Google+

O Xeito e as presas

No eido da sanidade, xa o temos moi sabido os profesionais, cada avance DEBE levar o seu tempo e a seguridade debe primar por riba do posible beneficio (e non falo do beneficio económico) dunha medida concreta.

Claro que hai presions, mais sempre viñeron dende fora das institucions sanitarias en forma de xente traxeada... Iso non debera estranarnos o que si estrana é cando a presión a fai parte da administración sanitaria indo mais aló do ordenamento xuridico.

A vacina fronte o papilomavirus foi aprobada recentemente pola EMEA que é quen tiña que facelo e as novas medidas de prevención fronte ó terrible mal do cancro de cervix foron acordadas na comisión de saúde pública do SNS que é onde se tiña que facer.

Agora SI é o momento de que as administracions autonómicas se mollen e poñan en marcha as citadas medidas consensuadas con resolucion e, sobor de todo, con fondos. Será precisa unha campaña de información ben documentada respecto a ista nova terapia tanto para os facultativos (pediatras e xinecologos) como para os profesionais que as van a administrar; a estas alturas do desenrolo tecnolóxico e das TIC a ningúen se lle escapa que o mellor xeito de difundir un boletin sería o correo electrónico sobor de todo si a administración lle ten asignado un enderezo de seu a cada traballador. Tamén por este medio se podería facer un seguimento mais inmediato das dúbidas, atrancos e incidencias que xurdan no intre de aplica-las vacinas.

Os anúncios en prensa e as presions maniqueas NON son medidas de saude pública.

Mais perto da R.N.

Dende que escomencei a leer publicacions científicas profesionais me chamou a atención que nas provintes do mundo anglosaxón (a meirande parte e alguhas das mais importantes) as compañeiras enfermeiras citábanse como "R.N.". Mais tarde entendín que se trataba da abreviatura de Enfermeira Rexistrada e, dende aquela, o traducín como Enfermeira Colexiada aínda que eu son bastante reticente a iso da colexiación obrigatoria (por obrigatoria). Ó longo do tempo me confirmei en que dita referencia tiña que ver co xeito de legaliza-la práctica profesional neses paises e non co exercicio profesional en si mesmo.

Agora, no noso medio, coa posta en marcha dos rexistros de profesionais sanitarios consonte o dictaron a LOPS e o estatuto marco semella que se están a dar pasos para a distinción entre un rexistro de profesionais en exercicio (coido que polo de agora só no ámbito público) e pertencer a unha organización de profesionais que se adica -debera- á defensa dos seus intereses.

Nesa confusa función do CGE de REPRESENTACIÓN da profesión perante a administración mais aló dos aspectos formativos e profesionais é onde radica a maior parte dos roces coas organizacions que exercen a función de REPRESENTACIÓN dos mesmos profesionais no medio laboral. As 'zonas quentes' do negocio da Formación Continuada e a Saude Laboral vironse ampliadas nos 16 anos que levo nesto de tal xeito que moita forza de representación se perde adicandose a temas "fora de ámbito".

Pode que ista confusión representativa se deba á propia estructura do medio sanitario e das profesions que nel se desenrolan por esa falla de paralelismo entre a Formación Academica, O recoñecemento administrativo e o exercicio profesional do que xa teño falado. Mais cada organización debera 'centrarse' no que pode ser mais efectivo para os profesionais que cotizamos (obrigados e/ou voluntariamente) de tal xeito que se acade unha profesión autónoma, recoñecida, efectiva para a saude da poboación i eficiente para o SNS.

Por en común o obxectivo do avance profesional require asumir que só mediante a maior responsabilización das accions realizadas a diario se pode acadar o lugar singular que a enfermería merece e que o Sistema sanitario precisa nun intre de grande expansión cuantitativa (pola cantidade de centros e servizos novos) e cualitativa (polos desafios que a Lei de Dependencia e o pulo da I+D+i implican) e de reposicionamento dos roles profesionais debido á nova lexislación -LOPS- e á reforma educativa.

E chegou a hora da analise

Nunha conferencia-evento da fundación Bamberg en Madrid a conselleira tivo, por fin, a nobreza de expresar a ecuación pola que as novas 'oportunidades de xestión' son válidas mais as fundacions non.

Todo se resume en que as fundacions non actuaron conforme ó principio de autonomía co que se xustificaron ainda que non quixo entrar na valoración do 'modelo Alzira' por "carecer de datos"... É curioso que se prescinda das fundacions porque presentaban déficits contables e non se critique un modelo no que ó déficit xa foi aflorado nun ocasión mercede a un truco contable. Pensará a nosa conselleira que non coñecemos a historia dos contínuos déficits que veñen presentando os centros da "xarxa" catalana dende hai 40 anos, a fundación Jimenez Díaz e tódolos hospitais da administración nos que se tentou implantar o famoso contrato-programa?

Nen o modelo SIGNO no seu intre foi quen de identificar por onde se ian os cartos nos hospitais de tal xeito que o pagado pola actividade non chegaba para cubri-los gastos orixinados... E non, non eran as dilacions no pago da administración as que xustificaban (e xustifican) os altos custes dalguns suministros nos centros sanitarios nen a xestión draconiana do persoal sanitario ou non puido evitar que os índices de absentismo fosen os que son.

Pode que a centralización das compras permita conter en certa medida os prezos dos suministros mais comuns, seguramente a actuación de axencias de avaliación tecnolóxica e a obrigatoriedade do seu visto e prace conquira que os proveedores de tecnoloxía teñan que xerar novas estratexias para penetrar nos centros/servizos cos novos productos, pode que a externalización de toda a actividade non clínica cumprindo o paradigma da empresa privada de "adicate ó que sabes" disminua a conflictividade social nos centros ó prezo de aumenta-la súa complexidade de xestión diaria··· Hai moitas incognitas respecto ás novas alternativas para os centros de provisión de servizos sanitarios, pero cada vez resulta mais evidente que algo se está a facer mal nalgures cando hai centros privados que, tendo asignadas areas sanitarias SI acadan beneficios e os centros públicos non conquirer xustifica-lo seu presuposto coa súa actividade.

A evolución dos recursos

A obriga principal do seguro público é PRESTAR SERVIZO e para elo, dende sempre, se ten servido dos medios ó seu alcance tanto públicos coma privados consonte sinala a Lei Xeral de Sanidade.

Asi, temos moitos centros privados realizando prestacions específicas e/ou probas diagnósticas/terapeuticas a doentes con cargo ó seguro público. Temos, incluso, sectores de poboación (áreas de saude) que teñen como centro de atención especializada asignado un centro privado... Co tempo se ten chegado a tentar empregar a xestión privada cos própios centros públicos e, dende hai pouco, encarga-la construcción e xestión dos centros públicos a empresas privadas.

Nese camiño non debera sorprender que algúen avezado e con experiencia en EXTERNALIZACIÓN de servizos como o transporte sanitario ou a xestión dun centro periférico de hospitalización básica e urxencias realice técnicas terapeuticas puntuais nas instalacions públicas en horario non habitual facendose cargo do seguimento dos doentes ata darlle-lo alta. Non se trata mais que de unha prestación "por obra ou servizo" que, como calquer concerto puntual, remata cos coidados inmediatos á técnica/intervención realizada.

Outro conto sería (i é nalguns sitios) que a estes concertos se lles aplique o xa moi estudado CUSTE POR PROCESO e se incluan nel as consultas previas e de seguemento facendose cargo o prestador do concerto das atencións relacionadas co seguimento dos casos 'adversos' ou asumindo o custo deste seguemento polos centros públicos. Iso aseguraría a competencia en termos reais.