Google+

Volta � "Chole"

I é verdade verdadeira... non os pode deixar sós un nen un minuto que enseguida che fan un estropicio bárbaro.

E non foron; por fin, a dar cun substituto para Don Juan en pleno mes de Xullo?. Pois si que che é mala leche... así o home pode ir de vacacions tranquilo sen as preocupacions do traballo. E o novo pois terá tempo de aterrar e decidir se fai trocos ou non; pois como é coñecido os grandes da xestión (e doutras facetas como o fuchibol) sempre levan cosigo a súa equipa. Non penso entrar a comentar ren sobre si coordina ou non coordina ou se cobra e non traballa ou está realmente de vacacions... sintonizade "radio macuto" na cafetería.

A min, como enfermeiro, preocupame mais o que sucedeu na FH Alcorcón co contaxio a varios doentes oncoloxicos co virus da hepatite C durante unha sesión de quimioterapia... Supoño que os xestos mecánicos de emprego de xeringas para cargar medicacions ou o emprego de un mesmo suero para heparinizar varias vias, en fin, algo rutinario... negome a inclui-la hipótese da voluntariedade e tamén (ainda que semelle increible vindo de min ) a creer que se debese a politicas de aforro en material funxible; pois calquera sabe que o maior aforro na sanidade se consigue no persoal e na tecnoloxía e que o aforro encolerizado en material funxible da nun deterioro da calidade que perceben os propios profesionais do seu traballo, diminuindo a autoestima e o valor que se lle dá a ese traballo. Ainda rodaran cabezas que "Masca" para eso non ten tembleque.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input