Usos sospeitados e insospeitados



Estaba ben claro que só era cuestión de tempo e de paciencia para que se lanzara o emprego das tecnoloxías do entretemento na atención sociosanitaria unha vez que estas tecnoloxías avanzaron ata o punto de abandoar a pasividade e permitir ós usuarios un emprego activo e saludable. Como toda nova ferramenta se pode entender que para empregala ben hai que ter certa práctica pois se fai un taller e xa está.



Agora virán os torneos de Wii no canto dos torneos de cartas ou dominó? penso que unha cousa non quita a outra e que haberá quen non queira saber nada desto; por outra banda os xogos de baile, de ximnasia e similares semellan unha boa opción de ocio segundo que situacions.



Dempois de todo si xa empregabamos xogos como a Kororinpa para adestrar ciruxans cáseque os poderíamos empregar para calquer cousa.

A tecnoloxía ofrece estos usos que teñen que ver co aproveitamento de recursos coñecidos pero, qué dicir de descubrimentos non tan previsibles e que terán usos insospeitados como eses vermes que poden ser dirixidos mediante nanopartículas imantadas... a existencia de pensamentos tanxenciais constitue a vantaxe dos que percuran innovar.