Google+

O stress de dirixir...

Se fai uns 5 anos foi o Xerente do HC Valdeorras o que viu tupidas as súas arterias coronarias i en claro perigo a sua vida, nestes días A.R. Hevia está a pasar por un trance semellante.

Vai ser verdade que estas cousas son segundo un as tome... Se cadra non é cuestión de matinar en que un vai troca-lo mundo senon de ter só algunhas cousas claras e non sentirse presionado por responsabilidades inasumibeis.

Se estou a escribir esto é pola xente á que coñezo que se ten emBarcado nesto; sei da súa dedicación e temo tamém pola súa saude.

Coas alarmas acesas

!!!Capitan temos tódalas alarmas acesas¡¡¡...

Coma si fose a "Enterprise" baixo un ataque 'Klingon' o cadro de mando financieiro do SNS (¿ou dos SAuS?) está a botar fume. Os 'novos' responsabeis políticos da(s) sanidade(s) estanlle a ver as orellas ó lobo que xa anunciara F. Abril Martorell hai mais de 10 anos.

Mais, aquel informe que anunciara o incremento do gasto polo envellecemento poboacional, o custe tecnolóxico, a escasa cobertura que os seguros (sobor de todo os de automobel) dan das súas garantías; non contaba co grande número de extranxeiros (inmigrantes ou pacientes-turistas) que "fan uso" das prestacions do SNS, coa extraordinaria 'hospitalización' da atención sanitaria levada da man da perda de confianza do doente nas habilidades e coñecementos dos traballadores da sanidade (o que provoca un incremento de probas diagnósticas) e con que hai 10 anos a asisténcia socio-sanitaria estaba no berce e agora precisa grandes recursos se queremos manter a solidaridade.

Todo isto e mais ven explicadiño nun artigo do diario "el Pais" de onte titulado "La sanidad no aguanta" que fai fincapé non tanto na cifra todal do gasto (similar ou un pouco por baixo do que corresponde por renda) senon no incremento do gasto (ate o 23% anual) nos derradeiros anos.

A min non me gusta que se faga relación entre a descentralización da xestión da sanidade i este incremento pois o que coido que acontece é que esta descentralización sacou á luz unha grave deficiencia presupuestaria que se viña arrastrando dende hai tempo e quen negociou a transferencia dende o punto de vista "receptor" non tivo opción política de facer valer este plantexamento. Tampouco me agrada que, por unha banda se diga:
la buena relación calidad-coste de la Sanidad española descansa sobre la modestia retributiva de sus empleados
para logo dicir que ningunha partida de gasto se pode incrementar por riba da riqueza que xera o pais; ¿logo onde foron os dous CEROS que nos fixeron no 1996 e 1997 e que permitiron "cadrar contas" para a adhesión ó euro?.

¿Cara a onde imos?; semella que se van a plantexar algunhas medidas dolorosas e se van a seguir esquencendo outras necesárias... Vai voltar a sair o de o copago e se vai seguir a face-la 'vista gorda' coas aseguradoras de accidentes laborais e de automobel... É necesario revisar as prestacions e partidas económicas das persoas que non cotizan en España; se cadra introducindo unha claúsula neses convenios pola que eses extranxeiros serán atendidos "nas mesmas condicions financieiras que nos seus paises de orixe" sería dabondo pois con elo os que no seu pais teñen que pagar a factura por adiantado para logo recibir un rembolso non se sentirian "chamados" polo noso sistema.

Alegre tristura...

Como Platón sempre crein que os gobernantes non son os que ostentan o poder senon os que predican co exemplo.

Naquel "goberno dos sabios" os gobernantes farian a lei e serían os primeiros en cumplila. Coa chegada do novo goberno galego chegou tamén unha normativa sobre nomeamentos de postos directivos e mandos intermedios; unha normativa que sigue contendo o famoso "marxe de manobra" (a entrevista) mais que valora ou tenta valorar certos méritos e capacidades dos aspirantes; por desgracia no caso que me ocupa un dos 'méritos' incluidos é o de ter praza en propidedade como estatutario... Sei que hai moitos "afectados" e que o PPdG chegou a levar ó parlamento unha pregunta-ameaza deixando caer que podería recurrir por fraudulentas as decisions que tomen os cargos nomeados que non cumplan tan "inprescindibel" requisito. Eu fai 7 anos que teño o nomeamento e non me vexo mais capacitado por él, é mais, teño sentido moita vergoña ó ver como xente á que considero mais válida e motivada ca min segue "mendigando" vacantes...

O asunto é que mentres alguns dos implicados tomarán posesión en próximas datas (isto podería valer de excusa) hai outros que non e... hai que dar exemplo.

Alédame que se fagan as cousas legalmente; e non me veñan con excusas de que os outros facian tal ou cal; iso ós tribunais ou á prensa. Entristéceme que unha persona con capacidades, personalidade e sintonía axeitada non poda integrarse nunha equipa que precisa de xente coma él para unha misión difícil.

San Martiño's day...

E foi o 11 de Novembro; mira ti que non hai outros 364 dias no ano coma para non escollermos data tan sinalada. O que tardaremos algun tempo en sabermos é quen é o porquiño.

É a primeira vez que temo pola saude física e mental de alguén que asume unha responsablidade (ate lle chamo responsabilidade e non 'carguiño').

Na enfermeiria hai moito CARRETE que soltar e ainda non sentou e xa ten un "barullo no área", de sorte non lle faltará quen lle axude; digo eu.

Isto vai para longo...

Ainda hai poucos días que Swatchi lle pediu o ministerio que axilizase a santaopextraordinaria porque hai 26000 profesionais pendentes dela. Moita xente pensando no caracol e a súa casiña ás costas... e ¿que fixo o ministerio? pois publicou o día 2 de Novembro unha resolución que modifica a listaxe de persoas en expectativa de destino(.PDF): Isto abre novos prazos para presentar alegacions contra estas listaxes, para presentaren documentación de cara ó nomeamento en "expectativa de destino" e para presentaren a solicitude e a documentación para a fase de provisión. Total 2 meses.

Logo toca baremar a estas persoas e publica-la listaxe completa. Ay que risa tia Felisa.

E A MAREA REVOLTA...



E mentes Elmer 'fasendo amijos' á costa dos demais... ¿Non sabiades que os pactos non escritos están para saltalos?. Dí "Xabarín" que todo o bó remata e que xa estaba ben de connivencia. O fodido é aturar o mal rollo dos afectados sobor de todo si tes algúen íntimo na cúspide do tema; caseque mellor quedar na casa até que escampe.

Si, penso demasiado e mal; ¿que lle vou facer?. Agora iso si, cada quen ten as súas armas e pode pasar 'de tó'.

Onde dixen digo



Non podo deixar este post múltiple sen dar referéncia de que "a cascada" ainda está por chegar e que hai unha seman que se volta á rondar no tema... Eu coidei que ia ser Q non mais agora: "Onde dixen digo digo xerente".