Google+

O día dempois...

Onte entrou en vigor un troco normativo de calado no sistema de saúde español, un troco que é complexo de entender e que xera un gran debate político e ético tanto entre os profesionais como entre a cidadanía.

Os datos para este debate son TODOS sesgados, sesgados pola propia experiencia, sesgados polos medios de comunicación, sesgados polas afinidades e odios de cada quen, sesgados polas emocions...

Son fillo da emigración galega e teño que admitir que a miña visión do tema está condicionada por elo... e non só a miña visión da lei en si senon das reaccions políticas que rodean á súa posta en marcha. Como profesional o teño claro e xa o puxen nun tuit en Maio...


Pero Son libre de facelo? Como enfermeira en atención especializada coido que sí porque o 90% da miña actividade está mediada pola actividade de outros profesionais e as facetas independentes da miña acitividade non son susceptibles de sufrir bloqueos "por falta de TIS"; pero Noutros ámbitos?

Facer un ECG non debera ofrecer problema porque dada a nula identificación do doente que fan os trebellos e a sua escasa integración no sistema se poden facer como si se lle fan a un maniquí.
Extraer unha analítica non ten menor problema, pero identificala (outorgándolle un número único ó doente) e, sobor de todo, procesala... hai unha tremenda barreira que se pode solventar actuando co doente como si de unha urxencia se tratase, o que, seguramente, limita o número de parámetros que se poden solicitar.
Realizar unha proba de diagnose por imaxe: dependerá do tipo de proba e do medio... mentras nalguns centros os equipos xa están integrados en PACs e non se pode documentar unha proba sen identificar ó doente (e voltamos a precisar 'facer trampa' e metelo como urxente) noutros poderanse facer sen atrancos.
Das recetas non debera falar pola miña condición... pero si aínda chegan papeis con cuño de consulta como indicación será que se pode topar unha artimaña... outra cousa é o financiamento da medicación...
Preocupame especialmente a inmunización e vese que tamén a aqueles que teñen dous dedos de fronte que incluen o "perigo para a saúde pública" como motivo de asistencia gratuita.

Supoño que hai grupos que se están organizando con estratexias para superar estas trabas eu só escribo por darlle saída á parte emocional que me sumerxe nesta fonda tristura... Outra volta pagan xustos por pecadores... Están seguros os que esto idean que van conquerir así que un mafioso ruso ou un opulento brasileiro non se fagan cunha TIS para acceder a unha prótese, unha córnea ou outra carísima prestación? Calibraron o prezo en vidas de nega-la asistencia continuada ás persoas enfermas? Calcularon a sobre carga en urxencias? Calcularon o sobre custo dos preitos por falta de asistencia?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input