Google+

O complexo dun concepto

Dándolle voltas ó tema da 'liquidación' das fundacións en Galicia e á miña teima de que non se ten feito unha análise seria das vantaxes e problemas de xestiona-la sanidade pública con criterios estritos lembrei un artigo do NY Times (What if medical care came with 90-day warranty?) no que se fala de algo que, como consumidores de produtos damos por suposto mais que como receptores de servizos non tanto...

Diredes que no noso medio este tipo de empeños non teñen lugar e poredes enriba da mesa o manido argumento de que o provedor e o pagador da 'factura' son o mesmo; erro. A sanidade privada está a medrar por riba do que medra a economía xeral e non só polo impulso que lle dá a concertación co seguro público (froito da incapacidade da sanidade pública para atende-la súa demanda= listas de espera) senón tamén de que, en consonancia coa filosofía imperante da beleza e do incremento do poder adquisitivo, cada día son mais os cidadáns que acuden á sanidade privada ben pola súa conta, ben pola conta de seguros privados ou das contraditorias mutualidades.

Por qué me chama a atención o que dí o artigo do NY Times? Porque ese tipo de garantías tan evidentes NON se aplica nin alí, reino da sanidade privada, nin aquí. ¿E que pasa si a atención sanitaria ven cunha garantía de 90 días?; pois que pode que este SI fose un bó argumento para "externalizar". Non sei si hai datos sobre elo, mais si sei que hai exemplos abondo e que, a comparación non se resiste.

Un doente que ten unha hernia, unha colecistite, un problema no menisco dun xoenllo ten DEMASIADO tempo de espera nos hospitais públicos; e o "demasiado" non o digo tanto dende o punto de vista humano (que tamén) senón que me aproximo mais ó concepto "Bismark" da sanidade pública (aquel que di que o sistema está para que a forza de laboral perda o menor tempo de traballo por mor da enfermidade). Así que o pagador público autoriza a realización da intervención nun centro privado que a fará con moita menos espera (un terzo que no SNS) e coa garantía do sistema público... ¿que acontece si algo vai mal?. Pois que a atención posterior do doente volta ó campo da sanidade pública.

Ten isto pois unha triple perversión: Por unha banda é ben coñecido e aceptado que os centros privados que participan nestes programas 'seleccionan' ós doentes que, segundo os criterios técnicos, teñen menos probabilidade de padeceren problemas "na mesa" (ASA I e II), por outra a sanidade pública vé como se incrementa (ainda mais) a complexidade dos casos a tratar nos seus centros co que a estancia media dos doentes aumenta e, polo tanto se poderá intervir a menos doentes incrementándose o tempo/cantidade da lista de espera e os recursos da sanidade pública farán de garantía dos casos que non vaian ben nos programas de 'externalización' co resultado final de mais lista de espera. E quero que se entenda ben; NON digo que nesas intervencions externalizadas existan mais complicacions ou problemas respecto a ningún referente; é mais, ben seguro que hai menos. O que afirmo é que as que hai se engaden ó emprego dos recursos públicos e que, soa extrano dende o punto de vista dun "comprador" de servizos.

Pode que a nova lei de contratación pública diga algo sobre elo; e sería bó seguir teimando nos métodos de control do gasto na xestión da sanidade pública para evitar que unha situación insostible nos achegue a problemas inéditos como os que teñen os chinos.

Indignante doble vara

O 12 de Maio foi o día da enfermería e tamén foi o día dos exames da OPE para Enfermeir@ do Servizo Galego de Saude. Poucos días antes o consello da xunta aprobara o decreto marco para a integración das fundacións sanitarias (Publicado no DOG de hoxe) como demostración do cumprimento dun compromiso político non só dos partidos de goberno senon tamén dos sindicatos da sanidade que dende hai 13 anos se viñan opondo a este tipo de xestión da sanidade pública... mais todo é segundo a cor do cristal co que se mire.
Se hai 13 anos aquelas probas psicotécnicas foran tildadas de estafa polos sindicatos e os partidos que daquela estaban na oposición eu hoxe digo en voz alta que mais estafa é facer exames de oposición para as fundacións (Barbanza e 061) na misma data que as do SERGAS e co decreto de integración xa aprobado na recámara. Foron, de feito, oposicions a persoal estatutario encubertas i escondidas con alevosía. Ninguén poderá dicir que non se sabía que as persoas que aprobasen eses procesos non pasarían a estatutarios cando se materialice o proceso de integración neses centros... e mais, ¿e si os procesos son paralizados agora por un tribunal? ¿quedaría paralizada a integración ata que se resolvesen os litixios?. Son gañas de facelo MAL. Si se inicia un proceso de reconversión como este o mais natural é paraliza-los procesos selectivos dos centros afectados ata acadar un acordo e, si se chega a él, declarar nulos os procesos e devolve-las taxas.

