Os "postes" non dan abondo, os hospitais tampouco.

Xa había tempo que a OMS avisara e as autoridades sanitarias puxeran en marcha medidas de prevención razoables...tra-la polémica nos USA sobor das vacinas a anunciada pandemia de gripe chegou.

Pode que favorecida por este inverno de néboas e frios extremos, pode que pola súa virulencia, pode que estivera de ser; mais este ano a saturación invernal dos hospitais pasou de "puntual" a "habitual" con máximos de "grave" como o que nestas datas de visita siberiana estamos a ter.

Como resultado os sitios onde habitualmente se colocan as esquelas non dan abasto. Estudiarase esta morbilidade co rigor do que se estudiou o caso da "vaga de calor de 2003"?.

Xestión Profesional

Nesta fin de seman publicouse un artigo de Oriol Güell no que se califica ós xestores sanitários coma "Técnicos con man política".

No artigo faise unha pequena historia da xestión sanitaria en España escomenzando polos administradores contables dos tempos da "expansión do gasto sanitario" ate os actuais xestores todoterreo que coñecen a contabilidade, a psicoloxía da motivación e o traballo en equipa e, coma non, teñen coñecementos sanitarios mais ca dabondo para entender certas necesidades e prácticas.

O fondo do artigo semellame que é a petición por parte da Federación Española de Gestión Sanitária dunha maior profesionalización da xestión sanitaria partindo da base dunha definición común do perfil do xestor e da súa formación. Mágoa que esqueza a inclusión das bases da xestión e do seu "vocabulario" no ensino de grao dos profesionais sanitarios (se cadra porque non o considere necesario).

Non esquece o articulista nen os entrevistados o grao de "entendimento e comprensión da actividade politica" que deben ter os chamados a tan altas cotas... Eu boto de menos que se pida un perfil e unha formación común e non se pida un sistema de selección mais transparente en paralelo a esa formación i ese perfil.

Se cadra é que coñecen xente que adquiriu a súa "formación" coma delegado/liberado sindical e militante politico destacado e logo, unha vez como xestor, é capaz de "xetionar" movilidade interna e comisions de servizo para familiares e amigos e; coma traca final, estar implicad@ (chamolle eu "asinar") a própia comisión de servizo.

Eu recoméndolles ós señores da Federación Española de Gestión Sanitária que incluan entre os items do perfil a renúncia á plaza en propiedade (funcionarial e/ou estatutaria) como requisito do xestor "profesional" para evitar tantos e tantos casos de "facerse a casa dende arriba"; senon, ¿que risco ten quen toma as decisions e conque criterio vai toma-las decisions dolorosas si sabe que ten que voltar á area na que está a cuspir?. Salvo que conquira o abracadabrico do Tenorio de poder cobrar e non vir a traballar (e non está de baixa nen está no período de "adaptación" 'macuto dixit').

A AXUDA DO VIDEO

Neste comentario de os oubeos do kan pódese ver como están a evoluciona-las cousas no terreo das novas e o blogueo de baseados nos contidos de video.

Un dos achádegos é a cantidade de canles de divulgación sobre saude e de novas cientifico-sanitarias que hai na rede na web deonde temos 19 fontes de videos de saude mágoa que precisen o emprego de IE 6.0 e o Player de Windows.

Coido que a divulgación de videos se vai facer algo normal no campo da sanidade; de feito nalguhas páxinas comoLaparoscopia on line xa se fai na modalidade de descarga, agora tócalle ó streaming e pode que tamén o Live¡ (gracias as webcam con servidor).
Pasou o que sabíamos que ia pasar mais non como pensabamos que ia pasar... O posto de "vacacions" estaba mais perto do esperado e a nova cabeza tamén.

Agora ven o xogo do dominó chinés ¿ou non?. Non sei, o se tratar dun troco nun mesmo partido a saber por onde saen; xa se sabe que as rencillas domésticas ahi quen as arranxa a coiteladas.