Google+

Interese

Recibimos tod@l@s colexiados a revista "enfermería facultativa" como parte dos servizos da obrigada cota de colexiación que pagamos. Elo significa un grande instrumento á disposición de visions e intereses que non sempre teñen que ver co desenrolo profesional.

No número do mes de xaneiro de 2007 temos un claro exemplo co artigo de portada sobre a carreira profesional e o seu despregue nas diferentes administracions sanitarias. Nun artigo que supostamente debera facer fincapé no dificil que vai ser homoxeneixa-los diferentes modelos polas súas incoherencias á hora de concede-los diferentes graos e que se convirte nun alegato contra o estado das autonomías e a consecuente administración diferenciada de cadan seu sistema sanitario.

Deixanse a redactora os principios mais importantes no que respecta ó establecemento dun sistema de carreira profesional e que xa teño citado neste blog; por sorte na mesma revista na sección tribuna Jerónimo Romero-Nieva o pon tan claro coma esto: "¿Porqué la llaman carrera profesional si lo que quieren decir es antiguedad por quinquenios?".
Mais aló desta falla de motivación real e de que o sistema de créditos para conquerir os diferentes graos deixa moito que desexar no respecto a obxectividade e ó fomento das actividades que redunden nunha maior calidade da prestación, o artigo mostra moita preocupación polas diferencias monetarias coma si as diferencias no complemento de carreira profesional fosen a supor a maior parte do diferencial entre os soldos percibidos nas diferentes administracions e dando por sentado a máxima "todos debemos cobrar lo mismo" o cal é absolutamente falso pois ó non traballar para a mesma administración non temos as mesmas condicions de traballo e tampouco o custe da vida nos diferentes territorios é o mesmo... !!!quen nos dera cobrar tanto como en Madrid ou Navarra e vivir neste lugar¡¡¡.
Logo pon o foco no tema da reversibilidade que é xustamente un dos fundamentos da negociación; si a carreira é de "ascenso rápido" (4º grao ós 20 anos) se inclue a reversibilidade, se non (4º grao ós 25-28 anos) soe ser irreversible. Eu xa opinei que os grados mais altos deberan ser reversibles dependendo dos creditos de formación continuada, docencia e investigación e que o mantemento do grao non debera supor mais do 50% dos créditos precisos para acadalo.

Pon a voz de alerta pola posible migración de profesionais ás comunidades que mais paguen neste complemento... Sabemos que 'apunta' á comunidade de Madrid e ós 8 hospitais que vai a abrir próximamente; mais, ¿cantos enfermeiros con 10-15 anos de experiencia trasladarán a sua vida por 3000€ mais ó ano a un sitio no que a vida e a vivenda é tan caro como Madrid?. Cada quen xoga as suas bazas, Madrid sabe que vai sufrir déficit de persoal e tenta a sorte con esto, o seu goberno xógase moito no envite pois á hipoteca cara ó futuro que supón o modelo PFI que se vai por nestes centros engade esta carga de unha carreira xenerosa. Os cidadans de Madrid xa teñen asumido un "centimo sanitario" e, legalmente, pódese chegar a 3; logo hai outras medidas sobre a demanda que xa se escomenzan a insinuar...
Entroques non menciona a coñecida picaresca española, por exemplo unha profesional dunha comunidade no que se establecese un nivel previo non retribuido (Andalucia, Valencia, Extremadura, Madrid ou Rioja) ou que recoñecen os servizos prestados como interinos ou a própia situación de interinaxe e que poden "migrar" para conquerir un grao I antes e logo 'saltar' á sua comunidade co grao recoñecido por homologación... Nen a inxustiza que pode supor para @s que se desprazasen agora no "movemento OpeEx" que poden chegar co grao I recoñecido a unha comunidade onde non se teña ainda un sistema de homologación ou, peor, a unha comunidade que non pense en escomenzar a pagar ata o prazo legal de Novembro deste ano.

O positivo, hai debate ó redor desta farsa.
O negativo, céntrase o debate en ideas que apuntan claramente a un ideario político (!!!ESPAÑA SE ROMPE¡¡¡) e non na grande oportunidade perdida que significa a carreira profesional.

