Nestes días lemos unha nova escaramuza goberno central-autonomías por 'quitame aló esa (in)competencia' nesta nova versión imperante dende 2006: o goberno central coida que as suas competencias son invadidas polos autonómicos. A cousa quedaría neso si non se tratase dun tema tan necesario de abordar como difícil de solucionar: O gasto farmaceutico.
I é que dende que "Madrid non paga" cada quen se ven buscando unha solución para frear o incremento da factura en fármacos; factura que, como todas, ten dúas compoñentes básicas o nº de productos e o seu prezo; sobre este segundo factor se veñen traballando centos de iniciativas algunhas que semellan algo efectivas e outras non tanto pero a que agora se debate ten o plus do "valor". Existe unha clara diferencia entre o poder de 'prescribir' e o de financiar e por esa fenda se meteu o SERGAS tras moito esperar unha solución colectiva 'dende arriba' e lanzou o "catálogo priorizado de medicamentos" (.PDF) que en 42 páxinas delimita por cada principio activo ou combinación e dosificación, envasado e vía unha serie de presentacions que son financiadas e, importante, as que non o son.
Habería que colocar esto na "intrahistoria" dese servizo de saúde en concreto; servizo que xa fai uns anos lle conferiu ós propietarios de oficiñas de farmacia (señores titulados que traballan co sistema pero non no sistema) o poder de troca-la precripción dos facultativos e dispensar outras presentacions que "ofrecesen similares efectos e mellores prestacions financieiras". Visto que isto foi como poñe-los raposos a coidar das galiñas (azuis) pois...
Estabamos diante dun precipicio e... demos un paso ó fronte. O devandito catálogo ten outra característica que o fai rechamante: quen o aplica. O catálogo está a ser aplicado por IANUS que é a plataforma tecnolóxica de Hª Clinica na que os profesionais reflexan a súa laboura (nota mental: porque facer, o traballo faise en ou con doentes por moito que non se lles poda nin mirar á faciana para poder poñer todo no ordenador) e onde 'prescriben'....ou pensan que prescriben porque acto seguido o sistema devolve o prescrito "adaptado" ó catálogo... enton, quen prescribe?
A conselleira cifrou en moitos, moitísimisimos cartos o aforro a conseguir con esta medida... non o dubido; polo menos aforraran os incentivos por prescripción de EFG... xa o fai o programa, porqué pagarllelo á xente?
Unha medida así de "novidosa" non podía ter menos que resistencia... en primeiro lugar, como dixen, do goberno central que 'sinte' invadidas competencias... e poder negociador. En segundo lugar; algunha (a maior) organización de profesionais prescriptores que sinten atacada a "liberdade" de prescribir... pero eu quero chama-la atención sobre os silencios (polo menos nos grandes media).
O silencio da industria soa a "deixar facer" confiando en que o goberno central deteña esta iniciativa... cousa que me extrana tendo en conta a efectividade mostrada polos gobernos deste país en facer cosas polos cidadans... ou será por iso? como non se trata dos cidadans senon das industrias e os seus inversores/accionistas pois igual son efectivos. O silencio dos propietarios de oficiñas de farmacia que logo dunhas cantas sancions por trapicheos varios prefiren a axilidade dun sistema no que xeran dereito de cobro con só escanea-lo medicamento detras da TIS do usuario. E, claro, o silencio de outras organizacions de profesionais prescriptores (ou que aspiramos a selo) que...
En fin, a cousa hai que seguila de perto polo que poda ir pasando en varios planos; porque: Si o sistema se trabuca, como pode demostra-lo prescriptor que él prescribiu XXX e foi o sistema o que puxo XYX causante do que fose? Quen e como vai a explota-la abondosa base de datos sobre prescripción por doente(idade, sexo, lugar, características...), patoloxía, profesional presciptor(individuo e profesión)... unha base de datos que en boas mans daría I+D+i para moito e que seguro que fai xemer a mais dun 'estudoso do mercado'?
E mentres alguns seguro que prefiren isto a que 'prescriba' unha enfermeira.
EDICIÓN 5/1/11
Non quería deixar pasar en silencio o documento de "difusión" elaborado pola consellería non polo que dí; senon polo que non dí. Noraboa a quen o elaborou, unha lección de "galeguidade" total: Non che digo que non, pero che digo o contrario ··· Como che digo unha cousa che digo a outra. A única 'non-verdade' que se pode aducir é:
Se a súa marca comercial se atopa no catálogo como produto non priorizado, o seu médico elixirá un produto equivalente para xerar as súas novas receitas
Enténdese que elixirá ··· si quere poder imprimi-la receita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input