tamén unha normativa sobre nomeamentos de postos directivos e mandos intermedios; unha normativa que sigue contendo o famoso "marxe de manobra" (a entrevista) mais que valora ou tenta valorar certos méritos e capacidades dos aspirantes; por desgracia no caso que me ocupa un dos 'méritos' incluidos é o de ter praza en propidedade como estatutario... Sei que hai moitos "afectados" e que o PPdG chegou a levar ó parlamento unha pregunta-ameaza deixando caer que podería recurrir por fraudulentas as decisions que tomen os cargos nomeados que non cumplan tan "inprescindibel" requisito. Eu fai 7 anos que teño o nomeamento e non me vexo mais capacitado por él, é mais, teño sentido moita vergoña ó ver como xente á que considero mais válida e motivada ca min segue "mendigando" vacantes...

O asunto é que mentres alguns dos implicados tomarán posesión en próximas datas (isto podería valer de excusa) hai outros que non e... hai que dar exemplo.

Alédame que se fagan as cousas legalmente; e non me veñan con excusas de que os outros facian tal ou cal; iso ós tribunais ou á prensa. Entristéceme que unha persona con capacidades, personalidade e sintonía axeitada non poda integrarse nunha equipa que precisa de xente coma él para unha misión difícil.

San Martiño's day...

E foi o 11 de Novembro; mira ti que non hai outros 364 dias no ano coma para non escollermos data tan sinalada. O que tardaremos algun tempo en sabermos é quen é o porquiño.

É a primeira vez que temo pola saude física e mental de alguén que asume unha responsablidade (ate lle chamo responsabilidade e non 'carguiño').

Na enfermeiria hai moito CARRETE que soltar e ainda non sentou e xa ten un "barullo no área", de sorte non lle faltará quen lle axude; digo eu.

Valeiro

Segue o valeiro no Hospital C.V. e a situación é tal que ningúen sabe xa onde aparcar... Iso si, estamos de paso mais cobramos como sí fósemos facer algo. O que dí o 'león da metro': "Eles fan como que me pagan i eu fago como que traballo".

Agora en serio. Escomenza a ser preocupante o tema; ¿e si no canto da falla de un facultativo falamos dunha situación crítica? ou ainda peor... que estímulo pode atopar o persoal para mellorar cada día si as respostas ás súas inquedanzas son sempre: "Yo estoy de paso...". Por riba, a xente con algo de cordura e coherencia está a ver que tódolos esforzos son vans estragándose vontades e cualidades moi válidas para levar adiante proxectos interesantes.

POIS VAI SER Q NON

Mecachis... Como se hai que por para dicir NON a quen un non pode dicir NON... A ver agora quen é o wapo con carné (¿porqué o carné sera condición?) que colle este "barco".

Por outra banda... o fillísimo (ese que nin nos mitines fala) ten un blog... nel adícase a chamar a atención sobor do mal "ourensans" que son os deputados so PSdG e do BNG electos pola provincia por votar en contra da dotación dun laboratorio de hemodinámica para a provincia... vese que o que trocou foi a dinámica grupal e que agora hai que votar por provincias e non por grupos politicos... sería interesante sabermos cantas iniciativas a prol da provincia rexeitou este insigne e o seu partido durante os 16 anos de rodillo en Santiago ou durante os 8 anos de 'Ansarismo' na capi ou, ainda mais, cantas iniciativas a prol de Galicia e do Galego foron rexeitadas no Parlamento Europeo cos votos desta xente agora tan entregada ó terruño. Mais, os cidadans tomamos nota e COPIAMOS estas reivindicacions tan xustas; seguro que haberá ocasión de lembrárllelas.