Google+

Delirio

Agora, entre os ardores da fiebre a mialxia e o medo o "dragón" que cuspe lume dentro de min cando tuso, tiven un intre de lucidez no que vin "completo" o que os medios de in-comunicación nos ofrecen a anacos interesados.

Trátase sen dúbida dun problema de mercado laboral e como tal debe ser abordado pois os parámetros que loitan son oferta, demanda e prezo.

Estamos diante dun grave desaxuste entre os facultativos que se formaron no sistema (sobor de todo na especialidade de MFyC), as prazas creadas tanto en formación (Especialidades hospitalarias 'xerais') ou na própia asistencia sanitaria (Atención 1ª) e a competencia laboral introducida pola entrada do espazo común europeo coa chegada de especialistas de outros paises (ou españois formados noutros paises) e a marcha de especialistas españois atraidos por mellores condicions económicas e laborais.

Nembargantes e malia a estes desaxustes continúase cunha política d "peche" dos centros e prazas formativas nun coñecido sistema caciquil que controlaba dende a residencia os posibles destinos dos especialistas formados creando "parcelas de poder". Mais o problema da escaseza de facultativos en especializada ten unha localización moi concreta: Os hospitais comarcais.

Son moitas as eivas que para un especialista recen formado teñen os centros comarcais clínicamente ofrecen pouco incentivo na práctica diaria e na oportunidade de innovación e formación continuada; as poboacions nas que se situan estes centros tampouco ofrecen, polo xeral, moitos atractivos para as familias desas persoas. Evidentemente, entre as solucions propostas están aquelas que inciden no factor prezo; si ben pagar mais nos centros pequenos pode ser un incentivo non será este o remedio único. A creación de servizos "unificados" entre os centros de referéncia e os comarcais podería axudar a resolve-los problemas puntuais en casos de baixas, vacacions, e/ou permisos de formación; permisos que haberá que favorecer para estes facultativos.

A todo isto se lle engaden as consecuencias de dúas decisions europeas que dificultan a xestión da atención continuada e as interrelacions profesionais.

Por unha banda a normartiva coñecida como "das 48 horas" que xa ten produciod diversas sentencias e ainda está por ver como se resolve pois o tema da "xornada complementaria" é algo esperpéntico e cáseque esclavista pois non se entende que tódolos traballadores dunha mesma categoría teñan xornadas totais diferentes e tamén está a consideración das horas de localización (a disposición ou en activo) e das propias horas de guardia pois tanto unhas como outras están en debate de si son ou non computables.

Por outro lado a introducción do espazo europeo de educación superior (declaración de Bolonia) que fai desaparecer "formalmente" a diferencia entre licenciaturas e diplomaturas poñendo sobre a mesa a aplicación de medidas racionais dende o punto de vista da eficiencia que xa foron experimentadas nos anos 80 cando a escaseza de Axudantes Técnico-Sanitarios e aparición da diplomatura en enfermería impulsou a aparición dos títulos de FPII. Neste aspecto non é de estranar o "combate" que está a acontecer ó redor da "lei do medicamento" e a capacidade de prescripción e as campañas dos colexios profesionais en torno a elo. A solución deste debate quedará formalizada na lei mais na realidade a enfermería seguirá a prescribir medicamentos...¿ou non é prescribir decidir si un doente "precisa" ou non un medicamento?.

Logo está o tema do "prestixio"... Coido que del xurde realmente a división dos médicos pois ainda alguns coidan (e actuan) como "super···" cando, en realidade, esa figura esta cada volta mais lonxe tanto entre a poboación como entre os novos titulad@s. Agora médicos teñen que asumir o seu papel de traballador especializado (mais traballador) cunhas condicions laborais ás que respostar e das que pedir contas e a administración debe de deixar de tratalos coma unha "nube tóxica" e gañalos para o sistema ou este estará perdido. Un "currito" non pode ir só dúas horas a sachar si lle pagan 7 por moitos anos de formación que teña e por moitos anos de servicio que leve sobor de todo si outros como el SI piden os seus DEREITOS laborais (reducción de xornada, baixa por paternidade etc.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input