Google+

Os deberes por facer.

Vou aproveitar que se achegan as eleccions para xunta de persoal para facer capítulo das reivindicacions que, no meu xeito de ver, deben levar os representántes LABORAIS dos traballadores da sanidade pública ás diferentes mesas de negociación.

OPOSICIONS E TRASLADOS
  • Remate da santaopextraordinaria sen menoscabo do cumprimento rigoroso da legalidade nel establecida (a 'rolda interminable')
  • Convocatoria regular de traslados e oposicions segundo a normativa vixente.

REFORMAS DOS ESTATUTOS
  • Eliminación da obrigatoriedade da "xornada complementária".
  • Articulación dos dereitos de protección (por violencia de xénero, mobbing etc.) e de conciliación da vida familiar e laboral mediante o traslado (definitivo e/ou temporal) como procedemento administrativo (sempre que existan vacantes no destino solicitado) e non como potestade.
  • Posta en marcha dunha carreira profesional real que motive ós profesionais e incentive o traballo de i en calidade, investigación e docencia

MELLORA SOCIOLABORAL
  • Posta en marcha de guarderías cos horarios necesários e tarifas ventaxosas nos centros nos que se detecte unha demanda deste servixo
  • Implantación dunha tarxeta de transporte nos centros nos que sea preciso cunha notable diferencia coa tarifa normal ou gratuito
  • Traballar a tódolos niveis (concellos, consellerías, ministérios, xuntas veciñais) para conquerir faclidades para os medios de locomoción non contaminantes (carris bici, aparcadoiros etc.)
  • Posta en marcha de economatos para os traballadores das áreas sanitárias


Logo reclamaría un autoexame serio do que se fai realmente coas horas sindicais e desa xa comentada laboura de oposición política que, ó final non se sabe si vai ou ven e senon xa veredes como actúan no caso do CentroSS de Villablino.

Carreira

Non, non me trabuquei de blog...

Na derradeira entrada; cando argumentaba as interferencias entre os actores do "mundillo" sanitario pasei por riba da carta do presidente do "Consejo de colegios profesionales de diplonados en enfermería de Castilla y León" (enfermeriacyl) que entraba na negociación aberta cunha serie de esixencias:

  • Que a carreira non sexa reversible

  • Que a retribución da enfermeira sexa o 80% ca do médico cifrandoa en 2500€/ano para o 1º grao

  • Que se pague con caracter retroactivo a 1º de Xaneiro de 2006.


Mais agora quero eu por os meus argumentos enrriba da mesa.

Dende que se publicou a primeira referéncia lexislativa á carreira profesional no B.O.E dentro da lei 16/2003 (.pdf) de cohesión e calidade do SNS e, na súa articulación legal, tanto na lei 44/2003 (.pdf) de ordenación de profesions sanitarias como na 55/2003 (.pdf) do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saude a característica mais repetida nos textos legais respecto a este sistema de recoñecemento é:INDIVIDUALIZAD@.

¿Que veño a dicir con isto?; sinxelo: Dúas persoas con 20 anos de traballo NON teñen porqué ter o mesmo grao de recoñecemento. Ou non. Porque as variantes implicadas poden ser moitas e os meus 'tiros' van por outra parte.

Si no "Informe del Grupo de Trabajo del Consejo Asesor de Sanidad: "Carrera Profesional de las Profesiones Sanitarias" de 2002 (copia google) se dí:
La finalidad inmediata de cualquier modelo de Carrera Profesional es la motivación e incentivación de los profesionales sanitarios
¿Que motivación pode ofrecer unha vez acadado certo grao si este non se pode perder?. Para facer unha nova escala de antiguidade ("quinquenios") podémonos aforra-las comisions de negociación, as de avaliación e de recoñecimento e... Coido que está clara a miña posición. A carreira profesional DEBE ser reversible nos seus graos mais altos. Pois Experiencia non é igual a tempo traballado.

Outro tema moi diferénte é a seriedade, obxectividade e rigorosidade dos criterios, indicadores, estándares e métodos de avaliación da actividade profesional individual, das publicacions, investigacions e docencia.

Como xa referín cando coñecin o "borrador inicial de carreira profesional da GRS" outro tema a ter en conta vai se-lo traballo extra que estas avaliacions van supor; tanto si se empregan comisions (como dí o documento) como si se reurre á "revisión por pares" (coma en Canarias) a cantidade de informes i "elementos de apoio" vai supor unha auténtica marea de papeis sobor de todo nun primeiro momento cando a nosa 'madurita' plantilla (idade media 38) solicite consecutivamente os 3 niveis (5 anos de servizos prestados por nivel) que lle poden corresponder.

