¿Realmente hai expertos alí arriba?

No número desta semana da Gaceta médica se inclue unha ampla reportaxe dunhas xornadas organizadas pola universidade complutense sobor do impacto da lei 15/1999 de protección de datos persoais(LOPD).

Si, ainda hai que estudar o impacto dunha lei que leva cáseque 8 anos aprobada... sobor de todo porque o posterior desenrolo normativo e as leis aprobadas posteriormente polos gobernos das faccions enfrontadas polo poder (que non polas ideas) ignoraron o disposto naquela ou simplesmente fixeron como quen non a coñecía.
Sorpréndeme ainda así a falla de análise 'a priori' dos efectos dunha lei que, verdadeiramente, introducíu aspectos positivos no eido da propiedade dos datos e que garante responsabilidade, dereitos e opcions ós cidadans.

Gustame a idea apuntada de que coa LOPD se rematou, en certa medida, co paternalismo na relación de confianza entre o profesional sanitario e o doente. Xa me gustaría que o sistema político-electoral tivese unha lei similar que rematase co paternalismo dos 'próceres' respecto ós cidadans.

A verdade é que sinto moita desazón cando leo que unha persoa con responsabilidade política naqueles gobernos que aprobaron o que, para ben ou para mal, veu a ser a verdadeira infraestructura legal do SNS actual; comenta case tímidamente que falla desenrolo normativo e plans de seguridade dos datos nos centros. Semella evidente que ningúen tomou en conta ó sector da sanidade na redacción da LOPD e que ningúen no MSC tomou moi en serio á LOPD cando se redactaron a Lei de ordenación de profesions sanitarias, a Lei de autonomía do doente, o Estatuto marco e (apurando a xogada) o novo Estatuto básico do empregado público.

Agora, a onda dos problemas ameaza ser coma un Tsunami de volta cara arriba. Os traballadores debemos ter en conta a existencia de sancions non só no referente ó emprego dos datos de doentes no traballo diario con eles, senon na recadación do obrigado consentimento tanto pola faceta da información estritamente clínica cara ó afectado e a súa familia como pola documentación da dita información e do correspondente consentimento para "cada unha" das actuacions que se desenrolen no proceso de atención. E, aínda mais, como a Historia Clinica pasou a ser propiedade do doente e non unha propiedade calquera senon unha que é obxecto por parte da LOPD da máxima protección e que está baixo a responsabilidade do centro e dos profesionais que nel teñen acceso á mesma os 'buracos' ou 'dehiscencias' entre a práctica real e o que manifesta a lei son significativos cando non alarmantes.

Mais o peor está no porvir... O desenrolo futuro da asistencia sanitaria precisa dun manexo masivo, rápido, interdisciplinar e integral dos datos clínicos dun doente. No plano administrativo se pode concretar na Cartilla de aseguramento ou no seu documento substitutivo; a tarxeta de asistencia sanitaria, que funciona como portadora dos datos administrativo económico que garanten o dereito á asistencia e aseguran o financiamento da mesma con cargo á administración que lle outorga ó doente dito dereito. Fariña doutro costal son os datos verdadeiros que precisamos á hora de atender a algúen. Disque se está a elaborar un modelo de tarxeta sanitaria... mellor dito varios modelos de tarxeta sanitaria (estatal e/ou europea) que conterían xunto cos sinalados datos administrativos outros de caracter clínico encriptados de tal xeito que só se podería acceder al eles dende certos termianis nos centros autorizados (non só centros sanitarios de primaria ou especializada; senon tamén farmacias, centros de inspección...) e baixo unha especie de "clave profesional" mais todo isto aínda é un embrión.
Polo de agora temos unha morea de papeis en cada centro e nivel no que se é atendido e que, repito, lle pertencen ó doente, mais que el non pode sacar do centro ainda que sí pode solicitar e opter copias da maior parte e, como aspecto problemático, exerce-lo seu dereito á cancelación...

Engadimos agora na sopa os ingredientes que lle otorgan verdadeiro 'sabor sanitario'; por unha banda a necesidade de conservar datos cara ó futuro para podermos facer investigación comparativa ou revisions de datos sobre efectos que se descoñecen agora, pero se poden sospeitar nun futuro... ocúrreseme, por exemplo, que no futuro se sospeite que un tipo de antibioterapia monodose que se lle receita agora ós nenos dentro de 20 anos se relacione coa aparición de problemas reproductivos; ¿como investigalo si os datos se DEBEN destruir ós 5 anos?. O mesmo criterio pode valer para xustificar a conservación de datos dende o punto de vista da administración á hora de estudar a eficacia i eficiencia dos centros. Tamén no aspecto da investigación por terceiros ou nas investigación multicentrica se poderían plantexar conflictos legais de dificil resolución.

