
Neste caso, e empregando a rede WiFi do centro sanitario, pódese ter acceso os datos de monitorización obstétrica das parturientas ingresadas no iPhone unha vez autenticado.
Para empezar entrase no campo das definicions...os reguladores da sanidade non soen encadrar 'sistemas' nin 'intanxibles' nas súas competencias; dado que os programas informáticos non un obxeto, pois existe un 'gap'.
A lexislación e as axencias de avaliación tecnolóxicas deben ir tan deprisa como as inovacions que nos asaltan, actualmente a implantación de programas informáticos ven sempre da mán de novos dispositivos reais (trebellos) que deben ser 'dados de paso' mais... sendo o software o punto principal de desenrolo tecnolóxico moderno e os tecnogadgets móbiles os trebellos do futuro (teléfonos + PDA + ordenadores...todo nun) pronto - XA - a industria vai 'desbordar' á lexislación e poñer nas nosas mans programas que atendan necesidades sanitarias dende trebellos que non precisen permisos das autoridades certificadoras da sanidade senon da industria.
Remato cunha aplicación que marca o ritmo e avalía a calidade das compresións cardíacas na RCP básica empregando o acelerómetro do iPhone; en realidade fai unha guía completa de tódolo proceso de atención...empregando cal algoritmo? pois iso, que se pon en marcha un software de axuda á RCP que non se sabe ben qué algoritmos emprega...é só un exemplo, neste caso dunha aplicación de 'adestramento' (5,99$ na APPstore)







Protocolo Abreviado de Búsqueda de Evidencia. Jose Manuel Velasco
A Farola de Praga



0 Opinions:
Publicar un comentario en la entrada