Cecais por iso moitos servizos de saude nos que xa está implantada a carreira profesional caeron no erro de non facela reversible e de incluir escasos criterios de avaliación... Pan para hoxe GASTO para mañan.

A miña proposta é que os dous primeiros graos dispoñan dun sistema de avaliación mais sinxelo: autocumplimentable, contrastado entre traballador e superiores e recurrible via "pares", pero mais completo e rigoroso e que NON sexan reversibles.

Os seguintes dous graos deben ser reversibles e ter un sistema de avaliación tanto de acceso como de permanéncia mais detallado (comisions mixtas entre administracion, colexio e sociedades científicas, docentes e profesionais; informes externos e revision "por pares" segundo o aspecto a avaliar) e con vías de recurso por parte dos interesados (Tamén un 'sistema de arbitraxe')

A creación dun quinto grao reversible e con "numeros clausus" pode ser unha ferramenta de xestión a ter en conta.

Cada pao a sua vela

En tódalas facetas da vida i en tódalas actividades humanas non cabe dúbida que sempre temos en mente un ideal que tentar conquerir, mais tampouco é de dubidar que ese ideal soe trocar segundo as circunstáncias.

Dende que escomencei a miña andaina profesional veño criticando certas 'interferencias' entre os distintos axentes que interactuan no eido sanitario. Agora ese 'Guirigai' plásmase institucionalmente no Consello Galego de Saude un órgano presentado onte pola conselleira de sanidade co galo de animar á cidadanía "a participar nas decisións en materia de sanidade". Mala participación si neste consello consultivo só 6 representantes dos seus 48 membros proveñen das asociacions de consumidores mentres que 22 son de 'designación política' (administración autonómica, FEGAMP e diputacions) co que resultará doado acala-la opinión dos usuarios.

E que se pode pedir nun eido no que os sindicatos fan mais labor de oposición política que reivindicación laboral impulsados, iso non se pode negar, polos resultados: Cada vez que unha 'nota de prensa' sindical fala de problemas na atención sanitaria a cadea acción-reacción leva a administración a sentarse nunha mesa a negociar. Mentras que si se reivindican Garderías para o persoal (maioritariamente femenino), transporte subvencionado/gratuito ó centro de traballo (maioritariamente nas aforas e con horarios pouco compatibles),Roteiros e aparcadoiros seguros para bicicletas e outros medios de transporte non contaminantes, Economatos (Coa cantidade de persoal que teñen a maioría dos centros a lóxica oferta-demanda xogaría a prol dos compradores)... si se reivindicara iso... ren.
Xa a imprescindible formación continuada estivo abandoada ó voluntarismo dentro de cada institución e logo foi entregada a unha fundación (Por certo, ¿integrarase a FEGAS no SERGAS?) que tardou ainda un pouco en ofertar uns programas descentralizados e non focalizados só na xestión (cecais lles falta agora internarse na senda do 'desenrolo modular' e os convenios coas universidades).

Que se pode pedir cando os colexios profesionais semellan sindicatos cando non empresas de "venta de puntos" ou esperpentos do século XIX organizando ceas e desfiles de moda... E digo esto tra-lo recente comunicado do Presidente do 'Consejo de Colegios (...) de Castilla y León' no que textualmente dí "Son los sindicatos los que tinen que negociar los temas laborales, cuestión que respetamos profundamente..." para a continuación detallar a posición do colexio na negociación da carreira profesional co SACYL incluindo porcentaxes, retribucions por nivel i... a esixencia de que a carreira NON sexa reversible. Eu coido que iso é entrar nunha negociación como un elefante nunha cachareria.

Logo temos ás asociacions de profesionais científicas ou administrativo-políticas (léase FADSP) que teñen o difícil papel distinguir os problemas na práctica profesional e os problemas que a organización e a limitación dos recursos pode xerar. Asociacions que, como os sindicatos, soen dicir que falan 'en nome dos usuarios'... e volto ó punto inicial.

¿Quen debe falar no nome dos usuarios? é a cuestión fundamental.
¿Qué quere conquerir a sociedade do seu sistema sanitario e canto pensa investir nel?.

Son galego, non esperariades que rematase facendo unha afirmación.

Compromiso vergoñento...

Xa fai 2 anos escribira eu sobor deste tema xusto denantes dos trenes da morte... naquela campaña electoral o tema pouco saira nos medios de in-comunicación social mais aló das nosas montañas...

