Google+

Ollar á obesidade de fronte mais con respeto

 

Traballar en AP me ten trasladado a unha situación na que podo contemplar o "antes" de moitos casos que vivía no quirófano e así trato de trasmitirllelo ás persoas afectadas.

A "Enfermedade crónica baseada na adiposidade" (1) é o mais grande problema de saúde dos humanos, adoitabamos a pensar que era do "mundo desenrolado" mais dadas as enormes desigualdades tamén nos países menos desenvolvidos a obesidade é un problema de saúde... entre clases "diverxentes"; unha pandemia con tódalas letras.

Temos diversos problemas para obxectivar esta enfermedade porque teimamos en empregar de xeito habitual unha escala, o índice de masa corporal (IMC), que ven sendo como si medísemo-la estatura a palmos no lugar de cun tallímetro.

Nesta peza recén publicada (2) baseada no estudo retrospectivo dun gran biobanco no RU e os rexistros de mortalidade pescudan cales medidas da adiposidade se asocian de xeito mais certeiro coa mortalidade e atopan que:

Un marcador óptimo da adiposidade tamén debería proporcionar asociacions coherentes entre os diferentes niveis de adiposidade medidos polo IMC. A diferenza do IMC e o Indice de masa graxa (IMG que se obten nas básclas de bioimpedancia tamén chamadas "analizadores corporales"), a asociación entre el Índice Cintura cadeira (ICC) e a mortalidade non difiriu entre os cuantis do IMC.

O estudo centrouse en poboación branca do RU mais ó incorporaren os datos do biobanco enténdese mellor que en moitos casos a distribución da graxa determinada xenéticamente pon en alto risco cardiovascular a persoas non só "obesas" segundo o IMC senon tamén con "sobrepeso" e "normopeso".

 

Esa distribución da graxa determinada xentéticamente ou posiblemente medidada por disruptores quimicos (3) constitue unha tremenda barreira á hora de marcar obxectivos acadables para as persoas afectas creando frustración tanto no paciente como no profesional.

Non seren quen de xestionar axeitadamente esa frustración pode conducir a actitudes pouco profesionais ou unha aparente inacción por parte do paciente; de ahí ó conflicto ou a chamada "gordofobia" só hai un paso.

E como sempre a "necesidade" estimula ós "pillos" e os avances da ciencia percurados ou atopados se convirten nunha pedra filosofal que chega a ser venerada nos altares dos eventos "profesionais" sen sequera un chamamento á precaución porque nensequera se sabe ben porqué esa droga funciona... nun problema tan prevalente e con tantas implicacions conviría seren mais coidadosos.

ou non.

Bibliografía:

1-Definición da enfermedade crónica baseada na adiposidade: American Association of Clinical Endocrinologists & American College of Endocrinologist https://pro.aace.com/sites/default/files/2019-04/ABCD%20on%20Obesity%20%20.pdf

2-Khan I, Chong M, Le A, et al. Surrogate Adiposity Markers and Mortality. JAMA Netw Open. 2023;6(9):e2334836. doi:10.1001/jamanetworkopen.2023.34836

3-King2022-12-19T11:25:00+00:00, Anthony. “Are Everyday Chemicals Contributing to Global Obesity?” Chemistry World, https://www.chemistryworld.com/features/are-everyday-chemicals-contributing-to-global-obesity/4016664.article. Accessed 22 Sept. 2023.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input