Outro 'ingrediente' ainda mais novo ben engadido polo crecente emprego de información xenética e o seu emprego para outros fins que non se atopen incluidos no consentementeo expresado no intre da súa obtención.

INTERVENCIÓN POSITIVA

Quero destacar para rematar a intervención do presidente do consello xeral dos colexios (persoaxe ó que non lle teño especial cariño) que sinalou acertadamente que tanto a LOPD como a lei de autonomía do doente precisan que lles quitemos o 'burka' da visión medicocentrista e que se adapten ó novo entramado das responsabilidades profesionais recoñecido pola LOPS. A mágoa é que non se fixeran estas coherentes recomendacions ós gobernos que dictaron esas leis durante a súa elaboración pois supoño que, mentres outros estamos a 'facer sangue' de 8 a 15, nos despachos da sede do consello debera haber xente 'facendo estudo' a prioristico de todo o que concerne a nosa profesión e ó campo no que desenrola.

VAI DE MASTERS

Ler é o que ten; que se vai quedando algo...

O día das letras aprobouse a resolución da secretaría xeral do consello de coordinación universitaria pola que se lle dá publicidade á lista dos cursos de posgrao (máster e doutorado) oficiais (BOE 14 de Xuño). Estes son alguns dos que me semellaron mais interesantes para a enfermería.

(como é un post con moito choio vos adianto que lle irei engadindo ós masters a medida que poda)

XESTIÓN

Universidade de Barcelona: Master de liderazgo e xestión de servizos de enfermería.

Admisión: Diplomado de enfermería ou título europeo equivalente cos seguintes criterios:por orden de importancia son os siguintes:

1. Valoración do currículum profesional
2. Mínimo de dous anos de experiencia no ámbito da xestión
3. Formación en xestión no ámbito dos servizos de saude
4. Nota media da formación básica e pos-básica
5. Ter coñecementos dunha lingua estranxeira (inglés, frances, portugues...)

A docencia impartese en castelán e catalán.
120 ECTS; horario sen establecer, posiblemente 2 días ó mes de presenciais.
O prezo aínda non está publicado. Pendente dun decreto da Generalitat, calculade uns 20-25 €uros/ECTS

XENERALISTA

Universidade de Almería: Máster en avances en enfermería de coidados.(programa .doc 107 kb.)

Admisión: Diplomado de enfermería, valoración curricular por parte da comisión de posgrao da E.U. de ciencias da saúde.

120 ECTS distribuidos en 80 ECTS de asignaturas obrigatorias comuns, 25 obrigatorias en blonque (itinerario en algunha das universidades do programa interuniversitario), 15 Optativos.
A modalidade das ensinanzas aparece como "pendiente"
1512 €uros + taxas administrativas o 1º curso.

Universidade de Huelva: Master Oficial en Ciencias da Enfermería na orde ministerial aparece como: Máster en avances en enfermería de coidados

Admisión: Diplomado de Enfermería. Criterios de selección: Expediente académico, Experiencia profesional previa. Actividades de formación. Dominio de competencias en lingua inglesa e TICs.

120 ECTS distribuidos en 80 ECTS de asignaturas obrigatorias comuns, 25 obrigatorias en blonque (itinerario en algunha das universidades do programa interuniversitario), 15 Optativos.
Modalidade: Presencial e semipresencial.
Non precisa o custe.

Universidad de Zaragoza: MASTER INTERUNIVERSITARIO EN CIENCIAS DA ENFERMERÍA

Admisión: Título Universitario en relación cas Ciencias da Saude (Diplomados Universitarios en Enfermería, Terapeutas Ocupacionales, Fisioterapeutas e outros que se analizará de forma particular). Criterios: "se baremará el "curriculum vitae" del aspirante en relación con los siguientes criterios A) Expediente académico: un 30%. Media aritmética de las calificaciones obtenidas en el acceso a la Titulación. Matricula de honor 4 puntos. Sobresaliente 3 puntos. Notable 2 puntos. Aprobado 1 punto. B) Experiencia laboral y/o docente: un 40%. Por cada año trabajado 1 punto hasta un máximo de 6 puntos. Por cada año como docente contratado a tiempo completo en la Universidad 1 punto hasta un máximo de 6 puntos. C) Motivación: un 30%. Preinscripción en los dos primeros días 5 puntos. Preinscripción entre los días 3º y 5º 3 puntos. Preinscripción entre los días 6º y 9º 1 punto???. El 25% de las plazas se reservaran para personas que hayan finalizado sus estudios en los últimos 5 años"

O dos créditos tampouco o vexo claro... "En este Postgrado-oficial (Master Bolonia), puede matricularse de 42 créditos en lugar de 60 por cada curso, el primer año ECTS deberá realizar créditos troncales". O total dos dous cursos andará entre os 84 e os 120 ECTS.