Mais desta volta, nunha hábil manobra bastante ben artellada coido que dende dentro (incluso arríscome a dicir que dende o concello), a situación do Centro Socio-sanitario "valle de Laciana" foi posta en evidencia.

Como moitos outros investimentos do (ó meu entender) inxusto "plano do carbón" os cartos públicos (sen importar a súa orixe) foron empregados coa finalidade de facer propaganda política mais sen cumplir co seu verdadeiro obxectivo: Prestanen sevizos os cidadans.

Mágoa que ainda non están colgados os videos na páxina de "Proteste Ya¡" mais xa volos porei... Gonzo estivo xenial e, de paso, lle fixo publicidade a Leitariegos.

Das verbas do 'consejero' de sanidade eu deducín que se van decantar polo "modelo Alzira" de concesión administrativa (porque dixo 'licitación')... i é que non se escarmenta en cabeza allea... Falta de respeto á legalidade, Axendas de quita e pon, Maior endebedamento, Maior retraso no pago ós proveedores, maior endebedamento cos centros concertados. Mais non pensedes que só o SACyL vai tomar esta opción; xa sabiamos que as 8 "bromas de Espe" non tiñan outra via; mais alí o P$o€ recurriu... ¿farao eiquí tamén?.

Edición 9 de Marzo



CQC xa colgou a correspondente páxina co artigo e os vídeos (.WMF).

O cadro financieiro e a xestión enfermeira

Coa traida e levada reforma do estatuto de autonomía de cataluña virá, como xa se da por descontado (como na bolsa), unha nova reforma do sistema de financiamento. Os feitos son que guste ou non temos un estado federal no sanitario con un peso cada vez menor (no financieiro) do goberno central mais ainda con evidentes incoherencias... se hai 5 anos o xogo de "eu invito, paga Madrid" era a moda nas autonomías coa sanidade transferida hoxe está trocado i pode que sexa "Moncloa invita que pagan outros..." o cal é tan inmoral como o primeiro.

Sobor de todo esto veño de ler un post interesante no blog de José Repullo (Salud Pública en acción) sobor desta nova situación na que, por primeira vez, os gobernos autonómicos poden sentir o peso da responsabilidade. Certamente, como dí un dos comentários, semella unha fuxida cara adiante repartindo o "marrón" do infrafianaciamento en 17 mais pequenos; mais a esas escalas se verán mellor os resultados das medidas que se toman tanto no eido recadatorio coma no control das diversas compoñentes do gasto (sempre que se teña capacidade real sobor delo)... serán precisas outras reformas mais fondas para darlle algo de equilibrio a esto i esas reformas só poden sair EN CONXUNTO do consello interterritorial.

Na mentres cada quen se organiza como pode tanto na sanidade como na atención sociosanitaria (unha faceta do gasto ainda por ESTOURAR) e seguen a aparecer diversos modelos de xestión de centros, de implicación clínica na xestión etc. mais ¿quen avalia estas 'probas'?... os feitos: Hai experimentos que teñen data de caducidade mais ainda non se escoitou a ninguén explicar que é o que fallou.

E falando de implicación na xestión: Coido que por este eido os nosos "superiores representantes" (colexios e sindicatos profesionais) están a deixar un valeiro tremendo e están a desbotar unha oportunidade de IMPLICACIÓN REAL da enfermeiría nos resultados da atención sanitaria e sociosanitária; xa o feito de que a xestión e administración dos servizos de enfermeiría non conte cunha especialidade própia vai ser un obstáculo para a tan cacarexada 'profesionalización da xestión' (se cadra lle crean unha Área de Capacitación Específica mais ¿dentro de cal especialidade?); mais alarmante dende o meu punto de vista é que tódolos experimentos de implicación dos profesionais na xestión teñan a enfermeiría nun segundo termo ou simplemente coma un servizo auxiliar... Hai que toma-la iniciativa neste aspecto pondo en valor as capacidades de xestión da enfermeiría con respecto á loxistica dos recursos materiais, o seu axeitado manexo i emprego e ó aproveitamento de oportunidades de mellora. As capacidades de xestión no deseño e desenrolo dos circuitos que acheguen a atención sanitária a seren un feito único e non o paso por unha serie de "caixas negras" que semellan non se relacionar...

Ainda non, mais xa se achega...

