Google+

Recurrir non é emendar

Co galo da publicación da listaxe definitiva da 1ª volta da provisión da OPE (categoría AE), na que non se aceptan mais do 10% das reclamacions presentadas polos 3000 excluidos ;causados maioritariamente polo complicado sistema de petición de destinos e pola obriga intrinseca de pedir tódolos postos convocados para non seren declarados en exedencia voluntaria, veño de observa-lo matiz ó que se refire o titulo do post.

Dado que moitos servicios de saude implicados neste longo, cáseque eterno proceso, teñen enviado "globos sonda", incluso notas internas asegurando a admisión de tódalas solicitudes de reingreso provisional que se produzan por mor das exclusions e declaración en exedencia referidas no parragrafo superior a administración e a empresa encargada da parte técnica do proceso teñen optado por non admitir mais que as reclamacions nas que "se poda probar erro por parte da administración".

Esta actitude pode semellar inxusta polo farragoso do proceso que implica (no caso dos DUE) escribir 6000 códigos de destino en 15 folios; o normal é que "baile" algún número ou letra mais.... Houbo xente que o fixo ben á primeira (tanto do traslado como da OPE) e hai moita xente que non presentou reclamación (até un 20%) polo que sobretendese que optan polo reingreso provisional.

No medio está a xente que leva 5 ANOS de proceso (entre oposición e provisión) que se molestou en cubri-la solicitude e o recurso coa esperanza de que a administración non pensase que querían emendar a primeira petición... mais como nos exames un non pode modifica-las respostas que nel puxo semella que nesto tampouco se vai poder troca-lo pedido para ben ou para mal.

Agora ven o "Rio revolto" pois moitas comunidades teñen traslados 'propios' en marcha e non se sabe que vacante corresponde a que proceso; é mais, nalguhas levan tempo sen adxudicar interinidades á espera de que se peche esto para ter onde 'colocar' á xente que lles quede no camiño. ¿Que tal se vos dá a pesca?.

O anúncio

A conto do inicio do curso...

Supoño que se trata dun anúncio vello, mais a mín chamoume a atención. Promociona unha marca de coche falando da teoría das necesidades de Maslow; si, aquel tremendo rollo que conseguía valeira-la clase nos tempos da escola de enfermería. I é que sendo novos sempre se ten moita inquietude polo que se coida vai resultar práctico e útil, quedando a teoría que o sustenta ou as explicacions dos fundamentos do que realmente acontece ó teu redor como algo secundario.

A clara orientación práctica do traballo da enfermeiría sempre me levou polo camiño das técnicas, dos aparellos e da 'acción'; deixando a interacción co doente e acompañantes como algo secundario, incluso molesto.

Grave erro, o de quen coida que a atención ás necesidades da saude física pode separarse da necesaría atención a outros aspectos e necesidades de quen padece. A iteracción entre a dor física, por exemplo, e a preocupación ou o medo é de tal calibre que en ocasión pode resultar mais doado "sofronizar" a algúen de que non padece un mal a, realmente, curalo do mal no sentido médico do termo curar.

O longo dos anos unh@ enfermeir@ se decata de que moitos doentes están dispostos polo seu estado de ansiedade, de medo, de descoñecemento... a deixar que nos ocupemos até do mais mínimo detalle das súas necesidades; o maís clásico e o tema da protección pero seguro que moitos outros veñen ás vosas mentes en canto caviledes nelo. Cando un pasa a traballar nun área tan técnica como a cirúrxica sempre ten a sensación destas fora destas movidas. Que lonxe da realidade se pode vivir. Unha persoa que vai ser intervida cirúrxicamente (sobor de todo si 'el enemigo' está por medio) se atopa nun dos estados de desprotección mais fondos que se coñecen; non hai mais que mirarlles ós ollos.

Empatizar con estas persoas pode describirse con moitos obxectivos, moitos procedementos, moitas verbas... a min só se me ocurre: Necesário.

Xa está eiquí

No SERGAS xa están enviando as cartas de recoñecento do primeiro grao da carreira profesional e o pagamento (non nos enganemos é polo que imos a traballar) chegará a final de mes.

Trátase, claro, só do primeiro grao. Até Xullo do 2007 non se abrirá o proceso para o recoñecento do segundo grao. Sego opinando que este xeito de carreira non motiva a mellorar na práctica diaria nen fomenta o traballo de inovacion e investigación básica. Nas conversas que teño sobre o tema moit@s compañeir@s coinciden en que se trata dun xeito encuberto de aumento de sueldo (eso si, restrinxido) para mante-la capacidade adqquisitiva. Pode, mais coido que se está a estragar unha ferramenta moi útil para dotar ó sistema administrativo de mecanismos de motivación e recoñecemento das actividades que mais precisa tal e como pasou coa productividade ainda que esta xa escomenzou cun erro na súa denomianción...

No canto da santaopextraordinaria segue o cachondeo; a derradeira é a eliminación das listaxes provisionais e os conseguintes periodos de reclamación nas roldas "a resultas" co agravante de manifestar na derradeira xuntanza da "comisión para a resolución" que
"Se estudiarán todas las reclamaciones y se resolverán de acuerdo a los criterios que marca la Ley"
Como si até o de agora non se fixera así...Lembrarvos que na categoría de ATS/DUE hai 3000 reclamacions... polo que podemos ir encargando o turrón.
Pola súa banda o SACYL semella estar a xogar ós malabares coa enfermería pois mentres que en outras categorías o concurso está xa resolto e o persoal incorporado en ATS/DUE non se publicaron nen as listaxes provisionais; preguntados ó respecto din:
"Actualmente se está en proceso de comprobación de las solicitudes recibidas(??). Una vez finalizado el mismo se publicarán los listados provisionales. No hay fecha determinada"
Eu, ainda que non entendo que teñen que comprobar solicitudes feitas cunha aplicación que colocaba os códigos das prazas solicitadas e xeraba uns puntos de lectura para automatiza-lo proceso, coido que 4 meses son mais ca dabondo.