A modalidade viña sendo presencial os xoves e venres con horarios de mañan e/ou tarde.

Prezo: 28,5€ por creto matriculado... (entre 2394 e 3420 os dous anos de master)

Forma parte dun programa compartido con varias universidades españolas i europeas e proporciona acceso ó doutorado oficial.

Universidade de Lleida: Máster en ciencias da enfermería.

Admisión: Diplomado de enfermería. Criterios de selección:non establecidos claramente; publicados en este documento (.pdf 123 kb)

120 ECTS 80 troncales, 20 obligatorios e 20 optativos (5 o primerio ano e 15 o segundo); como é un master interuniversitario algunha das materias obrigatorias se pode facer noutra universidade.
Idioma de impartición: Non se especifica.

Modalidade: "Tempo parcial"

Prezo: pendente dun decreto da generalitat; mais calculade entre 20 e 25 € por ECTS


Universidade Rovira i Virgil: Máster oficial en ciencias da enfermeria.

Acceso: Diplomado de enfermería. Criterios:Expediente 80%, Curriculum 10% e Motivación descrita 10%.

Entre 60 e 120 ECTS 80 comuns, 25 de Itinerario URV e 15 optativas (programa interuniversitario). Centrado no aspecto investigador.
Non especifica a modalidade.
Idioma de impartición: Catalán e Castelan.

Prezo: Non se especifica; pendente de decreto de prezos da generalitat; calculade uns 27€/ECTS

Dará acceso ó doutorado a partires deste curso.

Universidade internacional de cataluña: Master en Ciencias da enfermería.

Acceso: Diplomado de enfermería. Criterios: Curriculum i entrevista persoal

120 ECTS 80 comuns, 15 Itinerantes (programa interuniversitario) e 15 optativos
Modalidade: Presencial; Xoves pola tarde, Venres todo o día
Idioma: Non especificado.

Prezo: 4260 € o primeiro curso. Asi como quen non quere a cousa...

Permite o acceso ó doutoramento con diversas liñas de investigación.

ESPECIALIZADOS

Universidade de Córdoba: Máster en Coidados Avanzados no doente Cardiovascular (programa .pdf 14 kb)

Admisión: Licenciados e diplomados de enfermería

60 ECTS

Presencial martes e xoves de 17 a 21 h.
Prezo: Non se especifica. uns 25 €/ECTS

Universidade de Málaga: Máster en Coidados Integrales de Enfermería en Procesos Nefrolóxicos (Info .doc 79 Kb)

Admisión: Diplomado de enfermería; criterios: Expediente académico, Currículum, Experiencia Profesional en Enfermería.

60 ECTS 50 obrigatorios (dos que 20 son de "traballo fin de master" e 15 de prácticum) e 10 a elexir entre 4 optativas de 5 ECTS.

Presencial

1500 €uros

Universidad de Málaga: Máster Oficial en Coidados Integrales de Enfermería en Situacions Críticas e Urxencias no Adulto (Info .doc 79 kb)

Admisión: Diplomado de enfermería; criterios: Expediente académico, Currículum, Experiencia Profesional en Enfermería.

60 ECTS 50 obrigatorios (15 de prácticum e 20 de traballo fin de master) e 10 a elexir entre 4 optativas de 5 ECTS.

Presencial

1500 €uros

Universidade de Girona: Master en promoción da saúde.

Admisión: Diplomaturas e titulacions de ciencias da saude, ciencias sociais i educación. Criterios: Currículum vitae (30 %), Expediente académico (30 %), Solicitud de admisión motivada ??(10 %), Experiencia profesional (clínica, gestión, investigación) (20 %), Conocimiento del inglés (10 %).

90 ECTS Como o programa ten un deseño modular se poden obter 'mencions' de Xestión de coidados ou de Xestión de servizos de saúde cursando completo algun módulo e/ou un número de ECTS de varios módulos.
Con posibilidade de convalidación de coñecementos previos e/ou experiencia profesional.