Dende que se publicou o Decreto de especialidades quedou aberta a posibilidade de accederen á via escepcional que regula a disposición transitoria segunda; Eu mesmo me preparei para elo: Solicitei o certificado de servizos prestados e preparei un escrito conforme ó modelo; mais non a envei...Porque ainda está pendente a orde conxunta dos ministerios de sanidade i educación para desenrola-lo proceso escepcional e como indican na Web:"constituirá unha orientación fundamental para os interesados en solicitalos e conterá como anexo o "Modelo de solicitude"., como queira que os requisitos para obtares a unha especialidade se deberán completar con anterioridade á publicación no B.O.E. da primeira convocatoria E.I.R. desa especialidade e o prazo para dita solicitude remata ós seis meses da dita publicación, pois non semella haber prisa... A Comisión de estudio para redactares a dita orde (que porá os puntos sobor das ies) ainda se vai constiuir en Marzo.

Sería convinte que o recente buzoneo do colexio (polo menos o de Ponferrada) fose algo mais informativo e non tan "mete presas"; moit@s compañeir@s ainda non se aclaran ben co tema e moit@s ignoran que tódalas tarefas que se desenrolan en Atención Especializada (agás Pediatria, Matrona e Saude Mental claramente minoritarias) quedaron no "caixon de sastre" da Especialidade Medico-Quirúrxica, en troques, o superespecializado e complexo (técnica e tecnolóxicamente) traballo de atención primaria vai ter unha especialidade en exclusiva (i excluinte; senon, ó tempo). Mesmo a pouco promocionada web de especialidades enfermeiras non aclara moito estas cuestions.

2006 Pendentes

Facede de conta que a enfermería escribe unha "carta de reis":

Desexos para o 2006:
Que remate o vacile da santaopeextraordinaria e que se cumpla a lei de 1999 sobor de selección de persoal do SNS (traslados e OPE cada 2 anos).

Que se poñan en marcha as especialidades enfermeiras aprobadas no 2005; a súa estructura formativa (para o acceso EIR), as probas de acceso e o procedemento escepcional... e a creación de prazas para que eses especialistas exerzan no SNS sen menoscabar á enfermeiria base.

Que se remate o proceso de adaptación das titulacions (proceso Bolonia) cunha titulación digna para a enfermería sen que elo signifique vantaxes inxustas para as persoas que posuen "títulos phantasma".

Que a colexiación deixe de seren obrigatoria e os colexios se deixen de politica e "vida social" (bailes de salon, festiñas, agasallos...) e se adiquen á difusión de oportunidades (emprego, novas tecnoloxías, formación continuada...), desenrolo profesional (fomentando os traballos de investigación, I+D+i, publicacions rigorosas cientificamente, orientación respecto da actividade profesional individual ou privada)...

Que os sindicatos profesionais deixen de face-lo paripé con outras formacions e coa administración e se adiquen a traballar para a enfermería.

Que as xuntas de persoal dos hospitais públicos deixen as reivindicacions políticas e sociais en mans de quen lle corresponde (partidos, asociacions de ususarios, colectivos profesinais) i ESIXAN melloras socioeconómicas para os traballadores (transporte público GRATUITO, gardería, economato, instalacions axeitadas...).


Supoño que tratandose dunha bisbarra mineira as posibilidades de conquerir carbón son maiores que en outras zonas...

A web mais desexada.

Supoño que se fará curioso este comentario sobre a web do SACYL en galego, mais; para min, o código é o de menos.

Si en Agosto me laiaba eu da falla dunha web onde me informar de primeira man sobor do decreto regulador da xornada laboral, agora podo dicir que a espera rematou.

Nestes días de nadal foi presentado o "Portal de Sanidad de la Junta de Castilla y León".

Portal de sanidad JCyL

Na área profesional queda moito por desenrolar sobor de todo nos campos nos que as TIC son un factor de valor engadido como son a formación (hai algun link de autoformación mais é só para médicos), o acceso a datos estatisticos (poderían ser configurables coma as do INE)... supoño que é un pouco pronto de mais para chegares a conclusions, o importante é que xa está en marcha e haberá que facer uso del e facer critica e comentários constructivos para que as melloras vaian chegando. Nun primeiro intre podería plantexarse que existe certa orientación cara a atención primaria mais non é así e, si o fose, estaría xustificado pola lonxanía "isocrónica" na que se traballa nese medio. mais, ¿teñen acceso os profesionais nestas cricustáncias á web?; e ainda mais interesate; ¿tendo punto de acceso non podería este portal aportar mais apoio tanto no eido administrativo como na atención sanitaria?.

Cunha web non se pecha unha carencia, se abren moitas posibilidades.

