Google+

Os medios de comunicación públicos promoven a pseudociencia

De seguir traduzo a entrada do blogue "ciencia Kanija" sobor do papel de RTVE na promoción da pseudociencia homeopática... por desgracia non é mais que unha mostra de como os medios de comunicación públicos caen en tendencias nada rigorosas nin periodistica nin científicamente por mor duns puntiños no share...
__________________________________________________________________________

A promoción de pseudoterapias i estafas varias na televisión nacional é un feito tan lamentable como extendido. Nembargantes, en certas ocasions resulta flagrante e reiterativo o que esixe unha movilización.
É o que pensou a xente de "¿Qué mal puede hacer?" cando, dias tras día, vian como dende o programa “Saber Vivir“ integrado en "Las mañanas de La 1", a televisión pública estatal, se promoven terapias sen contratado valor terapeútico.


Diante de tal esperpento televisivo, decidiron enviar unha queixa formal ó "Defensor del espectdador" recabando sinaturas e adhesions á súa queixa, tal e somo se pode ver no seu blogue.
A queixa, asinada por 549 persoas e 17 colectivos, foi enviada o "defensor do espectador", quen se comprometu a dar resposta nas ondas...
O resultado non puido ser mais insatisfactorio, e até ofensivo, diriamos.
Non se fixo mención explícita da queixa interposta, senon que, no seu lugar, respostaron á queixa de outro televidente, Javier Prieto, limitada exclusivamente á homeopatía.
Resulta evidente a manipulación e a falla de respecto que mantén o espazo "RTVE responde" ninguneando unha queixa exposta por tantas persoas e colectivos, limitándose a respostar sómente a un dos aspectos, e sen realizar nengunha investigación sobor da materia nin o espacio que o publicita.
Poden velo vostedes mesmos no video da emisión ó redor do minuto 12:05

Estimada Pilar León:
  • Non existe ese suposto debate que vostedes levan á televisión. Non, ó menos, o nivel científico que se lle presupon a unha licenciada en farmacia. A homeopatía, en mais de 200 anos, non curou a ninguén, non se sosten nin a nivel teórico, contradecindo tódoloque coñecemos sobor de química, física, bioloxia e saúde e non exite ningún estudio serio que avale a súa terapia. Tamén existen opinions sobor que a terra é plana e que o holocausto xudeu non se deu... ¿Van levar eses debates ó seu programa? Como profesional, e mais nun medio de televisión público, o que debería é informar verazmente, non promover unha estafa.
  • Cando vostede dí, en alusión ós supostos medicamentos homeopáticos "que son medicamentos" debería cita-la lexislación vixente:
    Artigo 56 Criterios que se cumplirán os medicamentos homeopáticos para rexistrarse polo procedeCriterios que han de cumplir los medicamentos homeopáticos para registrarse por el procedimiento simplificado especial
    Para obter o rexistro simplificado dun medicamento  homeopático se trerán que cumprir as seguintes condicions:
a) Que a súa vía de administración sexa oral ou externa.
b) Ausencia de indicación terapeútica particular na etiqueta ou en calquer información relativa ó medicamento.
c) Que o seu grao de dilución garanta a inocuidade do medicamento, en particular, o preparado non deberá conter mais de unha parte por 10000 de tintura nai nin mais dunha centésima parte da dose mais baixa que eventualmente se empregue na medicina alopática de aqueles principios activos cuia presenza nun medicamento alopático imprique a obrigatoriedade de presentar receita médica.
É dicir, que un medicamento homeopático, que é simplesmente o zucre mais caro que lle van vender na vida, debe indicar claramente que NON TEN ACCIÓN TERAPEÚTICA, e simplesmente debe garanti-la inocuidade. O que ven sendo que o zucre non cause mal a ninguén.
  • Dí vostede que as farmacias non se poden negar a vender productos homeopáticos. ¿Seguro? A ver, a ver




No enlace faise referencia á Farmacia Rialto, de Madrid. Tamén debería vostede dicir que, a día de hoxe, só hai 12 "medicamentos" homeopáticos autorizados en España, todos membros da familia Lycopodium, do que é laboratorio titular en España a empresa DHU, malia que o producto non está comercializado. Sendo que, as farmacias só están “obrigadas” a vender Lycopodium, suxieto a prescripción médica, un producto non comercializado en España, e sí, poden negarse a vender homeopatía, e ser responsables cos seus clientes indicándolles que lles están estafando.



  • Dí vostede que si mañán se demostra que non funciona, deixará de vendelos. Esta actitude demostra unha grave falla de profesionalidade pola súa parte, quitándose da foto e convertíndose nunha simple despachadora no canto de investiga-las probas e ser honesta e responsable co seu negocio e, principalmente, cos seus clientes. ¿Qué mais probas precisan? ¿Ata cando se escudarán en argumentos falaces e mentiras para seguir promovendo esta estafa?
 _________________________________________________________________________________

A bó seguro que coñecedes outros programas nos medios públicos nos que se lle dá voz e se promoven toda clase de estafas pseudocientíficas... 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input