Modalidade: Semipresencial a tempo completo en tres semestres.

Idiomas de impartición: Catalán: 70 %, Castellano: 20 %, Inglés: 10 %

Prezo: Pendente de decreto da generalitat; sobre uns 30€/ECTS

Proporciona acceso a doutorado.

Universidade Rovira i Virgil: Máster en Nutrición e metabolismo.

Acceso: Dispor dun título universitario nos que está o DUE. Criterios: Expediente 80%, Curriculum 10% e Motivación descrita 10%.

Entre 60 e 120 ECTS Cun "bloque de reforzo para diplomados" e tres itinerarios: Nutrigenómica e alimentación funcional, Nutrición clinica e Investigación.
Idioma de impartición: Catalán e Castelan.

Prezo: Pendente de decreto da generalitat; uns 27 €/ECTS

Dá acceso a doutoramento.

Universidade Ramón Llull: Master en Bioética

Acceso: Licenciados e diplomados do campo das ciencias da saúde, Bioloxía, Bioingeniería. Criterios: Valoración do curriculum e memoria xustificativa da motivación para face-lo master.

60 ECTS.
Dos moitos master 'afíns' ós que se podería ter acceso dende a diplomatura de enfermería selecciono este por presenta-la posibilidade de realiza-lo "on line".
Idiomas de impartición: Catalán e Castelán.

Prezo: Presencial 2250 €, On line 2000 €.

Universidade de Extremadura: Máster en atención socio-sanitaria a doentes con dependencia.

Acceso: Diplomaturas de ciencias da saúde, e traballo social e licenciaturas biomedicas. Criterios: Valoración obxetiva do curriculum académico e valoración de actitudes e habilidades en entrevista persoal

60 ECTS en dous cursos académicos. Tres tardes á semana durante o segundo cuatrimestre.

Prezo: 23,5 €/ECTS Factible, barato e con "campo" unha boa opción.

Non especifica que proporcione acceso ó título de doutor.

Universidade de Extremadura: Master en seguridade e saúde laboral.

Acceso: Titulación universitaria oficial. Criterios: Expediente académico, Formación universitaria previa, correlación entre a formación e os obxectivos do programa.

120 ECTS en 2 cursos académicos con posibilidade de convalidar materias xa cursadas.

Modalidade:Presencial sen que aparezan detalladas nen especialidades nen materias optativas.

Prezo: 22 €/ECTS

Barato e ainda, por desgracia, con moita saida profesional.

Master Interuniversitario no estudo e tratamento da dor. (triptico .pdf 1,17 Mb)
Impartido por: Universidade Juan Carlos I, Universidade de Cádiz, Universidade de Cantabria.

Acceso: Titulo de licenciado e diplomado en ciencias da saúde. Criterios:Non especificados

120 ECTS ; Segundo o folleto o número mínimo de créditos por periodo lectivo é de 30.
Ten a particularidade de que grande parte dos ECTS se poden cursar nun "campus virtural" sendo obrigatorias só algunhas asignaturas presenciais (8 ECTS). As estancias -presenciais- en unidades e/ou laboratorios (35 ECTS) son optativas mais sempre haberá que facer polo menos unha.

Prezo: Na URJC 28 €/ECTS (3360 €uros o master)

Para o acceso ó doutorado será preciso ter completado 300 ECTS entre grao e posgrao.

INVESTIGACIÓN

Universidade de Córdoba: Máster en Metodología de la Investigación en Ciencias de la Salud (Programa .pdf 13 kb)

Admisión: Licenciados e diplomados de ramas afins; os diplomados NON poderán realiza-la tese doutoral.

60 ECTS 54 obrigatorios e 6 a elexir entre 3 opcions

Presencial martes e xoves de 16 a 20 h.
Prezo: Non especificado; sobre uns 24 €/ECTS

Universidade internacional de cataluña: Master en investigación en odontoloxía e biomediciña.

Admisión: "Titulados universitarios en Odontología, Medicina, Farmacia, Biología, Química y otras titulaciones de ciencias de la salud." Criterios: Adecuación de la titulación universitaria de acceso, Expediente académico universitario, Experiencia profesional, Nivel de inglés.

60 ECTS 30 de clases teorico-prácticas e 30 de traballo de investigación que se poden realizar de xeito intensivo nun curso académico ou a tempo parcial en dous cursos académicos. De tódolos xeitos as clases son presenciais dous días á semana en horario de mañan e a investigación requerirá acudir ós laboratorios da universidade 3 medias xornadas á seman.
Non consta o idioma das clases.

Prezo: 8520 €URAZOS (a min doeume escribir isto).

Proporciona acceso ó doutoramento mediante a realización de tese segundo as liñas de investigación da UIC.

Universidade de Extremadura: Master en xestión do coñecemento biomédico e investigación clínica.

Acceso: Licenciados e diplomados de ciencias da saúde. Criterios: Para a especialidade de xestión do coñecemento requirese ter realizado ou estar realizando formación especializada recoñecida (MIR, BIR, FIR, EIR!!??); para a especialidade de Investigación clínica valórarase o curriculum con especial atención á experiencia investigadora e farase unha entrevista persoal.

60 ECTS en 2 cursos académicos;21 comuns e o resto segundo a especialidade.
Modalidade: para a especialidade de xestión as clases presenciais foron martes e xoves pola tarde e para os de investigación o 1º curso foi luns e mércores pola tarde e o 2º curso fanse 39 ECTS dos que 18 serán de seminarios de investigación, 6 de prácticas en laborarorios e 6 de traballo final do master.

Prezo: 23,50 €/ECTS. (dos mais asequibles)

Permite o acceso ó doutoramento.

E os cartos ¿qué?

Todo isto está moi ben; mais, para os que non teñen o privilexio de traballar; ¿quen lle presta os cartos da matrícula mais para vivir mentras se acada a nova titulación?

Podedes probar a pedir un Préstamo renda-universidade que é un préstamo sen xuros que, a partir do 1 de setembro de 2007, calquera estudante poderá solicitar si é titulado/a universitario e quere cursar un Máster (reconocido polo MEC ou dalgunha das universidades dos 46 países do Espazo Europeo de Educación Superior).

A cantidade axudará para cubrir-la matrícula e os gastos persoais mentras estuda e non o terá que escomenzar a devolver ata que, una vez rematado o Máster, alcance ingresos dabondo para devolverlo.

O préstamo financia os gastos necesarios para iniciar-lo Máster Universitario Oficial (BOE, 14 de junio de 2007, página 25931), cun límite máximo de 6.000€. además, de xeito opcional se poderá solicitar unha cantidade de ata 800€/mes para cubrir outros gastos mentras esté matriculado/a, con un límite máximo de 21 mensualidades.

Explicación do que é un ECTS.

Igualdade

Nada mais darlle ó botón de "publicar" xa me decatei do que me quedou fora...

Un dos motivos que os sindicatos participantes na estatutarización do persoal das fundacions alega é o da igualdade perante a administración de tódolos que traballamos para ela. Mais resulta que, a pouco que se mire, dito argumento ten tantas fendas que repousa no fondo do mar dunha realidade que dista moito de seren igualitaria.

Sómente dentro da sanidade atopamos moi diversas relacions contractuais que xeran tamén moitos graos de privilexios e discriminacions na realidade do traballo diario e nos dereitos que eses tipos de contratación confiren. Iso deixando aparte ó resto de traballadores das administracions nos que se producen incongruencias tales como poderen optar polo aseguramento privado cando a própia administración ten que provee-lo aseguramento público. É como si nas oficinas de Coca-cola as máquinas expendidoras foran de Pepsi.

Logo está o dos sistemas selectivos tanto para o emprego fixo como para o emprego temporal; temos que aínda hai "titulares" que teñen dereito a escoller ó seu substituto... no canto de outros subtitutos que asinan contratos por horas de xeito que se lles pode contratar 365 días do ano e liquidárllelos igualmente.
Xa fixen referéncia ás oposicions encubertas 'de facto' a persoal estatutario que se fixeron o mesmo día que as oposicions do SERGAS nas fundacions afectadas polo proceso de integración; outro grande exemplo de igualdade de oportunidade que nos ofrecen os sindicatos.
Agora ven outra que tal baila; na constante percura da estabilidade mal entendida (ser interino e levar 20 anos NON dá dereito a posto fixo) se van a facer oposicions con prazas restrinxidas para os interinos na consellería de sanidade. Non só precisan da vantaxe comparativa dos anos de traballo senon que fai falla que lles eleminen as herbas do camiño para que podan chegar... ¿e se non aproban?, pois outros 20 anos de interinos; total, agora cobran os trienios... bueno, seica é moi duro estudar unha oposición unha vez que traballas e por elo temos o cadro dos interinos cheo de liberacions sindico-políticas e baixas.

U-los os xusticieiros sindicais da igualdade?.... chssss que están a estudar.