Google+

Mobilidade segundo a cor do cristal co que se mire

Bueno, aínda non teño claro como se resolverá o tema en cuestión pero teñolle dado moitas voltas e vou ir escribindo sobre elo...

Nos procesos de mobilidade interna dentro de calquer ámbito hai dúas ópticas principais que non son "A da empresa" e a "dos traballadores" senon a da "capacidade funcional" e a da "carreira profesional".

Un proceso deste calibre debe percura-lo equilibrio entre os coñecementos e as capacidades para a realización das funcions que cada posto de traballo esixe e a merecida oportunidade de quen leva cumprindo co seu papel axeitadamente e se ten formado para esa oportunidade.

Os eidos nos que se pode dimensionar a valía dunha persoa para un posto concreto están moi estudados na psicoloxía dos Recursos Humanos mais eu vou lanzar o meu punto de vista:

1- O coñecemento da área de traballo: Abranguería experiencia en áreas similares noutros centros e formación de postgrado e formación continuada en aspectos que teñan relación directa coa realización das funcions a realizar.

2- O coñecemento do centro de traballo: O tempo de servizo nun centro outorga coñecementos sobre o funcionamento interno que non se adquiren en cursiños e que non forman parte da formación de grao básica. O mesmo, mais con menor valoración se pode dicir da pertenza á empresa; pois é ben sabido que, por exemplo, cada servizo de saude se organiza de xeito diferente consonte as necesidades da poboación a atender.

3- A experiencia profesional en xeral: O tempo de traballo e a formación postgraduada e contínua noutras funcions deben ser tidas en conta na medida que poden proporcionar habilidades e coñecementos que axuden a resolver situacions novas ou a replantexa-lo funcionamiento actual do posto ó que se aspira.

Agora; ¿como se ponderan estes eidos?. Eu vexo claro que canto mais especializada e complexa é a área en cuestión mais se debe valora-lo apartado "1" mais nunca debe sobre pasa-lo 60% do total. Dentro de cada apartado se debe ponderar a experiencia laboral e a formación e tamén se debera ter en conta o traballo de investigación sempre que teña relación coa área á que se opta. A ponderación de experiencia e formación debe facerse con criterios funcionais da área á que se aspira, tendo en conta os plantexamentos ós que se vai a atender, as técnicas a realizar e as tecnoloxías implicadas nos procesos de atención.

Outra cousa é que se queira engadir ó proceso a realización de 'probas de selección' que poderan servir en áreas críticas para calibra-lo axeitamento do traballador ó posto tras un período de proba dabondo.

O que non vexo por ningures que outorgue mais ou menos capacidade para un posto de traballo é o tipo de contrato que se ten ou si ese contrato é coa empresa X ou Y (que non son a actual) do mesmo sector.

E así ¿cara onde imos?

Tras chuza-la nova do informe da asociación autodenominada "defensor do doente" cavilei longo sobor do tema e, lendo no seu web, non vexo intención nengunha de mellorar para que non volte a suceder senon mais ben unha clara intención xudicializadora e indemnizatoria do que xa non ten prezo: a saude perdida ou a vida... Non se trata de impunidade senon de seren constructivos porque, analizando ben os casos e as sentencias , nunha grande maioría ademais de que poda haber individuos inculpados (seguramente sen dolo); o mais seguro é que a administración da que dependa a institución en cuestión deba facer fronte pecuniariamente á indemnización sinalada polo xuiz segundo o seu criterio...

E ahí voltou a traballarme o maxin e lembrei as verbas de Aibar nas Xornadas sobre seguridade do doente cando solicitaba un pacto co poder xudicial e o que eu mesmo lle escribín ó señor Terol:
"Por último otra reflexión respecto a la seguridad del paciente. He estado rebuscando sobre las soluciones alcanzadas en otros sistemas sanitarios para este tema y he visto que algunos han diseñado seguros específicos para cubrir este riesgo tanto para el sistema como para los usuarios empleando valoraciones cerradas similares a los baremos que aquí se usan para las indemnizaciones por accidentes de tráfico... También he reflexionado sobre el "resarcimiento moral" que suelen pedir muchos afectados por estos EA y como se podrían encauzar mediante un sistema conciliatorio similar al que existe respecto al comercio minorista; organizado entorno a las asociaciones de usuarios y el propio ministerio, pero con caracter independiente."

sobre un sistema de conciliación para os casos concernintes á seguridade do doente ou tal e como teñen en Dinamarca un seguro que cubre estes riscos e sobor de todo un baremo indemnizatorio regulado segundo as secuelas tal e como xa existe para os accidentes de tráfico ou de traballo.

Neste derradeiro aspecto estase a traballar hai tempo:
en la actualidad, el Ministerio de Sanidad y Consumo “trabaja”, en colaboración con el Ministerio de Economía y Hacienda, el Ministerio de Justicia y la Organización Médica Colegial (OMC), en la elaboración de un Anteproyecto de Ley de Baremación de Daños Médicos que fije las indemnizaciones a percibir por los pacientes víctimas de negligencias médicas.
Segundo se pode ler nas conclusions das xornadas que a citada asociación fixo en Xullo deste ano e que recomendo ler para 'calar' por onde van os tiros desta xente.