Mais aló do boton vermello.


Agora que os meus vellos andan tamén co trebello ese da teleasistencia que non deixa de ser mais ca unha alarma portatil (vale, con confirmación telefónica) o certo é que viña eu cavilando en que unha vez que unha persoa dependente ten unha liña telefónica fixa serían mais cousas as que se poderían facer...

Foi entón cando lin esta nova en Código Cero e me sorprendin de ver o cerca que estaban as miñas 'phantasias' destes 'proxectos' de realidade.

Tratase dunha colaboración entre a UDC e a UVi con empresas privadas e apoio institucional; cun obxectivos iniciais mais ben modestos e realizables que poden servir de 'enganche' para futuras aplicacions... dempois de todo:¿non fixeron nestes 10 anos do "monocultivo da vellicie" unha industria en algunhas bisbarras?. Cando estudiamos enfermeiría sempre se nos dicia que a Xeriatria representaba unha grande oportunidade no campo dos coidados e que era o "territorio enfermeiro" por exelencia pois nel as relacions profesionais adquiren mais equilibrio.

É de agardar que coa tecnoloxía se poda demorar ou evitar o ingreso en centros colectivos de quen non o desexe e tamén será posible ofertar certas asistencia e instruccions que melloren a vida dos nosos maiores.

EDICIÓN 30/12/2013

Aínda que semelle que non ven ó conto dado que os meus velliños xa finaron os dous quería comentar que a phantasmada que vaticinaba nesta entrada debeu ser tal porque como moitos outros casos de "pilotite" nunca se soubo en qué deron os fondos públicos.

Por outra banda si estades interesados na teleasistencia pode que vos veña ó caso a tese de Santiago Martínez Isasi "Estudio de las condiciones sociosanitarias de una población de personas mayores usuarias de un servicio de Teleasistencia" (PDF) para ter un punto de partida.

Responsabilidad, Recaudación e Tabaco.

Na renovación tecnolóxica da web de diario médico incluiron, recentemente, unha sección de blogs; no adicado a saude pública que escribe Alain Ochoa lin este post:
Nada es gratuito
28/11/2005 11:32

Afortunadamente parece que lo peor ha pasado y, cuando vaticiné que la histeria duraría un mes, me quedé relativamente cerca del resultado final. Otro día les cuento el porqué...

Pero el desastre comunicativo (tanto por parte de las fuentes como de los medios) no está exento de secuelas. La próxima vez que se compadezcan de la presión asistencial que sufre el sistema, recuerden este teletipo que acaba de llegar:

Los centros de salud de toda España han registrado un aumento de visitas, en el marco de la campaña de vacunación de gripe común, a raíz de toda la información aportada desde instituciones y medios de comunicación sobre la gripe aviar. Así, los facultativos consideran que se ha creado un "miedo irracional", que ha dejado "indefensos" a diversos colectivos.

En una entrevista a Europa Press, el vicepresidente de la Sociedad Española de Medicina Familiar y Comunitaria (Semfyc), Asensio López, destacó que desde que comenzó la campaña de vacunación de la gripe común, "muchas personas" se acercaron "con inquietud" para preguntar qué podían hacer contra la cepa aviar del virus.

Por fortuna, hoy sólo ABC sigue dedicándole una página al H5N1, aunque lamentablemente desde la peor perspectiva posible, la de la polémica política a cuenta de si comprar o no una vacuna experimental. Pero parece que realmente el ruido general se está desvaneciendo: basta mirar la tele para volver a ver lo de siempre. En este caso concreto, y paradójicamente, es buena señal...
Ó que lle fixen este comentario:
Asimetria otra vez.

Es evidentemente existen varios factores que impiden que la información sobre temas de salud pública se ajuste de un modo racional para que cada alerta sea tomada en su justa medida sin falsas seguridades ni pánicos.

Desde mi punto de vista esto tiene que ver con la asimetria de conocimientos que existe no solo en la relación "personal sanitario-paciente" sino tambien en la relación "fuente de información sobre salud-difusor de información". También son evidentes intereses comerciales (luchas de audiencias) y politicos (causar sensación de control o de caos) en la difusión de noticias o en su reiteración.

La pregunta para mi es: Si el personal sanitário es responsable civil y penal de ciertas informaciones (y de su omisión) ¿no lo son tambien los medio de comunicación?.
02/12/2005 17:54
Xosé Manuel
E, para a miña sorpersa, o tema callou...
Nuestra responsabilidad
02/12/2005 18:54

No me resisto, porque no tengo motivo, a aplaudir al lector que ha hecho referencia, en un comentario, a la responsabilidad de los periodistas. ¿Deberían tener responsabilidad civil e incluso penal? La tienen, he de aclarar. El caso más evidente es la posibilidad de denunciar a un medio en caso de injurias o calumnias.

Pero hay también un control más informal. Un periodista certifica la fiabilidad de cada información que transmite con su firma. Al menos, certifica que su trabajo ha sido realizado de forma honesta dentro de los límites exigibles, aunque a veces logren engañarle las fuentes o embaucarle sin que el error final sea atribuible a una mala praxis periodística. Si un periodista, en cambio, peca de inético, inventa los datos que le faltan o "se la juega" con informaciones sin confirmar, está apostando nada menos que la credibilidad de su nombre, que en este negocio viene a ser lo que le da de comer a uno. No será una vía legal de responsabilidad pero, en un trabajo cuyos resultados son tan públicos, tiene su efecto.

Ahora bien, ¿debería llegar esa responsabilidad a la transmisión de informaciones de salud pública? Sí. Es mi opinión, claro. Pero sí, los medios tienen el gran poder de hacer eso que se llama "crear opinión" y son capaces de modificar en parte la agenda de prioridades de la sociedad, los temas de los que se habla. A veces para bien: véase el ejemplo de la violencia doméstica y de cómo una cobertura exhaustiva del problema en los últimos años ha contribuido a la sensibilización de la sociedad y de los políticos.

A veces, claro, esa influencia se utiliza para minimizar cosas importantes o magnificar otras que son triviales. Y todos sabemos, lo digamos en voz alta o no, que a veces es porque se hace política donde debiera hacerse información.

La cuestión es que si nos ponemos a meter multas o penas de cárcel por ese tipo de comportamientos, necesitamos algo o alguien que pueda fijar, con un cien por cien de objetividad, qué es importante y qué no. ¿Cuántas páginas puede ocupar el Barça-Madrid sin considerarlo una exageración en un mundo en el que mueren niños de hambre a cada segundo? ¿Qué juez decidiría qué le parece trivial y, por tanto, no merece un titular? Nuestro trabajo, nos guste o no, depende mucho de la honestidad personal de cada una de las personas que lo desempeña. Y usted, cada vez que lee una crónica, se está fiando de quien la firma. Usted no estaba allí. Se fía de quien sí estaba y le cuenta lo que pasó.

Como en todos los gremios, hay gente de fiar. Y, no se engañe nadie, hay gente que no. Pero no creo que la cobertura de la gripe aviar, en su exageración, haya sido obra de un oscuro complot de periodistas deshonestos. Hay un tercer grupo, entre los ángeles y los demonios, más numeroso de lo que padría parecer: el de los tipos honestos que tienen fiebre, insomnio, problemas personales o simplemente un mal día y de pronto meten la pata.

Lo que falla ahí no es que tengan o no el mismo grado de conocimientos que sus fuentes, como apunta el lector. Eso es inviable: un periodista no puede estudiar medicina y trabajar unos años para luego escribir sobre medicina. ¿Qué habría de hacer entonces, escribir únicamente sobre su especialidad, ya que no conocería completamente las otras? Los periodistas sanitarios deberían estar mejor formados, es cierto, pero siempre habrá una gran brecha de conocimiento científico entre ellos y los facultativos de verdad. Además, el tipo de meteduras de pata a las que me refiero ocurren en todos los malos días y no creo que sean fácilmente erradicables...

En mi opinión, lo que de verdad ha fallado es la capacidad de autocrítica de la profesión para evitar que un primer estallido del tema genere un efecto "bola de nieve" según el cual todos, de repente, necesitaban hablar de gripe del pollo. ¿Por qué? Porque tal o cual medio le estaba otorgando mucha relevancia esos días y uno no iba a ser menos, no fuera a ser que por tener criterio propio se equivocase.

Tampoco creo que toda la culpa de lo que aparece en los medios sea culpa de ellos. Admitan que no todos los expertos internacionales han contribuido a tranquilizar ni a la población ni a los periodistas... Pero, como ya he dicho en otra ocasión, creo que la crisis nos ha enseñado al menos que podemos hacerlo mejor. Me quedo con eso. Y con la esperanza de que se note en nuestro enfoque de la próxima crisis.


