Nova guia sen novidades e guias transparentes.
A organización mundial da saúde publicou o pasado día 20 unha guía actualizada das súas recomendacions de tratamento para os casos de gripe A que concorda no xeral co xa coñecido, mais que brinda unha idea da complexidade que ten a presencia desta nova cepa
Insisto en que hai que buscar o punto exacto entre a inhibición e o pánico e que os planos preventivos deben adoptase e, como en Inglaterra, facerse públicos... ¿que hai de malo en que se sepa que se pode chegar a chamar ós profesionais recén xubilados ou a suspender actividades non esenciais?. De feito, os británicos ate asinaron acordos para garanti-los ingresos dos Médicos Xerais que visen afectada a súa actividade pola pandemia...
A guía de Recursos Humanos para o caso de pandemia é outro exemplo de transparencia. Pois inclue medidas preparatorias, políticas para a oleada da pandemia e para a fase posterior. Ten en conta cousas tan evidentes como que o peche de escolas (si se dese) afectaría ó absentismo non tanto pola enfermidade en sí senon tamén pola falta de recursos para atender ós fillos e plantexa:
Pode haber algunhas posibilidades de apoio ó traveso de redes locais de coidadores de nenos ou de APAs, aínda que é probable que sexa limitado, polo temor á infección.Tamén aborda os aspectos disciplinarios de cobertura legal e de posible 'rebasamento' da lexislación laboral.










A Farola de Praga

0 Opinions:
Publicar un comentario en la entrada