Transición, integración e convalidación

Estamos nos tempos "de paso"; ainda non ben asentada a xente tra-la santaopextraordinaria e as súas 1ªs secuelas moitos "por ver" están no porvir. Así hai moita xente pendente desa comisión "que me dijeron que me la daban..." e outra tanta pendente do reingreso provisional (e mantendo un contrato de interinaxe) e outra tamén que non tomada/chegada á praza está pendente de "mobilidade interna" (non, non é un novo medicamento para o peristaltismo intestinal). Todo isto co "díxome-díxome" habitual e coa grande diverxencia de actitude respecto a estas situacions (comisións, reingresos, mobilidade) que ten cada administración sanitaria e/ou cada centro.

Por se non abondase ven de cristaliza-la disolución das fundacións públicas sanitarias de Galicia nun acordo de integración que, como declaración de principios políticos, deberá ser tida en conta á hora de formular iniciativas para dinamizar e mellora-la xestión dos centros e servizos sanitarios públicos.
Teño moitos coñecidos afectados por este tema que estiveron minusvalorados pola administración cando, en realidade, facían (fan) mais labor por hora de traballo que nos hospitais tradicionais.
Queda por determinar e demostrar quen pasou por procesos selectivos "homologados"; xa me gustaría a min saber si se gardou algún expediente das probas i entrevistas do proceso de 1993 (o anuncio o vimos en "a voz" o 15 de Outubro).

E criticos deberamos ser tódolos enfermeiros si se fai realidade o suxerido no "diario enfermero" nº 96 sobre a futura convalidación do título de DUE polo título de Grao baseandose na experiencia profesional mais sen estares expedido o título por ningunha universidade co cal dubido que sirva para pouco mais aló da própia administración sanitaria...

Penultimo

Penultimo acto da santaopextraordinaria. Onte como estaba previsto (xa era hora de cumplirmos previsions) publicouse no BOE (.PDF 3,8 Mb) a resolución nomeando persoal estatutario e os destinos acadados...

Hoxe é o "baile das sillas" claro que en moitos sitios o dito baile vai ser a "desbandada das sillas"; así, nalguns grandes hospitais teñen 400 baixas entre ceses de interinos e fixos e só 200 incorporacions... ¿imaxinadesvos o follón? !!era boa ter unha cámara para grabalo¡¡. Noutros centros acontecen cousas esperpénticas como nun centro de saude no que de 10 traballadores -interinos- 9 teñen que marchar e fanlla pagar ó único fixo que se achegou por alí para tentar 'situarse'.

De 'outras movidas' non quero falar... Pero hai cousas que se poden ver vir de lonxe e molestias que se poden evitar avisando con tempo. A ver si só queda nunha "medida preventiva" porque xa ten algo de delicto o tema. Tamén hai quen soubo planifica-las cousas e xa ten listos os papeliños e, ainda mais, artellado un cursiño de adaptación para o persoal de nova incorpotación.

Ainda queda o tema das incorporación dos "exedentes voluntarios", as comisions de servicio e a cascada de sentencias xudiciais polo mal planificada que estaba esta mandanga.

RAZOAMENTO

Como tra-lo trebón chega a calma tra-lo delirio debe chega-la razón e neste caso unha razón que auxilie ó noso "mellor sistema sanitario do mundo" a sobrevivir ós seus propios principios.

As loitas de intereses son moi grandes no eido da sanidade e conscitan alianzas insospeitadas (ou deberan concitalas) entre puntos relativamente distantes do sistema.

Non existindo un único remedio ós milleiros de problemas actuais e futuros da atención sanitaria pública en España en troques si se ten observado unha constante nos derradeiros 10-15 anos: A constante imitación dos plantexamentos do mundo anglo-americano mais; iso si, con peculiaridades.

A maioría dos médicos dí que ese modelo é o mellor porque o médico cobra o que merece. Sen entrar a falar dos millons de persoas sen acceso garantido á sanidade si me gustaría de seguir ese razoamento.

*Por cada médico nos USA que cobre 10 veces mais ca un especialista de Spain hai 10 que mal viven en servizos semigratuitos para pagar o que deben polos seus estudos.

*Nos USA moitos servizos que eiquí DEBEN ser prestados por médicos alí o son por enferméiras especializadas tendo como exemplo mais visible os "paramedics" que é o persoal que asiste ós accidentados nas ambulancias actuando baixo estrictos protocolos.

*No UK a reforma da sanidade pública que implicou a entrada de financiamento privado nos novos centros sanitarios (PFI) -xa comentado nun recente post- tamén levou consigo unhas modificacions legais que RACIONALIZARON a asistencia sanitaria e deron cobertura a realidades establecidas. Por elo alí a enfermería pode prescribir medicamentos e productos sanitarios e pode realizar ciruxía menor e outras técnicas avanzadas.

Claro que estes dous derradeiros puntos sempre quedan fora de calquer plantexamento de reforma sanitaria mais centrada nunha efectividade política ca na efectividade real.

Por elo os partidos de toda cor e signo se distinguen por menter un "modelo mental" no que a enfermería é unha especie de sub-clase que ten como destino realiza-las ordes dos médicos e mante-los papeles en orde e o café quente.

Vergoñento é que nunha comisión do congreso se poda dicir que a enfermería "carece de formación suficiente por ser una diplomatura y no una licenciatura". Argumento triplemente falaz pois indica que: *As enfermeiras facemos cotianmente algo para o que non estamos preparadas, *Que o sistema educativo si que crea inseguridade pois se adican créditos formativos a funcions que non se saben facer (pero se fan) e *indica unha grande ignorancia respecto ó proceso de Bolonia e ó espazo de educación superior europeo no que tales nomenclaturas desaparecen (xa para este ano 2007) e tódolos titulados universitarios se pasaran a chamar "grado".

Por todo elo; si os políticos e os economistas queren de verdade facer algo polo(s) sistemas sanitarios públicos DEBEN contar coa enfermería e outorgarlle XA o amplo abano de funcions que está preparada para levaren a bó portoL non esquezamos que neste 2007 escomenza outro reto xigantesco no "coidar" e no que a enfermería debera ser Clave para o éxito: A Lei de dependencia e o SND (sistema nacional de dependencia). No seu desenrolo deberíamos xogar un papel fundamental como "profesión do coidar".

Delirio

Agora, entre os ardores da fiebre a mialxia e o medo o "dragón" que cuspe lume dentro de min cando tuso, tiven un intre de lucidez no que vin "completo" o que os medios de in-comunicación nos ofrecen a anacos interesados.

Trátase sen dúbida dun problema de mercado laboral e como tal debe ser abordado pois os parámetros que loitan son oferta, demanda e prezo.

Estamos diante dun grave desaxuste entre os facultativos que se formaron no sistema (sobor de todo na especialidade de MFyC), as prazas creadas tanto en formación (Especialidades hospitalarias 'xerais') ou na própia asistencia sanitaria (Atención 1ª) e a competencia laboral introducida pola entrada do espazo común europeo coa chegada de especialistas de outros paises (ou españois formados noutros paises) e a marcha de especialistas españois atraidos por mellores condicions económicas e laborais.

Nembargantes e malia a estes desaxustes continúase cunha política d "peche" dos centros e prazas formativas nun coñecido sistema caciquil que controlaba dende a residencia os posibles destinos dos especialistas formados creando "parcelas de poder". Mais o problema da escaseza de facultativos en especializada ten unha localización moi concreta: Os hospitais comarcais.

Son moitas as eivas que para un especialista recen formado teñen os centros comarcais clínicamente ofrecen pouco incentivo na práctica diaria e na oportunidade de innovación e formación continuada; as poboacions nas que se situan estes centros tampouco ofrecen, polo xeral, moitos atractivos para as familias desas persoas. Evidentemente, entre as solucions propostas están aquelas que inciden no factor prezo; si ben pagar mais nos centros pequenos pode ser un incentivo non será este o remedio único. A creación de servizos "unificados" entre os centros de referéncia e os comarcais podería axudar a resolve-los problemas puntuais en casos de baixas, vacacions, e/ou permisos de formación; permisos que haberá que favorecer para estes facultativos.

A todo isto se lle engaden as consecuencias de dúas decisions europeas que dificultan a xestión da atención continuada e as interrelacions profesionais.

Por unha banda a normartiva coñecida como "das 48 horas" que xa ten produciod diversas sentencias e ainda está por ver como se resolve pois o tema da "xornada complementaria" é algo esperpéntico e cáseque esclavista pois non se entende que tódolos traballadores dunha mesma categoría teñan xornadas totais diferentes e tamén está a consideración das horas de localización (a disposición ou en activo) e das propias horas de guardia pois tanto unhas como outras están en debate de si son ou non computables.

Por outro lado a introducción do espazo europeo de educación superior (declaración de Bolonia) que fai desaparecer "formalmente" a diferencia entre licenciaturas e diplomaturas poñendo sobre a mesa a aplicación de medidas racionais dende o punto de vista da eficiencia que xa foron experimentadas nos anos 80 cando a escaseza de Axudantes Técnico-Sanitarios e aparición da diplomatura en enfermería impulsou a aparición dos títulos de FPII. Neste aspecto non é de estranar o "combate" que está a acontecer ó redor da "lei do medicamento" e a capacidade de prescripción e as campañas dos colexios profesionais en torno a elo. A solución deste debate quedará formalizada na lei mais na realidade a enfermería seguirá a prescribir medicamentos...¿ou non é prescribir decidir si un doente "precisa" ou non un medicamento?.

Logo está o tema do "prestixio"... Coido que del xurde realmente a división dos médicos pois ainda alguns coidan (e actuan) como "super···" cando, en realidade, esa figura esta cada volta mais lonxe tanto entre a poboación como entre os novos titulad@s. Agora médicos teñen que asumir o seu papel de traballador especializado (mais traballador) cunhas condicions laborais ás que respostar e das que pedir contas e a administración debe de deixar de tratalos coma unha "nube tóxica" e gañalos para o sistema ou este estará perdido. Un "currito" non pode ir só dúas horas a sachar si lle pagan 7 por moitos anos de formación que teña e por moitos anos de servicio que leve sobor de todo si outros como el SI piden os seus DEREITOS laborais (reducción de xornada, baixa por paternidade etc.)