Mais, o desexo/esperanza expresado non ten mais eco que as nosas voces solitarías. O pasado domingo mentres facía tempo para a miña 'cita' semanal co deporte popular lin un periódico e quedei arrepiado... A "guerra que virá" xa está no aire ainda que se leve combatindo dende hai anos; refírome á famosa entrada en vigor da prohibición de fumar en espazos públicos e locais. No meu centro partimos do erro de base de dicir: "Pues a ver que pasa el día 1" e digo erro de base porque nos centros sanitários XA ESTÁ PROHIBIDO FUMAR DENDE HAI 7 ANOS co famoso "decreto Romay".

Os artigos en cuestión veñen a nos des-informar de unha 'patraña' moi extendida... Que ó estado sáelle rendible o consumo de tabaco pois recauda mais que gasta por este concepto. I é que, como ben nos ensinaron na Fundación Hospital Verín, a estatística é o arte da manipulación dos datos. ¿Que non se pode ter mais de seis meses de espera en consulta?; Non hai problema. Non se crea a axenda; a xente non se pode apuntar e non existe a espera... Con esto o mesmo; ¿que quero dicir que os impostos sobor das labores de tabaco non se deben subir como instrumento de saude pública?; pois saco unha comparación entre recadado en total e gastado só en relación directa sen contar co aumento de riscos en xeral para toda a poboación nin cos efectos sobor dos non fumadores nen...vamos, a 'configuro' para que dé o que me interesa e punto. Chégase a dicir que
"El tabaco merma una media de cuatro años la esperanza de vida de las personas, lo que hace que los fumadores ahorren al sistema nacional de salud los servicios sanitarios que no recibirán y las jubilaciones que dejarán de percibir, al haber fallecido."
Fáltalle eiquí unha referencia a Göebels que será santo da súa devoción, digo eu.

O outro artigo (que ven sendo 'a nai do cordeiro') tenta explicar porqué hai que incluir os tratamentos de deshabituación tabáquica no SNS. A min seméllame escrito por "Farmaindustria" en coalición con Altadis, que como ve que non vai poder vender tabaco mais tempo se quere apuntar a sacar á xente de onde a meteu.

O stress de dirixir...

Se fai uns 5 anos foi o Xerente do HC Valdeorras o que viu tupidas as súas arterias coronarias i en claro perigo a sua vida, nestes días A.R. Hevia está a pasar por un trance semellante.

Vai ser verdade que estas cousas son segundo un as tome... Se cadra non é cuestión de matinar en que un vai troca-lo mundo senon de ter só algunhas cousas claras e non sentirse presionado por responsabilidades inasumibeis.

Se estou a escribir esto é pola xente á que coñezo que se ten emBarcado nesto; sei da súa dedicación e temo tamém pola súa saude.

Coas alarmas acesas

!!!Capitan temos tódalas alarmas acesas¡¡¡...

Coma si fose a "Enterprise" baixo un ataque 'Klingon' o cadro de mando financieiro do SNS (¿ou dos SAuS?) está a botar fume. Os 'novos' responsabeis políticos da(s) sanidade(s) estanlle a ver as orellas ó lobo que xa anunciara F. Abril Martorell hai mais de 10 anos.

Mais, aquel informe que anunciara o incremento do gasto polo envellecemento poboacional, o custe tecnolóxico, a escasa cobertura que os seguros (sobor de todo os de automobel) dan das súas garantías; non contaba co grande número de extranxeiros (inmigrantes ou pacientes-turistas) que "fan uso" das prestacions do SNS, coa extraordinaria 'hospitalización' da atención sanitaria levada da man da perda de confianza do doente nas habilidades e coñecementos dos traballadores da sanidade (o que provoca un incremento de probas diagnósticas) e con que hai 10 anos a asisténcia socio-sanitaria estaba no berce e agora precisa grandes recursos se queremos manter a solidaridade.

Todo isto e mais ven explicadiño nun artigo do diario "el Pais" de onte titulado "La sanidad no aguanta" que fai fincapé non tanto na cifra todal do gasto (similar ou un pouco por baixo do que corresponde por renda) senon no incremento do gasto (ate o 23% anual) nos derradeiros anos.

A min non me gusta que se faga relación entre a descentralización da xestión da sanidade i este incremento pois o que coido que acontece é que esta descentralización sacou á luz unha grave deficiencia presupuestaria que se viña arrastrando dende hai tempo e quen negociou a transferencia dende o punto de vista "receptor" non tivo opción política de facer valer este plantexamento. Tampouco me agrada que, por unha banda se diga:
la buena relación calidad-coste de la Sanidad española descansa sobre la modestia retributiva de sus empleados
para logo dicir que ningunha partida de gasto se pode incrementar por riba da riqueza que xera o pais; ¿logo onde foron os dous CEROS que nos fixeron no 1996 e 1997 e que permitiron "cadrar contas" para a adhesión ó euro?.

