Como se pode apreciar, dende Abril rexistrouse un claro incremento no número de visitas que se viu implusado, sobor de todo, polas orixinadas en percuradores (google o mais senlleiro), ainda que porcentualmente o tráfico provinte de blogues da listaxe de blogues amigas foi moi superior.
Ainda que a maioría dos visitantes seguen a ser españois, o maior incremento dase en paises latinoamericanos.
Malia á baixada de visitas nos derradeiros meses do ano eu síntome moi satisfeito polo incremento da participación vía comentarios e pola abundancia de visitas que permanecen mais de 30" na páxina.
Para rematar esta primeira entrada de 2009 indicar o meu agradecemento a tódol@s visitantes e seguir solicitando as vosas opinions e comentarios sobre o que se publica; así mesmo agradecer ó comité avaliador pola concesión da acreditación WIS da que percurarei seguir sendo merecedor.
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada