Google+

ICARUS para non caer do ceo con estrepito

Falamos neste blogue con reiteración da oportunidade de aprendizaxe e mellora que significan os eventos adversos (EA) e os incidentes.

A sanidade é un entorno complexo no que as interaccions a distintos niveis de diferentes axentes e a diversidade de circunstáncias provoca que mais veces das que quixeramos a propia asistencia sanitaria sexa un risco para os usuarios.

Dentro desa complexidade o quirófano é un dos espazos que mais risco representa dada a naturaleza agresiva das intervencions cirúrxicas o que debera facer prioritario coñece-los incidentes e EA que neste eido acontencen para mellora-las medidas que os eviten ou cando menos os mitiguen.

Mais xustamente esa complexidade afecta tamén ó feito de notificar incidentes e EAs facendo difícil cando non inútil... así pois cando coñecín o proxecto ICARUS-S (The Intraoperative Complications Assessment and Reporting with Universal Standards) visualicei o seu valor: Normaliza-la notificación e avaliación dos EA intraoperatorios (EAi).

O proxecto rexistrouse no espazo de Guidelines de Equator-Network e como ensaio de cohortes en clinicaltrials.gov plantéxase como unha iniciativa global e interdisciplinar en 5 fases:

Antes da enquisa levouse a cabo unha recopilación de bibliografía en 2 sensos:

*Unha revisión de alcance sobre avaliación e notificación de EAs intraoperatorios (composta por 3 revisions sistemáticas de EAs en intervencions cirúrxicas específicas).

*Unha revisión sistemática sobre sistemas de clasificación para gradua-los EAs intraoperatorios.

A partir deses achádegos configurouse unha enquisa global que empregou a metodoloxía Delphi en duas rondas para preguntar polos 13 criterios propostos:

*Calquer estudo que informe dos resultados pericirúxicos debe inclui-los EAi.

*Cada EAi e a súa definición deben ser informados ou referidos.

*Cada EAi debe notificarse empregando un dos sistemas de clasificación propostos (ClassIntra, EAU, esquema de clasificación da gravedade dos EAI o Satava modificado).

*Cada EAi debe notificarse por separado polo seu grado de gravidade.

*Os EAis relativos á anestesia, ciruxía ou malfunción de equipas deben notificarse por separado.

*O número de EAis e o número de pacientes afectados por EAis deben notificarse por separado.

*Cando sexa preciso; as condicions clínicas prexistentes, variantes anatómicas atípicas e o funcionamento defectuoso dos equipamentos cirúrxicos asociados a un EAi debe notificarse.

*Si un EAi requerise a conversión dunha ciruxía (pasar dunha abordaxe a outra) tanto o EAi que causa a conversión como a acción desenvolvida deben notificarse.

*Os EAis deben notificarse incluindo o paso da ciruxía afectado polo EAi ou asociado co EAi.

*A avaliación dun EAi debe informarse do seguinte xeito:

    - Si o EAi se detectou durante o procedemento cirúrxico debe facerse unha xuntanza de avaliación ó remata-lo mesmo
    - Si o EAi non se detecta durante a intervención debe notificarse en qué intre se fixo evidente no curso postoperatorio.

*Debe notificase o manexo dos EAi.

*As consecuencias dun EAi deben notificarse como:

    a) Sen consecuencias postoperatorias
    b) Con secuelas postoperatorias non permanentes
    c) Con secuelas postoperatorias permanentes
    d) Que requiren reintervención
    e) Morte posoperatoria

*Informar dos trocos no curso clínico asociados a calquer EAi.

O proceso e o resultado final publícanse neste paper: Cacciamani GE, Sholklapper T, Dell’Oglio P, Rocco B, Annino F, Antonelli A, et al. The Intraoperative Complications Assessment and Reporting with Universal Standards (ICARUS) Global Surgical Collaboration Project: Development of Criteria for Reporting Adverse Events During Surgical Procedures and Evaluating Their Impact on the Postoperative Course. European Urology Focus [Internet]. 15 de febrero de 2022 [citado 24 de febrero de 2022]; Disponible en: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S2405456922000396

Ós participantes na enquisa se nos invitou a formar parte dos grupos de traballo e se expediu un certificado  da nosa participación.


É innegable que para mellorar hai que coñecer os problemas e que a visión dos problemas depende de cómo estén contados. A concatenación de pasos que rodean a unha intervención quirúrxica apuntan a multiples fontes de risco asíncronas e omnidireccionais polo que "o relato" dende dentro se fai imprescindible e si queremos da-lo paso a podermos buscar causas mais aló do contexto concreto ese relato debe ser o mais estandarizado posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input