¿Cara a onde imos?; semella que se van a plantexar algunhas medidas dolorosas e se van a seguir esquencendo outras necesárias... Vai voltar a sair o de o copago e se vai seguir a face-la 'vista gorda' coas aseguradoras de accidentes laborais e de automobel... É necesario revisar as prestacions e partidas económicas das persoas que non cotizan en España; se cadra introducindo unha claúsula neses convenios pola que eses extranxeiros serán atendidos "nas mesmas condicions financieiras que nos seus paises de orixe" sería dabondo pois con elo os que no seu pais teñen que pagar a factura por adiantado para logo recibir un rembolso non se sentirian "chamados" polo noso sistema.

Alegre tristura...

Como Platón sempre crein que os gobernantes non son os que ostentan o poder senon os que predican co exemplo.

Naquel "goberno dos sabios" os gobernantes farian a lei e serían os primeiros en cumplila. Coa chegada do novo goberno galego chegou tamén unha normativa sobre nomeamentos de postos directivos e mandos intermedios; unha normativa que sigue contendo o famoso "marxe de manobra" (a entrevista) mais que valora ou tenta valorar certos méritos e capacidades dos aspirantes; por desgracia no caso que me ocupa un dos 'méritos' incluidos é o de ter praza en propidedade como estatutario... Sei que hai moitos "afectados" e que o PPdG chegou a levar ó parlamento unha pregunta-ameaza deixando caer que podería recurrir por fraudulentas as decisions que tomen os cargos nomeados que non cumplan tan "inprescindibel" requisito. Eu fai 7 anos que teño o nomeamento e non me vexo mais capacitado por él, é mais, teño sentido moita vergoña ó ver como xente á que considero mais válida e motivada ca min segue "mendigando" vacantes...

O asunto é que mentres alguns dos implicados tomarán posesión en próximas datas (isto podería valer de excusa) hai outros que non e... hai que dar exemplo.

Alédame que se fagan as cousas legalmente; e non me veñan con excusas de que os outros facian tal ou cal; iso ós tribunais ou á prensa. Entristéceme que unha persona con capacidades, personalidade e sintonía axeitada non poda integrarse nunha equipa que precisa de xente coma él para unha misión difícil.

San Martiño's day...

E foi o 11 de Novembro; mira ti que non hai outros 364 dias no ano coma para non escollermos data tan sinalada. O que tardaremos algun tempo en sabermos é quen é o porquiño.

É a primeira vez que temo pola saude física e mental de alguén que asume unha responsablidade (ate lle chamo responsabilidade e non 'carguiño').

Na enfermeiria hai moito CARRETE que soltar e ainda non sentou e xa ten un "barullo no área", de sorte non lle faltará quen lle axude; digo eu.

Isto vai para longo...

Ainda hai poucos días que Swatchi lle pediu o ministerio que axilizase a santaopextraordinaria porque hai 26000 profesionais pendentes dela. Moita xente pensando no caracol e a súa casiña ás costas... e ¿que fixo o ministerio? pois publicou o día 2 de Novembro unha resolución que modifica a listaxe de persoas en expectativa de destino(.PDF): Isto abre novos prazos para presentar alegacions contra estas listaxes, para presentaren documentación de cara ó nomeamento en "expectativa de destino" e para presentaren a solicitude e a documentación para a fase de provisión. Total 2 meses.

Logo toca baremar a estas persoas e publica-la listaxe completa. Ay que risa tia Felisa.

E A MAREA REVOLTA...



E mentes Elmer 'fasendo amijos' á costa dos demais... ¿Non sabiades que os pactos non escritos están para saltalos?. Dí "Xabarín" que todo o bó remata e que xa estaba ben de connivencia. O fodido é aturar o mal rollo dos afectados sobor de todo si tes algúen íntimo na cúspide do tema; caseque mellor quedar na casa até que escampe.

Si, penso demasiado e mal; ¿que lle vou facer?. Agora iso si, cada quen ten as súas armas e pode pasar 'de tó'.

Onde dixen digo



Non podo deixar este post múltiple sen dar referéncia de que "a cascada" ainda está por chegar e que hai unha seman que se volta á rondar no tema... Eu coidei que ia ser Q non mais agora: "Onde dixen digo digo xerente".