Eis outra de Opereta desta volta a cargo do "progresismo" en toda a súa extensión (partidos e sindicatos) que tanto protestaban contra o enchufismo das fundacions e agora as ofrecen como 'porta traseira' baixo a apariencia dun proceso selectivo pechado e alevoso.

Os avances dunha profesión

Agora que esta a debate a pregunta ¿quen atenderá a sanidade dentro de 10 anos? en todas partes escoitanse respostas de todo tipo.

Ven sendo unha constante a ampliación en cantidade da prestación de servizos básicos e a tecnolixización do servizo sanitario en xeral de tal xeito que o número de centros novos, as posibilidades das TIC e a carencia de certas clases de especialistas atopa diversas solucions segundo a óptica coa que se plantexe.

A enfermería é unha disciplina autónoma con amplas capacidades técnicas e formación teórica dabondo para afronta-la atención básica de saude con garantías mais tamén pode e debe plantexarse si nun estadío mais especializado con formación mais focalizada e controlada se lle podería asignar a realización de técnicas nas que os especialistas médicos adican moito tempo para tarefas que poden ser consideradas rutineiras.
Non é que sobren enfermeiras no estado mais hai moitos profesionais moi cualificados con formación e práctica dabondo que estan a ser "malgastados" en cometidos que non aumentan a eficiencia do sistema sanitario en xeral cando se lles poderían asignar outras tarefas que liberasen recursos (horas de especialista) para que fagan o que realmente se lles preparou para facer i empreguen o seu caudal de coñecementos e capacidades dun mellor xeito para a sanidade pública.
¿E que pasa si algo vai mal? A tódolos profesionais lles pode pasar que non se poda realizar unha técnica; toda prestación pode ter un efecto adverso ou colateral e, de feito os hai e as súas consecuencias clínicas teñen que ser tratadas moitas veces en outros centros ou por outros profesionais e as súas consecuencias legais son afrontadas polo sistema de garantías de seguros e, si é o caso, polo sistema disciplinario correspondente. Non é que non pase nada mais; dende logo non pasará nada que non esté pasando XA.

A apertura dos novos centros precisos polo aumento da poboación, o incremento no nivel de demanda en xeral e o incremento na "calidade" desa demanda ó traveso da esixencia de mais especialización e mais emprego da tecnoloxía podería levar ó colapso financieiro e profesional do sistema e semella que as solucions de inxeniería financieira como o PFI non está a resultar tan boa como semellaba.
Report criticises PFI refinancements
15 May 2007
NHS Trusts are being ripped off by the private sector over debt refinancing initiatives implemented by the government to help solve the NHS debt crisis.
Private Finance Initiative (PFI) refinancements, where hospitals renegotiate existing deals to finance new builds, were supposed to generate a return of £175- £200 million for the public sector. But as of December 2006, the government had secured the right to a profit of only 93 million.
Edward Leigh MP, Chairman of the Committee of Public Accounts said: ‘Local public sector officials taking forward PFI projects such as hospitals or schools are often painfully lacking in commercial experience.
‘Staff negotiating the fine print of refinancing clauses in contracts, where the risks to the public sector can be high, must be trained so that they are not outwitted by their commercially sophisticated private sector counterparts.
Private companies can make huge profits by selling on shares in PFI projects but are under no obligation to share these profits with the government.
‘The Treasury must keep the working of the PFI equity market under close scrutiny to make sure the public interest is not being compromised,’ added Mr Leigh.


