A cascada das leis , a lei da integración e a diferencia .

O goberno de "!!!ESPAÑA¡¡¡" ven de aproba lo estatuto básico do empregado público que vai a obrigar á modificación do recente estatuto xurídico do persoal do Sacyl.

Vaia leria de leis; logo vai sair tamén unha normativa europea que regulará o tempo laboral de tal xeito que as guardias ficarán como horas extra mais caras e volta a escomenzar... si así non hai quen dirixa¡¡¡ (ni quen se deixe dirixir).

Por outra banda onte "Torito" anunciou a aprobación da lei de integración das fundacions sanitarias de Galicia á que só lle falla a publicación no DOGa, logo virán as convocatorias por centros etc. etc. mais o paso 'politico' semella dado.
¿Nada o goberno galego contracorrente? Segundo está o panorama SI porque a 'externalización' da asistencia sanitaria non ten feito mais que escomenzar en outros servizos de saude; ainda que en Asturias puiden ver que a integración do hospital de Arriondas tamén está no taboleiro político semellaba algo puramente propagandístico.

Para rematar... Facendo unha percura 'por encargo' no BOR (LaRioja) puiden comprobar que alí se fixo unha convocatoria pública para a elección de destino dos exedentes voluntarios da SantaOpe que solicitaron o reingreso provisional... unha convocatoria con baremo e prazos; con seguridade xurídica para os involucrados e para o resto de interinos.
Tamén vin a convocatoria da solicitude de acceso para a carreira profesional que non só implica ó grao I senon que tamén ó II e ó III; iso si que sería interesante (e honeroso). Aqui semella que van xogar a agardar canta xente se xubila, pasa a longa enfermidade ou se farta...

O grande reto da tecnoloxía

Con tanto ruxe ruxe e tanta treboada tiña eu abandoado esta interesante fronte.

Non cabe a menor dúbida que un dos eixos do desenrolo futuro da sanidade estará no eido tecnolóxico, non en van, as administracions e subaministracions (hai queda eso) se preocuparon xa hai tempo de dotarse de instrumentos de avaliación das tecnoloxías sanitarias para facer fronte ó bombardeo das casas comerciais (fabricantes, empresas de servizos, distribuidores etc.) que se 'colan' pola porta traseira e lle poñen na mesa do restaurante (uy; perdón, quero dicir nos hospitais) os trebellos mais lustrosos e caros ós tomadores de decisions para que os 'proben' cun prezo ben sinxelo; a merca do consumible a prezos desorbitados. Actualmente a estas institucions autonómicas de evaliación das tecnoloxías sanitarias e ás súas asociacions estatais, europeas e mundiais se lles engade o estudo ou 'metaanálise' da información relevante sobre a práctica clínica para dotarse dun corpus de información sobre EVIDENCIA CIENTIFICA que avalíe as actuacions e as tecnoloxías.

Dende o mundo da tecnoloxía vese o eido sanitario como un dos grandes eixos de desenrolo e aplicación de coñecementos en especial porque moitos consideran que o persoal sanitario adica moito tempo a faceren monitorización e interpretación de datos cousa que, coidan os tecnologos, pode facer mellor un trebello ou un programa... Por elo, a monitorización do doente é un dos campos estrela; unha monitorización que vai mais aló da mostra de resultados de técnicas non invasivas convencionais e se adentra na interrelación de datos de monitorización con datos de laboratorio e de diagnose por imaxe cun alto grao de personalización que permita a programación de alertas moi específicas.

A tecnoloxía tamén vai trocar radicalmente o mundo da diagnose por imaxe; a adaptación do principio da "compresion sensible" (traduccion chapuceira de 'Compressive sensing' ) un principio do procesado de datos xa empregado na compresión de imaxes que agora se pensa empregar para obter mais información de dispositivos de captación de imaxe de novo deseño que deixen de emular ás camaras tradicionais e que ofrezan maiores prestacions permitindo o procesado directo dos datos para ;por exemplo, obter imaxes tridimensionais.

Cada desenrolo dunha tecnica básica traerá unha chea de trebellos baseados en aplicacións prácticas da mesma. Por facer unha derradeira chamada; ¿lembrade-lo visor de veas?
pois baseado no mesmo principio da diferente abosorción da lonxitude de onda infrabermella polo sangue esta a ser probado na India un pequeno aparello manual que pode detectar hematomas intracraneias en formación. O trebello pode ter unha aplicación moi eficiente no campo da emerxencia sanitaria ou incluso no triaxe e monitorización de doentes con sintomatoloxía, con antecedentes, traumatismos cranais ou factores de risco.

Xa podo esperar sentado...

A desinformación debe de ser a característica fundamental dos procesos electorais "democráticos"

Nin a web do colexio de enfermería de León, nen a do "consello de colexios de Castilla y León" fan nengunha referencia á suspensión do proceso electoral por un 'escrito previo á vida xudicial' dun colexiado que considerou, con bó criterio, que ser membro da mesa electoral non é compatible con ser candidato; sobre todo si hai alo menos dúas candidaturas.

Isto sen mencionar a escaseza dos prazos e a tardanza da comunicación vía correo... que fixo que o anuncio de anulación da votación chegara o mesmo día dos cómicos (si, pon cómicos i é que dá risa).

O que SI queda claro nas referidas webs é que hai unha sentencia que crea xurisprudencia sobor da obligatoriedade da colexiación.

¿E logo?; logo mais... Porque mentres un proceso electoral é paralizado mercede aun escrito previo á via contencioso administrativa, outros procesos igualmente ilegais por iren en contra da lexislación en vigor seguen adiante coa CONNIVENCIA dos "representantes dos traballadores" verbas estas que veñen a significar: Teño unhas horas libres para usar como queira e; por exemplo, as emprego para libra-las fins de semana, traballa-las noites (que os cartos sempre fan falla) e os días que libro non acudir ó centro porque está a 50 Qm....