Google+

Lyme e os lobos

A natureza é equilibrio e o equilibrio é un estado dinámico no que calquer novo elemento pode significar un troco irrecuperable. Como axentes de saúde as enfermeiras debemos coñecer cales desas alteracions nos equilibrios da natureza poden acabar afectando á saúde das poboacions ás que coidamos.



A borreliose ou enfermidade de Lyme é causada pola Borrelia burgdorferi e que é transmitida polas carranchas, en concreto a Ixodes ricinus que é un parásito de roedores e herbivoros dos nosos montes.

En novembro de 2018 vimos cómo o parlamento europeo avisaba sobre o incremento "alarmante" desta enfermedade e dictaba unha resolución que dí na parte declarativa:

O. Considerando que la enfermedad de Lyme, pese a ser muy conocida para la ciencia médica, continúa infradiagnosticada, especialmente debido a las dificultades que surgen a la hora de detectar los síntomas y a la falta de pruebas de diagnóstico adecuadas;
P.  Considerando que con las pruebas de detección utilizadas para la enfermedad de Lyme no siempre se pueden obtener resultados precisos, como ocurre, por ejemplo, con el test Elisa, que solo detecta una infección a la vez;
R.  Considerando que, a menudo, la profesión médica formula recomendaciones obsoletas sobre la enfermedad de Lyme en las que no se tiene suficientemente en cuenta la evolución de la investigación.

A verdade é que a min si que soaba esta doenza mais como algo "raro", así que consultei alguns internistas sobre a dispoñibilidade das probas diagnósticas, a posibilidade dunha infradeclaración da EDO e a posiblidade de invisibilizar a doenza no CMBD por unha mala codificación.

As respostas foron mais orientadas a que ás veces non se chega ó dignóstico porque se confunde con outros cadros e melloran co tratamento así que non se piden a probas específicas. Disponse dos medios axeitados para o diagnóstico en laboratorio e unha vez feito este a declaración e codificación non ten porqué fallar.

Porén mais aló da xestión "clinica" eu quería engadir que hai elementos que poden semellar colaterais mais acadan gran importancia. 

Martiño Nercellas é biólogo e amigo deste servidor e fai énfase no papel que xogan os predadores carnívoros no control da poboación dos herbivoros que vehiculan ás carranchas portadoras da Borrelia:
As condicións ambientais de temperatura e humidade, coa vista posta nos efectos do cambio climático, xunto cunha alteración de índole humana (por chamalo desa maneira) da comunidade de carnívoros silvestres, cuxas poboacións desestructuradas pola presión humana, propician un fenómeno de dispersión ambiental de expansión ilimitado deste carracho, que pode explicar o repunte da Borrelia en moitas zonas de Europa.
Nesa entrada Martiño cita diversos artigos sobre cómo a falla de carnívoros silvestres se relaciona coa expansión das enfermidades vehiculadas polos herbivoros ó que quixera engadir a tese de Susana Remesar sobre a crecente poboación das carranchas en Galicia reseñada por GCiencia que, ademais, inclue a presenza de patóxenos doutras doenzas como a rickettsiose ou o anaplasma.

As enfermeiras no medio rural non só están chamadas a ser proveedoras da asistencia sanitaria senon que han de actuar como axentes de saúde pública e para elo teñen ser conscientes do delicado dos equilibrios da natureza e advertir dos riscos da alteración eses equilibrios por parte das comunidades ás que coidan.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input