Teño a invitación ó congreso da blogosfera sanitaria da Fundación Gaspar Casal aínda que non sei ben si a invitación foi por este pequeno espazo ou por que o meu mail figura nalgunha base de datos dos cursos da fundación. Eu non sei si acudirei porque xa en Xuño teño que ir a Madrid a un curso e...hai unha casa que levar.
O que si vexo claro é que o xeito de nos comunicar ten trocado tanto que ata escomenza a se dicir que os "seis graos de separación" quedaron reducidos a catro (como se ve nos twetts do accidente do airbus de air france)
Así que si outros congresos sanitarios aínda son parcos no seguimento instantáneo ou a súa virtualidade é discutible dende o punto de vista da inmediatez do feedback este tenta xa que se vexa o futuro agora.
Recentemente se celebrou o UnSUMMIT; un congreso sobre a tecnoloxía de código de barras empregada na sanidade , en concreto sobre o seu emprego "a pé de cama"(#BPOC): pois ben, tódalas novidades do congreso foron 'transmitidas' polo twitter coa etiqueta #UnSum10. Un exemplo do que circulou:
@JFahrniAdemais, dada a inmediatez do medio o filtrado de contidos debese mellorar para centrarse nos aspectos de interés propio.
Auto-programming of smartpumps reduced IV admin process from 17 steps to 7 steps #unSUM10 #BPOC that's big for nursing
As bombas autoprogramablees reducen o proceso de administración IV de 17 a 7 pasos, eso é importante para a enfermeiría
A cuestión agora é identifica-las etiquetas pertinentes ó noso foco de interés (#ptsafety por ex.) e, para as organizacions, ser quen de por unha etiqueta 'a circular' e que a xente a siga sen variala. Claro que haberá que tentar crea-las etiquetas apropiadas para os contidos noutras linguas, ou non, que en 140 caracteres o problema non é tanto o idioma como a tendencia ó emprego de "linguaxe sms".
A clave de todo esto está na vontade de partillar, de espallar coñecementos, datos, oportunidades... enfocando na mensaxe e sen satura-la canle.
Enfermeiras: Feliz día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input