Poñe-la outra faciana

Ó fio da situación do 120% de ocupación que están a pasar moitos centros hospitalarios da sanidade pública custa creer que se trate das mesmas persoas as que traballan segundo en que centros.

Mentres en galicia a situación de saturación nos hospitais é nova de portada caseque a diario mercede á denuncia contínua por parte de grupos de traballadores (que ata onte estaban a negociar coa administración) e do principal partido da oposición que coida que dese xeito se toma cumprida revancha da actuación dos actuais partidos de goberno; levando, con grande espiritu democrático, agora ó pleno do parlamento o que antes non se debatía nen en comisión.

No bierzo a situación de guerra contra o catarro/gripe e carencia estructural se vive entre berros no deserto dos partidos locais e auténticas manobras de propaganda do goberno anunciando que nos derradeiros 3 anos se investiu mais ca no derradeiro período do INSALUD (deixando de lado que nese período o INSALUD era "do PP") e que o xeito de financiamento do novo hospital "General Yague" (¿e ninguen lle quere troca-lo nome?) permitirá facer outros investimentos... Agora; omitindo que aforcará a capacidade de investimento no futuro mercede a taxa anual a pagar pola prestación dos servizos non clinicos (mantemento, cociña, limpeza...) e o aterrador silencio de asociacions de usuarios e da oposición política uns esixindo solucions e outros prestando leal colaboración e critica constructiva. Entroques falan as xuntas de persoal e non por mor da sobrecarga laboral, non, nen polo risco que esto conleva á hora de traballar con calidade senon como adalides de causas politicas.

Mentres os que teñen que afrontar de verdade a situación tentan solucions imaxinativas cos espazos libres e cos muebles libres ingresando xente en salas adicadas a exploracions (por certo, ¿onde figuran estes doentes no Sistema de Información?) ou tanteando poñer nos pasillos das unidades ós doentes cuio estado clinico o permitise.

¿que lles queda ás persoas que precisan atención?: Poñe-la outra faciana.

Indiganación exelente

Hoxe non foi moi bó día. Mentres os obreiros botaban 'a leitada' nos faciamo-lo paripé con 5 cousiñas e 50 agardaban un sitio digno no que pasar a súa doenza, ¿cantos agardan na casa un tratamento esperanzador?...

Estabamos tentando distrae-la mañan coas xergas idiomáticas própias da situación cando entrou un xefe cunha carta. Tratábase dunha comunicación persoalizada a cada anestesista (supomos que lle foi dirixida a tódolos facultativos) na que se comunicaba a concesión do selo da Execelencia Europea no nivel 401-500 (o 2º de 3) por mor da evaluación que se fixo do sistema de xestión segundo o modelo da EFQM.

Saltou a indignación, e o mais sinxelo que se dixo foi: ¿e qué miran os que tal cousa certifican?. Papeis e un ou dous items escollidos ó chou. Así que temos unha boa ferramenta que non escoita a ningúen ou ninguén escoita o que dí a ferramenta de xestión... porque nalgun sitio estará a "retroalimentación", non?. Supoño que con face-la enquisa de ambiente laboral e por carteis solicitando voluntarios para un comité de mellora da comunicación se empeza, mais vai todo tAAAAAAAAAAn a modo.

Duas estreliñas a 14.300 € son 7.150 € por estreliña... haberase que esforzar por acada-la terceira para reduci-lo custe por estrela e sermos mais eficientes; ou non era esto a eficiencia?, non sei, estou feito un lío e mentres a xente segue agardando, que a escoiten, que a atendan que...

Edición 12/2/2007

A carta foinos enviada a tódolos traballadores, incluso ós recen ingresados. O efecto: o mesmo. Custa creer nun certificado deste tipo cando "sobre o terreo" a situación semella de 'guerra' e non se acadan nen os mínimos de dignidade para os doentes.

A elección

Cando hai 15 anos se escomenzou a falar en España de implantar reformas similares ás do NHS unha das frases mais repetidas era a da "separación de aseguramento e prestación da asistencia sanitaria" con elo se pretendía que introducir certa competencia entre os centros sanitarios para captar clientes obligaríaos a se preocupar polos resultados en saude e pola calidade das súas prestacions.

