O cadro financieiro e a xestión enfermeira

Coa traida e levada reforma do estatuto de autonomía de cataluña virá, como xa se da por descontado (como na bolsa), unha nova reforma do sistema de financiamento. Os feitos son que guste ou non temos un estado federal no sanitario con un peso cada vez menor (no financieiro) do goberno central mais ainda con evidentes incoherencias... se hai 5 anos o xogo de "eu invito, paga Madrid" era a moda nas autonomías coa sanidade transferida hoxe está trocado i pode que sexa "Moncloa invita que pagan outros..." o cal é tan inmoral como o primeiro.

Sobor de todo esto veño de ler un post interesante no blog de José Repullo (Salud Pública en acción) sobor desta nova situación na que, por primeira vez, os gobernos autonómicos poden sentir o peso da responsabilidade. Certamente, como dí un dos comentários, semella unha fuxida cara adiante repartindo o "marrón" do infrafianaciamento en 17 mais pequenos; mais a esas escalas se verán mellor os resultados das medidas que se toman tanto no eido recadatorio coma no control das diversas compoñentes do gasto (sempre que se teña capacidade real sobor delo)... serán precisas outras reformas mais fondas para darlle algo de equilibrio a esto i esas reformas só poden sair EN CONXUNTO do consello interterritorial.

Na mentres cada quen se organiza como pode tanto na sanidade como na atención sociosanitaria (unha faceta do gasto ainda por ESTOURAR) e seguen a aparecer diversos modelos de xestión de centros, de implicación clínica na xestión etc. mais ¿quen avalia estas 'probas'?... os feitos: Hai experimentos que teñen data de caducidade mais ainda non se escoitou a ninguén explicar que é o que fallou.

E falando de implicación na xestión: Coido que por este eido os nosos "superiores representantes" (colexios e sindicatos profesionais) están a deixar un valeiro tremendo e están a desbotar unha oportunidade de IMPLICACIÓN REAL da enfermeiría nos resultados da atención sanitaria e sociosanitária; xa o feito de que a xestión e administración dos servizos de enfermeiría non conte cunha especialidade própia vai ser un obstáculo para a tan cacarexada 'profesionalización da xestión' (se cadra lle crean unha Área de Capacitación Específica mais ¿dentro de cal especialidade?); mais alarmante dende o meu punto de vista é que tódolos experimentos de implicación dos profesionais na xestión teñan a enfermeiría nun segundo termo ou simplemente coma un servizo auxiliar... Hai que toma-la iniciativa neste aspecto pondo en valor as capacidades de xestión da enfermeiría con respecto á loxistica dos recursos materiais, o seu axeitado manexo i emprego e ó aproveitamento de oportunidades de mellora. As capacidades de xestión no deseño e desenrolo dos circuitos que acheguen a atención sanitária a seren un feito único e non o paso por unha serie de "caixas negras" que semellan non se relacionar...

Ainda non, mais xa se achega...

Dende que se publicou o Decreto de especialidades quedou aberta a posibilidade de accederen á via escepcional que regula a disposición transitoria segunda; Eu mesmo me preparei para elo: Solicitei o certificado de servizos prestados e preparei un escrito conforme ó modelo; mais non a envei...Porque ainda está pendente a orde conxunta dos ministerios de sanidade i educación para desenrola-lo proceso escepcional e como indican na Web:"constituirá unha orientación fundamental para os interesados en solicitalos e conterá como anexo o "Modelo de solicitude"., como queira que os requisitos para obtares a unha especialidade se deberán completar con anterioridade á publicación no B.O.E. da primeira convocatoria E.I.R. desa especialidade e o prazo para dita solicitude remata ós seis meses da dita publicación, pois non semella haber prisa... A Comisión de estudio para redactares a dita orde (que porá os puntos sobor das ies) ainda se vai constiuir en Marzo.

Sería convinte que o recente buzoneo do colexio (polo menos o de Ponferrada) fose algo mais informativo e non tan "mete presas"; moit@s compañeir@s ainda non se aclaran ben co tema e moit@s ignoran que tódalas tarefas que se desenrolan en Atención Especializada (agás Pediatria, Matrona e Saude Mental claramente minoritarias) quedaron no "caixon de sastre" da Especialidade Medico-Quirúrxica, en troques, o superespecializado e complexo (técnica e tecnolóxicamente) traballo de atención primaria vai ter unha especialidade en exclusiva (i excluinte; senon, ó tempo). Mesmo a pouco promocionada web de especialidades enfermeiras non aclara moito estas cuestions.