Evidentemente os trocos van ser lentos; tanto como a implantación das especialidades e os diplomas de capacitación de área. Tanto como a posta de longo da reforma universitaria; cando porfin @s enfermeir@s que rematen os seus estudos teñan unha titulación universitaria de 1º nivel e podamos acceder ó resto da formación universitaria sen "falsos escalons" ou nomenclaturas ambiguas e cando os que non tivemos esas oportunidades podamos acceder a homologa-los nosos títulos e a conquerir un verdadeiro recoñecemento polos nosos méritos e non simplemente polos anos que levemos recibindo unha nómina.

Un botón: a especialidade de saude mental leva uns 10 anos creada; pois a categoría profesional de "enfermeiro especialista en saude mental" ainda ven de ser creada agora (polo menos no SERGAS), ainda se teñen que crea-las prazas, proveelas interinamente, convoca-la correspondente OEP e realizarse o proceso selectivo correspondente antes de que se poda dicir que hai especialistas enfermeiros en saude mental exercendo 'de dereito' como tales.

Edición: 3 de Xuño:

O decreto de creación da especialidade saiu no DOG do 30 de Maio e puiden ler no "diario enfermero" que só hai esta categoría (e polo tanto traballo recoñecido coa especialidade) en Euzkadi e Cantabria.
Os servizos prestados en desenvolvemento das actividades propias da especialidade de enfermaría de saúde mental con anterioridade á entrada en vigor do decreto serán valorados como prestados coa titulación de especialista ( será sempre que se tivese a dita especialidade no intre da prestación; ¿non? ) nos procesos de selección tanto fixo como temporal.

Sangue de Plástico para feridos de verdade

A universidade de Sheffield amosará a partires do 22 de Maio no museo da ciencia de Londres unha mostra dun producto elaborado a partires de plástico mais co engadido dunha molecula de ferro que lle confire a propiedade de facer de transportador de osixeno.

Trátase ainda dun desenrolo incompleto mais que amosa vantaxes pois e doado de transportar ó presentarse en forma de pasta que se a de disolver en auga para a súa infusión. É estable a temperatura ambiente e se pode almacernar durante mais tempo que o sangue normal nun refrixerador.

Os primeiros resultados foran publicados hai un ano mais ata o de agora a nova non saiu ós medios, dende logo este adianto melloraría moito a atención en emerxencias sobre todo no caso de catástrofes con múltiples victimas i/ou en zoas de dificil acceso.

Formación, deformación, transformación

Pois mira tí por donde a vinganza doce SI semella existir e ler nos boletins oficiais SI ten premio.

Estiven uns días comprobando que todo malo que se fala da administración pode virar segundo a cor do cristal co que se mire.

Aproveitando unha percura no Bocyl froito dunha dúbida malévola tras un fracaso politico atopei a ocasión para solicitar un curso interesante sobre estadística aplicada á información sanitaria; ata ahí todo normal, o motivante do curso xa non é que cho dea a administración e que che permitan facelo a conta da xornada laboral, o apaixoante é que, en coherencia coa extensión da comunidade i en contraposición co suposto 'pensamento centrípeto' dos seus gobernantes, os cursos da Junta de Castilla y León (e tamén os exames de oposición) están descentralizados en diversos emprazamentos do amplísimo patrimonio da comunidade e se ofrecen en "réxime de internado". Como resultado; pasei 4 días en Peñaranda de Duero realizando o curso e compartindo con moita xente de moi diversos orixes e funcions dentro da sanidade da comunidade.

Podo dicir que veño bastante motivado xa que, agás estar apartado da familia, o ambiente foi mais que beneficioso e os aspectos formais do curso e os lúdico-culturais estiveron á mesma altura.

Mais como conservo o 'espiritu guerreiro' quérolle dar un pequeno pao ó lumbrera de Farmaindustria que se lle ocurre ofertar 300 millons en investigación de fármacos para enfermidades raras en troque de que o goberno suscriba os acordos que extenderían as patentes da totalidade dos medicamentos ó mesmo tempo que en europa. O que esqueceu este bala foi retirar do artigo que esa diferencia de tratamentos das patentes representa para eles un ingreso de 1600 millons nos anos nos que ofertan o programa de investimentos. Ou mais claro: -Hola pasaba por aquí y se me ha ocurrido que podrían ustedes firmar un documento para que nos paguen 1300 millones de euros en los próximos 5 años de los impuestos de TODOS...
Agora que non atopen outro lumbreira no ministerio que lles asine semellante engano.