Un dos argumentos mais empregados para oporse a este plantexamento ven da própia natureza da asistencia sanitaria como "servizo do coñecemento" no que un experto fai polo cliente cousas que el non podería facer baseandose na súa formación e na información que só el pode manexar mercede ós seus coñecementos. Todo esto daba como resultado que ós clientes puidesen ser enganados á hora de elexir o centro no que recibi-la asistencia por mor de centrarse en aspectos non esenciais do servizo sanitario (normalmente aspectos hosteleiros) agás do peso que ten a proximidade e o coñecemento por terceiros do servizo prestado.

No medio "administrativo" da sanidade habitual é moi frecuente que exista confusión entre os parámetros do xa mencionado "servizo do coñecemento" e o dereito do doente a elexir que ten como resultado que doentes que queren ser atendidos nun centro (polas razóns que sexan) son mirados 'mal' por parte do persoal do centro en cuestión, sendo frecuente a frase: "a vostede NON lle corresponde este centro".

Dende eses 15 anos naceron en España as "Novas formas de xestión" e no R.U. os "trust" de atención hospitalaria mais nada eiqui e pouco alá se fixo no que respecta a reforza-lo dereito a elexir do doente.

Porque non se respostaran certas cuestións fundamentais antes de botarse a ese camiño... cuestións que teñen que ver coa toma de decisión informada e libre da que tantas veces oimos falar noutro tipo de servizos.

Unha elección pode plantexarse como unha comparación e para comparar compre termos información dos elementos verdadeiramente relevantes a enxuizar, información veraz e plantexada e medida en termos similares. Entón faltabanos e ainda nos falta definir con claridade que información da própia asistencia sanitaria é relevante para a toma de decisions dos doentes, que información pode ser relevante mais NON está directamente relacionada co resultado asistencial da prestación sanitaria e que información e superflua e só crea confusión. Mais adiante compre definir con precisión ó xeito no que se debe apresentar esa información ós doentes percurando que se adapte a un nivel medio de coñecementos e que teña unha linguaxe sinxela...
Mais ainda non remata ahí todo, a entidade aseguradora (quen paga a prestación) debe definir i esixir certa homoxeneidade nos sistemas de información tanto externos como internos dos centros que con ela traballen co fin de asegurar a comparabilidade dos datos que ten que ir mais aló da forma de presentación, mantendo certa homexeneidade nas fontes da información (historias clinicas, cadros de mando, informes de resultados adversos, cultivos de laboratoiro etc.) e na periodicidade das mesmas tentando evita-los sesgos que os "malabaristas da estatistica" saben introducir co fin de 'maquillar' datos non apropiados. É a entidade aseguradora a que deberá respostar da fiabilidade da información que brinde ós seus clientes á hora de elexires o centro no que vai ser atendido.

Así o entendeu o goberno británico e o NHS co seu programa "choosing your hospital". En España a fragamentación do SNS non ten porqué impedir este tipo dereitos xa que non é preciso troca-la estructura administrativa dos centros para que estes teñan certas obrigas á hora de "captar" clientes. Xa se tentou cos 'contratos-programa' percurando ligar realmente a actividade asistencial con parte da asignación presupuestaria dos centros e algunhas comunidades xa introduciron timidamente (só para patoloxías cirúrxicas con esperas longas p. Ex.) a opción do doente de elexir non só entre a asistencia nun centro público e un privado senon tamén entre diversos centros públicos.

Mais aparte das medidas que incentiven ós centros a esa 'captación' de clientes deben estar as medidas que ofrezan ós usuarios a información relevante para realizar esa elección de xeito responsable. O goberno británico está a reforzar este eido, mais eiquí non exite unha información moi homoxenea nen tan sequer no tema do tempo de espera e moito menos si que que quixeramos fose comparar os "resultados en saude" ou os 'efectos adversos' da asistencia que presta cada centro público ou privado.

A falta de esa homoxenización dos datos, o oscurantismo, a falta de accesibilidade ós mesmos e o descoñecemento de por parte nosa (dos profesionais) de certos procedementos á hora de notificar complicacions/eventos na asistencia sanitaria fan moi dificil que, polo de agora, se poda falar dun dereito á "elección responsable" por parte dos usuarios do SNS.