Visor de Veas

Podería soar a broma ou a ciencia ficción, mais xa é unha realidade e pode que teña moita utilidade.
¿Cantas veces tendes que atender a doentes ós que cáseque non se lle aprecian as veas?, ¿cantas vias "importantes" (via central etc.) se puncionan mal por esa dificultade de visión?. Luminetx, empresa de Memphis (Tennessee,EEUU) ven de lanzar ó mercado o VeinViewer un aparello que proxecta sobor da zona da pel elexida un 'mapa' en tempo real dos vasos sanguineos desa zoa da pel.
O principio de funcionamento fora presentado xa en 2004 e velaqui unha traducción caseira do artigo:
NOTA DA PRESENTACIÓN DO PROTOTIPO DO VEINVIEWER
“Para pinchar unha vea correctamente debese facer no lugar axeitado” di o inventor do dispositivo, Herbert Zeman, un enxeñeiro biomédico da universidade de Tennesse en Memphis. “Se non puncionamos no centro a vea só se estira”. Zeman fará unha demostración do dispositivo na conferéncia óptica de Rochester, Nova Iorque. O prototipo leva unha cámara que capta a radiación cercana ó infravermello para capturar un vídeo en tempo real das veas do doente, un ordenador persoal realiza o contraste da imaxe e un proxector de escritorio proxecta o resultado para mostralo sobor da pel en tempo real.
Unha serie de LEDS de cercano ó infravermello que rodean a lente da cámara iluminan a pel nunha lonxitude de 740 nanómetros. Esta lonxitude de onda e absorbida polo sangue, mais é dispersada polo tecido circundante. Como resultado as veas e o sangue semellan escuras.
A imaxe da cámara envíase a un PC cun software que as procesa e traza un mapa da imaxe nun fondo verde brilante aumentando o contraste entre as veas e o tecido circundante. O PC envia esta imaxe a un proxector que o emite sobre a pel do suxeito.
O dificil foi asegurar que a imaxe das veas é proxectada exactamente no lugar que lle corresponde. Pois de facelo incorrectamente o sistema é peor que inútil. A clave é o dispositivo chamado “espello quente” que é transparente á luz visibel, mais reflexa as lonxitudes de onda infravermellas
O proxector de vídeo e a cámara colocanse a 90º o un do outro afrontando o espello que se coloca nun ángulo de 45º de ámbolos dous. Dempois de calibración asegúrase que o marxe de erro é de 0,06 mm.

A empresa dí que ten utilidade clínica para centros de doación, laboratorios clinicos, Unidades de ciruxía estética e vascular, centros de dialise, unidades de coidados críticos e servizos de oncoloxía, neonatoloxía e pediatria. Ainda que haberá que espera-la opinion dos organismos de avaliación das tecnoloxías sanitarias e a autorización da UE antes de termos que nos plantexar paga-los 25000$ (19750€) que piden por cada aparello.

A catástrofe humanitaria que se aveciña

Sei que hai organizacions sociais e colectivos que levan tempo alertando do que vou a falar e, podo ser acusado de oportunista, mais o certo é que só temos que ollar para a pirámide poboacional e sacaremos a conclusión de cal vai ser a maior catástrofe humanitária en Galiza nos vindeiros anos...

I é que o 13% dos galegos ten ó seu cargo unha persoa dependente (segúndo a estatística oficial) e, ollo, estamos a falar de persoas entre os 15 e os 65 anos; un total de 84300 ós que habería que engadir unha boa parte dos 590000 maiores de 65 anos que habitan no pais tamén segundo os datos do INE, e os "retornados" que voltan para pasar os seus derradeiros días na terra que os botou ó mundo e para fuxir dos sistemas antisociais de certas zonas do mundo.

Todo elo está ahí convivindo conosco tódolos días mais os médios de comunicación só reflexan a chegada constánte de outras persoas que fuxen tamén da miseria, da guerra e da inxustiza deixando este drama como algo cotián e soterrado.

As administracions e a lexislación seguen a ir por detrás dos problemas dos cidadans guiados polo emprego electoralista que os grupos de poder fan do seu músculo mediático e polo escaso senso de planificación estratéxica cos nosos dirixentes imposibilitados de pensar mais aló de 4 anos porque o que aconteza maís aló xa non o sinten como responsabilidade própia.