Coa mutua desconfianza non se pode facer ren; nen un vai a estar tranquilo pensando que te vai a atender algúen que non é consciente do delicado do traballo que ten ante sí, nen se pode traballar coa debida concentración pensando que calquer cousa que non estexa baixo o control directo do responsable pode levar a un procedemento xudicial...

A interpretación, derradeiro chanzo da negociación.

Pois si, semella que "interpretar" o que quere dicir a lexislatura é o derradeiro avance no eido negociativo sindical.

Antes as leis, decretos, ordes e acordos puñan o que puñan e se algúen conseguia 'colarlle' unha redacción axeitada á administración pois esta tiña, por exemplo, que paga-la colexiación durante o período de tempo que pasou entre a publicación da norma co "erro" e a publicación da norma que o subsanaba. O mesmo acontece no SACYL co tema da xornada laboral e os famosos 2 días "non festivos-non laborables" (24 e 31 de Decembro).

Hai frases que soan moi bonitiñas e danlle moito aire de marcialidade a un documento, pero que ó estar definidas polas leis hai que ser precavid@s á hora de incluilas en textos que teñan valor legal pois neses casos o seu significado non é 'interpretable' polo que "se quixo dicir" senon que o acordo pon o que pon e só un acordo de igual categoría e coa mesma publicidade pode modificalo.

Poñamos por caso: "Sistema Nacional de Salud".

A súa definición establécese claramente no BOE do 25 de maio de 1986 nos artigos 44 e 45 da Lei Xeral de Sanidade: O conxunto dos servizos de saude do estado e dos servizos de saude das comunidades autónomas.
O emprego da frase "Sistema Nacional de Salud" mantense co mesmo significado nas leis básicas de desenrolo do actual marco lexislativo da sanidade:
Lei 41/2002 da autonomía do doente, dereitos e obligacions en materia de información e documentación clinica,
Lei 16/2003 de Cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saude,
Lei 44/2003 de ordenación de profesions sanitarias,
Lei 55/2003 estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saude...

Queda pois reflexado pola lexislación de rango superior o que é o "Sistema nacional de salud".

O que semallan non ter claro os membros das xuntas de persoal e/ou representantes das seccions sindicais nos centros sanitarios é que as leis que tan ben coñecen á hora de defini-la súa protección e o seu (escaso, por certo) dereito á negociación e que esta lexislación tamén establece DEBERES e que un deses deberes é respecta-lo ordenamento xuridico e tamén ser consecuentes cos seus actos e que os acordos tomados explicita ou tácitamente nunha xunta de persoal se toman como "Órgano colexiado"; é dicir coa responsabilidade de tódolos seus compoñentes.
Tampouco semellan saber os membros das xuntas de persoal que eles son os representantes de todol@s traballador@s do centro señan ou non afiliados ó seu sindicato.

Por outra banda é obvio, pero hai que recordalo que un 'acto inxusto' non é aquel que semella moralmente sinalable senon aquel que contradí o que ven escrito na lexislación; o que vai contra o que dicta a lei. Tamén postos a lembrar, lembremos que cometer un acto inxusto individual ou colectivamente sabendo que se comete dito acto só ten un nome: PREVADICAR. E tanto ten que o cometan persoas con responsabilidade directiva ou representativa, o 'acto inxusto' é punible do mesmo xeito.

P4PS

Bueno, desconectei e algo me ensinaron ainda que está por ver o que aprendín.

Nas III Jornadas Internacionales sobre Seguridad del Paciente da Agencia de Calidad del SNS adicadas ó papel dos doentes fronte ós Eventos Adversos recibín moita información, xeneráronseme moitas dúbidas i esperanzas, atopei xente que facía demasiado que non via e xurdironme esas peligrosas e despiadadas ideas que van logo pasando a proxectos e que, cando fracasan, tanto mancan...

Entereime, non me da vergoña recoñecelo, do programa da OMS sobre Seguridade do doente e, en especial, do programa "Doentes pola seguiridade do doente" cuio acrónimo en inglés encabeza esta entrada.

Trátase dun programa que pon o enfáse no que xa sinalei acerca da CALIDADE. O recoñencemento dos fallos (de tod@s, non só dos médicos como dí algún case con xenrreira) como principal ferramenta para a mellora dos resultados da atención sanitaria; enfocandose non no aspecto punitivo senon na análise e recuperación das ensinazas que encerra cada fallo para evitar novos sucesos.

P4PS pon en contacto a persoas que sufriron erros na atención sanitaria e que, dándolle un xiro 'en positivo' se dispoñen a contalo para que os profesionais, sobor de todo os de pre-grao, interioricemo-la máxima do xuramento "prima non nocere" e anlaicemos os datos i ensinanzas que, mais aló dos casos concretos, se atopan tra-las historias destes "campeons".

Repartiuse moita información, que xa está a disposición de todos na internet; e puidose albiscar unha certa coordinación e articulación entre os servizos de saude que compoñen o SNS e a propia ACSNS-MSC adaptandose cada servizo segundo as súas necesidades ás propostas xerais e xerando á súa vez iniciativas própias e convenios non só a nivel nacional senon internacional.

Bueno, eu pode que escriba algo mais; pero non hoxe que hai que ir 'facer sangue'.

Paused

Teño que deixar este blogue en "stand by" porque de escribiren agora podería ser procesado por inxurias ou algo semellante...