Google+

Comunicar ou codificar..

Non ten este blogue intencions linguisticas senon mais ben reflexivas e comunicativas, malia elo, como xa me teñen referido sobre o tema voume entreter nel nestas horas de calor extrema que fan de teclear unha 'actividade física' aconsellable.

Ben eu nascin en Venezuela e alí me criei ata os 7 anos na creenza de que o que os meus pais falaban entre eles e co resto dos amigos galegos cos que pasabamos as fins de semana e as festas era un 'mal falar', un non saber froito da ignoráncia. Nas viaxes de vacacions e, sobor de todo, ó estuda-la literatura e a lingua no colexio descrubrín con grande pracer que o cantaruxar da voz no que me criaron é un idioma de seu, coas súas orixes própias, as súas regras e un amplo abano de persoeiros de moi diversas disciplinas, intelixentes e inxeniosos que se expresaban nela con grande fortuna e acerto.
Xa mociño, no instituto, o grupo de amigos vimos que o galego é un tesouro que nos chegou malia moitas dificultades, persecucions, mortes, desprestixio e mentiras ás que se viu exposto e que eramos (e somos) afortunados de telo no noso "haber" e decidimos; libres, rebeldes e soberans como nos sentiamos das nosas vidas 'poñelo en valor' de xeito que fose non un "toque folclórico" senon o vehículo de comunicación que debe ser toda lingua que se teña por tal.
Acadou tal afondamento esa nosa conclusión que chegamos ó exercicio de "pensar en galego" como expresión mais normal do correcto uso do idioma. Aínda hoxe sego a "pensar en galego" e non só iso, tamén "soño en galego" o que, sen dúbida, vos resultará extrano dado que case ningúen lembra nin o que sonou...

Chega nesto a 'cuestión' profesional na que o meu traballo require moita comunicación. En primeiro lugar coas persoas ás que atendo e ós seus acompañantes cos que SEMPRE emprego a lingua na que se atopen mais cómodos e na que eu acade a maior taxa de transferencia de información en ámbolos sensos da comunicación; a lingua galega foi, moi a miudo, unha ferramenta fundamental para chegaren a coñecer qué lle preocupaba ós doentes, como entendían o que tiñan, o que se lles facía e o que terían que facer en adiante respecto do problema que lles atinguía. Incluso agora, en Ponferrada teño que emprega-lo galego nalgunha ocasión para comunicarme con doentes (sobor de todo cos de fala Portuguesa).
Mais o blog é outra faciana da 'cuestión' profesional, unha faciana mais dirixida a iguais, con mais perspectiva científica que percura contacto con outros traballadores da sanidade e a difusión de contidos e ideas do noso facer; e nesto veño de facer diferenciacions non estrictas mais sí concretas para decidiren en que idioma escribo as entradas.
Polo xeral emprego o galego cando fago reflexions persoais, cando me lanzo en tromba sobre algo que me preocupa ou cando falo 'dende dentro' do que vexo e penso; teño feito algún artigo ou reflexión científica en galego porque sempre o vin como normal e, nalguns casos, escribin as entradas en galego e castelán e logo decido como publicalo mais iso non é práctico i existindo traductores...
Nos derradeiros tempos, dende que dispoño de google analytics, fago as referencias mais científicas en castelán en atención os numerosos visitantes de iberoamérica (con especial cariño a Venezuela) e ó resto dos peninsulares que dín ter algunha dificultade co galego.

Coido que así vos pode quedar debuxado o tema linguistico deste blogue que, polo demais, acepta encantado aportacions (e non só comentarios) en calquer idioma peninsular i en inglés, francés e italiano si me apurades...

3 comentarios:

  1. Para min así, en galego, está PERFECTO.

    ResponderEliminar
  2. Respeto profundamente la elección de cada persona a comunicarse en el idioma de su elección. Pertenezco a una comunidad bilingüe mi primer puesto de trabajo fue en otra diferente también bilingüe y traté de aprender el idioma.
    Creo que hay que aprender a compartir y a convivir.

    ResponderEliminar
  3. Me gusta leerte en gallego. No puedo decir lo mismo que tu, desgraciadamente he vivido la imposición de una lengua (si, la he vivido en la escuela, en la iglesia acompañando a mis abuelos en los años 70, y la vivo hoy día cuando no me entienden en un restaurante o en una tienda habkando catalán en mi propia tierra). Existen impedimentos a poder expresarte en tu propia lengua que van más allá de condicionantes profesionales o personales.Yo también pienso en mi lengua y, día a día, me duele tener que escribir, presentar, elaborar, cualquier proyecto o documento en otra lengua que no es la mía porque como todo ha de ser corporativo en mi empresa. Por supuesto, no mw sobra ser bilingüe, lo que me sobra es que deba tender a una de las dos que no es la lengua materna
    Adelante con tus entradas en gallego, eu gusto ler en gallego! Segueix així!

    ResponderEliminar

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input